Iniciar sesión |
Intercambio Francia 2019Enviado por iesproval o Ven, 2018-12-14 14:11
14 alumnos de 3º de ESO do noso centro, viaxando con compañeiros do IES Terra de Turonio, estiveron de Intercambio en Châteaubourg (Bretaña Francesa) entre o 12 e o 21 de decembro. Visitaron Paris, mont Saint Michel, Saint Malo et Rennes. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade. ( categories: )
Clara Rei e Laura Álvarez, gañadoras de Explícoche matemáticas 2.0Enviado por iesproval o Sáb, 2018-10-13 17:17
Laura Álvarez e Clara Rei acaban de gañar o premio Explícoche Matemáticas 2.0 na categoría de video mellor valorado polos internatuas. Aquí se pode visualizar novamente este vídeo:
Nesta categoría tamén se menciona outro vídeo das gañadoras así como o vídeo Buscando Pi na circunferencia das alumnas Nazaret Álvarez, Nerea Fernández e Naima Mera.
( categories: )
FP Básica: Admitidos para o curso 2018-19Enviado por iesproval o Mér, 2018-09-12 20:12
Listaxe de alumnado admitido para cursar FP Básica no IES Escolas Proval durante o presente curso 2018/19
Outra información relativa á FP Básica
( categories: )
Noraboa a Ana IgeaEnviado por iesproval o Ven, 2018-06-01 01:19
Damos a noraboa a Ana Igea, investigadora invitada ao noso centro, durante a celebración do Día Internacional da muller e da nena científica, na charla-coloquio De maior quero ser científica. Ana Igea participa na investigación dunha nova terapia contra o cancro de mama e colaborou nun artigo recentemente publicado na revista de referencia no seu campo Cancer cell.
( categories: )
Alumno de Electrónica de Proval, seleccionado para o CERNEnviado por iesproval o Mar, 2018-05-29 13:28
Abel Núñez, alumno do Ciclo Formativo de Grao Superior Mantemento Electrónico do IES Escolas Proval ven de ser seleccionado para traballar no CERN. Noraboa, Abel!!
Enlaces a esta nova na prensa: ( categories: )
Guía das árbores do IESEnviado por iesproval o Xov, 2018-04-19 10:13
( categories: )
Blog da Anpa do IES Escolas ProvalEnviado por iesproval o Xov, 2018-03-22 00:09
A ANPA do IES Escolas Proval ten en funcionamento un blog con contidos interesantes para tódalas familias: novas, impresos, convocatorias, listados, etc. Está accesible no enlace https://anpaescolasproval.wordpress.com/ ( categories: )
A Rockestra Proval no LuarEnviado por iesproval o Sáb, 2018-01-06 01:14
O venres 5 de xaneiro a Rockestra Proval actuou no Luar baixo a dirección de Paula Carreras, profesora de Música. Parabéns!!
( categories: )
Uso seguro e responsable das TICs. Recomendacións para as familiasEnviado por iesproval o Ven, 2011-02-11 11:25
Premendo o documento adxunto a esta páxina pode consultarse unha guía útil de Recomendacións ás familias do uso seguro de Internet elaborada pola Consejería de Educación de la Junta de Andalucía. ( categories: )
![]() |
Eventos
|