Curso 2016-2017

Actividades curso 2016-2017

 

Aquí atoparedes a maioría das actividades extraescolares e complementarias realizadas polos diferentes departamentos do Centro

ROMA 2017. AQUÍ TEDES UNHA "PEQUENA" REPORTAXE FOTOGRÁFICA E UN VÍDEO REALIZADO POR JORGE.

 

 

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________


O IX Foro Comunicación y Escuela, Reserva de la biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón: punto de encuentro entre Asturias y Galicia, levou ata Castropol unha representación do alumnado dos institutos de a Fonsagrada, A Pontenova e Vegadeo. Foron recibidos no Concello e, despois dun acto institucional na Casa de Cultura, asistiron a unha conferencia relacionada coa Reserva da Biosfera. Posteriormente, despois de xantar, realizaron un paseo en barca pola ría e visitaron as iunstalacións do club de remo de Castropol.Tamén estiveron presentes diferentes autoridades: presidentes dos parlamentos de Asturias e Galicia, os alcaldes dos concellos integrantes da Reserva, o presidente da Diputación de Lugo...

___________________________________________________________________________________________

O alumnado de 2º ESO do Centro xunto con alumnado do IES Fontem Albei de A Fonsagrada visitaron a capital de Asturias e a Junta General del Principado, dentro da segunda actividade do proxecto do IX Foro Comunicación y Escuela: Reserva  de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón: punto de encuentro entre Asturias y Galicia. Foi unha actividade interesante na que coñeceron de primeira man o funcionamento do Parlamento de Asturias  e realizaron unha visita guiada polo centro da capital ovetense. A continuación desta actividade realizarase o 14 de xuño en Castropol.


_________________________________________________________________________________

     -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado que forma parte do Club de Lectura tivo o placer de compartir unha animada charla coa escritora asturiana TINA BLANCO. Previamente leran unha das súas obras, HÁBLAME DEL FANTASMA DEL FARO. Conversaron e realizaron unha posta en común sobre os valores que transmite a obra. Foron uns momentos moi ben aproveitados. 

___________________________________________________________________________________________

O alumnado de 2º ESO do Centro xunto con alumnado do IES Fontem Albei de A Fonsagrada visitaron a capital de Asturias e a Junta General del Principado, dentro da segunda actividade do proxecto do IX Foro Comunicación y Escuela: Reserva  de la Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón: punto de encuentro entre Asturias y Galicia. Foi unha actividade interesante na que coñeceron de primeira man o funcionamento do Parlamento de Asturias  e realizaron unha visita guiada polo centro da capital ovetense. A continuación desta actividade realizarase o 14 de xuño en Castropol.


___________________________________________________________________________________________

O alumnado de 1º de ESO e de 1º de BAC, acompañados polas profesoras do departamento de Ciencias  Naturais, visitaron o CECUMAR  (Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo) e a REEF WATER, a primeira granxa de cultivo de corais de España localizada en Viveiro. Houbo tempo para todo: visitas culturais, xantar de campo, un paseo pola beira do mar...picando sobre a imaxe veredes a reportaxe fotográfica.

 __________________________________________________________________________________________

O pasado venres, 26 de maio, tivo lugar a ceremonia de GRADUACIÓN  DE 2º BAC. 

____________________________________________________________________________________________

DESPEDIDA DE EDDIE GAMERO (AUXILIAR DE CONVERSA)

Foto de despedida do alumnado con Eddie, auxiliar de conversa

 Alumnado de 3º ESO bilingüe con Eddie, o "noso" americano

 que vai para Washington D.C.  sabendo galego.

 

          

Aquí Eddie acompaña ao alumnado

de 2º de BAC na celebración da

súa graduación

 

Vídeo presentación do INSTITUTO feito polo alumnado de 3º ESO bilingüe xunto co auxiliar de conversa Eddie Gamero.

 

__________________________________________________________________________________________________________

O pasado 3 de maio, o alumnado de 1º ESO asistitu a unha charla sobre ESPECIES INVASORAS

  

 _________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Onte, 25 de abril, tivemos a sorte de recibir ao ilustrador XOSÉ TOMÁS. Foron dúas horas intensas nas que o alumnado tivo a oportunidade de acercarse ao mundo da ilustración o coñecer de primeira man cales son os primeiros pasos para realizar unha banda deseñada. Esperamos que para o vindeiro curso se poida repetir a experiencia. E o día 28 a que realizou a visita foi a poetisa YOLANDA CASTAÑO. Ela mesma reflictiu ese momento nas redes sociais

 

Preme sobre as imaxes para acceder á galería fotográfica.

 ______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

O alumnado de 1º ESO realizou, o 21 de abril, unha actividade na FUNDACIÓN ABANCA relacionada coa visión de diferentes artistas sobre a cidade. Foi unha actividade na que participaron activamente asumindo roles de tribus urbanas. A viaxe completouse coa visita a DOMUS DO MITREO

 

 ______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

A BIBLIOTECA ESCOLAR participa na celebración do Día do libro expoñendo a bibliografía de Carlos Casares, autor que no ano 2017

foi elixido para conmemorar as Letras  Galegas.

 

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Aínda que o  Día Mundial do Teatro celébrase cada 27 de marzo, calquera día  é bo para realizar unha representación teatral e iso é o que fixo o alumnado de 1º de ESO dirixido pola súa profesora de Lingua Castelá. 

 

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril do 2017, o alumnado de 3º e 4º de ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla

sobre a doazón e o transplante de órganos. Se queres seguir lendo deberás premer sobre a imaxe.

________________________________________________________________________________

 

 _________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Os seres vivos   están formados por células. O  alumnado de  1º ESO realizou, utilizando diferentes elementos, maquetas da célula vexetal,animal e procariota.

 

 

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

O pasado luns, día 20 de marzo tivo lugar, na aula de Audioviduais,unha charla informativa sobre as diversas titulacións existentes no Campus de A Coruña. O destinatario foi o alumnado de 1º e 2º de BAC.

Esperamos que lles sirva de axuda para decidirse sobre o seu futuro universitario.

 

__________________________________________________________________________________________________________

O pasado mércores 15 de marzo visitou o noso centro o dobrador , músico e actor Luís Iglesia quen, atendendo a unha petición do EDNL e do Departamento de Actividade Extraescolares, deu unha máis que interesante charla a todo o alumnado do IES. Nela tratou temas moi variados que abrangueron dende a súa instalación na lingua galega ata aspectos  relacionados coa súa traxectoria profesional e vital.

Na primeira parte da charla...

 

                                                                                                     

 

__________________________________________________________________________________________________________

O pasado día 8 de marzo o alumnado de 4º ESO e 1º BAC da modalidade de Ciencias realizaron unha visita didáctica á central térmica de Endesa en  As Pontes e a Alcoa en San Cibrao.

En Endesa puideron observar os elementos máis importantes da Central. A visita comezou coa explicación, a partir dunha maqueta, das diferentes partes de que consta a central:...(preme para seguir lendo) 

______________________________________________________________________

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

__________________________________________________________________

O pasado venres, 3 de marzo, o alumnado de 4º realizou unha visita á FUNDACIÓN TIC. 

 

   

 

_____________________________________________________________________________________________________

O último día lectivo do mes de febreiro rematouse conmemorando o DÍA DE ROSALÍA  e celebrando O ENTROIDO

O venres 24 celebramos o ENTROIDO. Foi unha xornada lectiva diferente. Nas tres últimas sesións do día reunímonos no XIMNASIO e disfrutamos coas comparsas e números musicais que nos ofreceron o alumnado...despois de saborear os estupendos postres que algúns alumn@s elaboraron. Foi posible grazas á participación do alumnado. Si premedes sobre a imaxe accederedes á GALERÍA FOTOGRÁFICA. Este é o vídeo dos momentos "musicais"

 

 

Cada 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía. Este ano a Asociación Galega de Escritores propuxo o lema "Rosalíate". O alumnado de ESO realizou un "mannequin challenge". AQUÍ podedes visualizalo.

 

____________________________________________________________________________

Aquí tedes un pequeno vídeo da excursión do mércores 15 de febreiro. O alumnado de 2º e 3º ESO asistiron a un concerto didáctico en Santiago e ao Museo do mel en Arzúa. Reportaxe fotográfica.


 

 

 

O alumnado de BAC da modalidade  de Ciencias tivo a oportunidade de asistir, o pasado xoves 9 de febreiro, a unha charla orientativa sobre as Titulacións Universitarias existentes e as correspondientes saídas profesionais. A NANOTECNOLOXÍA é unha das áreas na que se fixo especial fincapé. Preme sobre a imaxe e poderás ampliar a información.

O pasado 9 de febreiro, todo o alumnado da ESO do noso centro, puido desfrutar dunha "CHARLA-TALLER DE MAQUILLAJE Y CARACTERIZACIÓN EN EL CINE" organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura. Oskar Aramburu, premio Mestre Mateo 2016 e membro do equipo de caracterización de Juego de Tronos, Exodus, Astérix e Obélix ou La piel que habito, explicou o que comenzou sendo unha afección e rematou sendo a súa profesión. O alumnado desfrutou envellecendo gracias á maquillaxe ou mesmo vendo como gracias ó sangue artificial aparecían cortes e feridas polo seu corpo. Se queres ver as imaxes da actividade, preme AQUÍ.
Un paseo pola capital coruñesa sempre é de agradecer. O alumnado de 3º ESO realizou unha visita cultural  a DOMUS e o MUNCYT. Podes acceder á información e reportaxe fotográfica premendo sobre a imaxe da dereita.

 


 

Rematamos xaneiro con moita actividade. O 30 Celebramos O día da non violencia e da PAZ . O 31  o alumnado de Música e de 1º de ESO asistiu a unha Charla maxistral de temática musical.

 

 


 

A semana do 16 ao 20 de xaneiro realizáronse dúas saídas extraescolares:

 


 

 

 


   

NOVO 

As nosas fotos matemáticas viaxaron ata a Pastoriza

NO ÚLTIMO MES DO ANO COMEZAMOS CON ARTE

 REMATAMOS NOVEMBRO CON TRES CONMEMORACIÓNS

 

  

O PENÚLTIMO MES DO ANO. NOVEMBRO  É O MES DA CIENCIA EN GALEGO.

 

11 de novembro, día do SAN MARTIÑO,  celebramos o MAGOSTO e SAMAÍN

que coincidiu coa SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

 

24 DE OUTUBRO DÍAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

 

30 DE SETEMBRO DÍA DA TRADUCIÓN

 

 

  

 

 

 

 

Distribuir contido