Skip to Content

Localización

CONTACTA CO IES

 

DATOS DE INTERESE

TFNO.: 982 87 00 33

FAX.:   982 87 00 41

ENDEREZO ELECTRÓNICO : ies.enrique.muruais@edu.xunta.es

DIRECCIÓN:  Zona escolar, s/n. 27720 A PONTENOVA (LUGO)

A Pontenova é un Concello da Província de Lugo que consta  dunha extensión aproximada de 130 km2.O Municipio de A Pontenova está situado ao Nordés da provincia de Lugo. Está limitado: ao Leste polo Principado de Asturias, ao Norte por Trabada, ao Oeste por Riotorto e ao Sur por Fonsagrada e Ribeira de Piquín. O vale do río Eo, que discurre de Sur a Norte, divide ó Município en dúas metades. O IES "Enrique Muruais" localízase en A Pontenova moi preto  do Centro de Primaria. Inaugúrase e comeza a funcionar no curso 1993-94 (coa denominación: IES "A Pontenova").O centro empezou impartindo 3º da ESO e o 2º curso de FP  (Ramas Administrativa e Automoción, pois previamente funcionaba,  noutras dependencias da localidade, unha Sección de FP).Foi un centro que se anticipou á implantación da ESO en Galicia por ser de nova creación. Posteriormente completouse a ESO e Bacharelato, desaparecendo a Formación Profesional. Por Orde do 31 de agosto de 1998 (DOGA do 7 de outubro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autoriza o troco ó novo nome: Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais.Esta derradeira  denominación  débese a un mestre que naceu en Vilameá a primeiros do século XX  e que realizou unha importante labor pedagóxica na zona.  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut