Skip to Content

Novo curso EOI-Proval

Benvidxs ao novo curso da Escola Oficial de Idiomas de Vigo coa súa Sección de Nigrán no IES Escolas Proval. O próximo mércores 22 de setembro teremos unha xornada de portas abertas ás 19:00 h. no noso instituto ao que estades convidadxs! Animádevos a visitarnos!
Máis información na ligazón: www.eoidevigo.org
 

Cualificacións e matrículas de setembro

Datas de entrega de notas, período de reclamación das cualificacións e matricula para o curso 2021-22 do alumnado pendente de setembro:

ESO-1ºBAC-FPB

Entrega de notas: luns 6 ás 10:30 h. polas titoras e titores (por Abalar enviaranse ás 9:00 h.) 

Período de reclamacións: luns 6 e martes 7 ata as 14:00 h.

Resolución das reclamacións: martes 7 ás 14:30 h.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA: do 6 ao 9 de setembro en Secretaría (9:00-14:30 h.)

DEVOLUCIÓN DE LIBROS: luns 6 de 10:00-11:00 h. na Aula de Plástica (se non se entregaron anteriormente).

COMEZO DAS CLASES: 15 de setembro (pendente de confirmar 1ºFPB)

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS ESO: a partir do 15 de setembro.

ESA

Entrega de notas: venres 3 ás 20:00 h. polas titoras (por Abalar enviaranse ás 21:00 h.)

Período de reclamacións: luns 6 e martes 7 ata as 14:00 h.

Resolución das reclamacións: martes 7 ás 14:30 h.

PRESENTACIÓN-COMEZO DAS CLASES: xoves 23 ás 18:10 h.

 

 

Aviso COVID para pendentes de setembro

Rógase ao alumnado con materias pendentes para setembro que, por mor da COVID, deba estar confinado, nolo comunique ao móbilCovid (681200817) ou á centralita do instituto (886110369), coa maior brevidade posible. Grazas!

 

 

 
 

Calendario Exames Setembro

Premendo nas ligazóns podedes consultar o calendario de exames de setembro (mécores 1 e xoves 2):



 

BOLSAS MEFP 2021/22

Publicada a convocatoria do Ministerio de Educación e Formación Profesional para solicitar as axudas de estudos nas ensinanzas posobrigatorias (bacharelato, FP, universidade...) e NEAE (necesidade específica de apoio educativo).

As solicitudes poden tramitarse na sede electrónica do Ministerio de Educación (www.educacionyfp.gob.es) ou no centro docente en que vaia o alumnado iniciar curso:  ata o 30 de setembro. Para os estudos universitarios o prazo remata o 14 de outubro.

  Máis información sobre a convocatoria na seguinte ligazón

Distribuir contido


by Dr. Radut