Skip to Content

Concurso de carteis polo Día da Muller

Animádevos a participar no concurso de carteis organizado polo Equipo de Dinamización co gallo do Día da Muller. Técnica libre en tamaño folio baseada na idea da contribución das mulleres na construción da nosa sociedade. Pode participar calquera nivel e hai de prazo até o 23 marzo. Contamos coa vosa creatividade!!

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo é o Día internacional da Muller, pero no Proval dedicámoslle todo un mes! Queremos reivindicar a igualdade e visibilizar o seu papel na historia, a través da poesía, música, concursos, exposicións, vídeos, documentais, murais, charlas...
Comezamos coa videoconferencia da investigadora Betty León, profesora de Física aplicada na Universidade de Vigo durante máis de trinta anos, que nos falou sobre a presenza das mulleres no ámbito universitario actual, repasou as mulleres científicas máis relevantes e realizou un interesante percorrido profesional e vital, resaltando a importancia do esfozo, traballo e constancia. Seguimos coa celebración do Día de Rosalía e co obradoiro de rap feminista a cargo das cantantes e improvisadoras High Paw e Rabela.
Xunto co alumnado do Grupo de Igualdade deixamos pegadas a prol da loita feminista en todos os recunchos do instituto, tomando como motivo o lema “Estamos fartas de estar sen voz, agora a historia contámola nós”. Ademais, convocamos o concurso de carteis “Agora a historia contámola nós”. A semana que vén os grupos da ESA contarán coa charla telemática de Nuria Pahino, da Marcha Mundial das Mulleres, “As mulleres na Historia”.
O 21 de marzo, co gallo do Día da poesía, inauguraremos -cos demais centros educativos e concellos do Val Miñor- unha nova edición do Certame de Poesía Beatriz da Serra, en lembranza desta muller miñorá que mantivo correspondencia co conde de Gondomar en lingua galega.
O día 22 asistiremos á performance “Cadena”, de Analía Beltrán i Janés, no marco do programa Mulleres en Acción Violencia Zero, organizada pola Concellaría de Igualdade e a Deputación. E, un día despois, contaremos coa charla "A muller na antigüidade grega", da profesora da Universidade de Vigo, Susana Reboreda. Presentaremos o documental elaborado polo alumnado de 1º e 2º de ESO: "Historias de mulleres", coa colaboración de Illa Bufarda. Elaboremos unha enquisa para detectar e visibilizar posibles condutas machistas no instituto.
Finalmente, alén dos traballos de investigación do alumnado organizadas polos departamentos didácticos, o recuperaremos a historia das mulleres vinculadas á fundación das Escolas Proval a través das voces vivas dalgunhas das veciñas con máis memoria do Val Miñor!
Mes en lila para homenaxear as nosas mulleres!!!

Vacantes ESO-BACHARELATO (curso 2021-22)

Velaquí a oferta de prazas vacantes de ESO e BACHARELATO para o curso 2021-22:

  PRAZAS OFERTADAS PRAZAS VACANTES
1º ESO 60 19+ / 3 NEAE*
2º ESO 60 15
3º ESO 60  10
4º ESO 60  13
     
1º bacharelato Ciencias  33  10
1º bacharelato Humanidades e CCSS  33  2
2º bacharelato Ciencias  33  22
2º bacharelato Humanidades e CCSS  33  4

 

*Necesidades específicas de apoio educativo (artigo 3.2 da Orde do 12 de marzo de  2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

 

 *Publicación no taboleiro de anuncios e web do centro antes do 1 de marzo en cumprimento ao artigo 3.4 da Orde do 12 de marzo de  2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

 

 

Admisión alumnado ESO-BACHARELATO (curso 2021-22)

O alumnado e/ou as familias que desexen obter unha praza de ESO ou BACHARELATO para o curso 2021-22 nun centro distinto daquel en que estea matriculado este curso poderá presentar unha única soliciude da seguinte forma:

  1. De forma presencial na secretaría do centro docente indicado como primeira opción.
  2. A través da aplicación informática de xestión do proceso prememndo no enlace.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 22 de marzo

Listaxes provisionais: antes do 25 de abril

Listaxes defintivas: antes do 15 de maio

 

DOCUMENTACIÓN

  • ANEXO II e ANEXO II bis, asinados nas follas 4 e 5 polos proxenitores. Nos casos de separación ou divorcio presentarán Convenio regulador ou resolución xudicial que dertermine a situación do/a alumno/a.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia dos DNI/NIE/Pasaporte do/a alumno/a e de todos os membros da unidade familiar.
  • Último boletín de notas (no caso de que solicitase para para 1º de bacharelato tamén certificación académica de 3º ESO).
  • No caso de Familia numerosa, familia monoparental, discapacidade ou proxenitores traballadores do propio centro deberá prsesentarse a documentación que o acredite.

Información Coronavirus

Estimadas familias:

Para calquera información que nos queiran transmitir relacionada coa COVID-19, rogamos que se poñan en contacto con nós a través do número de móbil 681200817 (preferiblemente) ou do número 886110365. O resto dos documentos relacionados poden visualizalos na parte ssuperior esquerda  desta páxina.

Lembren realizar diariamente antes de saír da casa a “Enquisa de autoavaliación” para comprobar se teñen algún síntoma da covid-19. No caso de telo, cómpre ficar na casa, pórse en contacto co EquipoCovid do instituto (nos números abaixo indicados) para comunicar a ausencia e, sobre todo, chamar ao centro de saúde correspondente parar falar directamente co/a pediatra (antes dos 15 anos) ou médico de cabeceira. 

Grazas, EquipoCovid do Proval.

Distribuir contido


by Dr. Radut