novas
Iníciase o periodo de reserva de praza para o vindeiro curso 2021-22 PARA O ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS (CEIP Plurilingüe da Pontenova e CEIP de Riotorto). Prazo: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021.
Para despedir o 2020 o alumnado de 1º e 2º ESO quixo demostrar que se lle pode botar un pulso ao COVID bailando o Jerusalema e respectando as medidas de seguridade. Bo Nadal a todos/as e sentidiño nestas datas.
A COMUNIDADE EDUCATIVA DESÉXAVOS UN BO NADAL!
ATENCIÓN:
Están publicados na sección de SECRETARÍA os horarios que se deberán seguir no caso de que, por mor da COVID-19, houbera algunha aula confinada ou a totalidade do centro.
25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro , Día contra a Violencia de Xénero, e dentro das actividades de titoria enmarcadas na Educación en Valores, as/os alumnas/as de Secundaria do IES Enrique Muruais traballaron o valor do RESPECTO como punto de partida para unha sociedade libre de violencia, discriminación e maltrato.
Aqui deixamos unha pequena mostra do seu traballo:
Actividade realizada polas titoras da ESO en colaboración co Departamento de Orientación.
IMPORTANTE: INFORMACIÓN ENTREGA DE MÁSCARAS
Nas próximas semanas procederase á entrega de máscaras ao alumnado da ESO beneficiario da axuda de material escolar.
Tamén poderán solicitar estas máscaras aqueles/as alumnos/as da ESO cunha renta inferior a 6.000 € ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. Neste caso é preciso que o tramiten no centro con data límite o 27 de novembro de 2020.
Máis información na pestana PROTOCOLO COVID.
PROTOCOLOS COVID (actualizados o 18-10-2020)
Poden consultar no menú PROTOCOLO COVID (situado na esquina superior esquerda da páxina) os documentos elaborados polo centro. Tamén poden enlazar directamente pinchando AQUÍ.
IMPORTANTE!!
Por cuestións organizativas que axudan a manter as medidas de seguridade e hixiene necesarias neste curso, o alumnado que xante no centro e que non faga uso do transporte habitualmente non poderá abandonar as instalacións do mesmo ata as 15,40 h.
No caso de alumnado que si use transporte habitualmente pero que por calquera motivo precise sair antes un día de xeito excepcional, para poder abandonar o centro ás 15,40 h deberá traer asinada a correspondente autorización E DARLLA Ó PROFESORADO QUE ATENDE A GARDA DE TRANSPORTE XUSTO ANTES DE MARCHAR (ás 15,40 h), para que se lle permita subir a recoller as súas cousas á aula e logo sair do recinto.
MAIO-XUÑO
Finalistas da 39ª Edición do concurso "¿ Qué es un rey para ti?"
Dous alumnos de 1º ESO, Álvaro e Marcos, resultaron finalistas do citado concurso.
Ao longo dos meses de abril, maio e xuño, teríanse que haber celebrado as "finais autonómicas", unha serie de actos institucionais en cada Comunidade Autónoma nos que se expoñen os traballos finalistas e procédese á antrega de diplomas. Nestes actos coñécese o gañador de cada comunidade, que asistirá á Audiencia coa S.M. o Rei.
Debido á situación provocada pola alerta sanitaria, os actos quedaron aprazados e confíase en poder realizalos no primeiro trimestre do Curso 20-21.
___________________________________________________________________________________________________________________________________________
Despedida do alumnado de 2º BAC
Clicade nesta imaxe para ver unha pequena homenaxe dedicada ó noso alumnado de 2º BAC.
Visita virtual por Madrid realizada polo alumnado de 3º ESO
LETRAS GALEGAS 2020
Nin en tempos de pandemia e de crise podemos esquecer a nosa lingua. Para ter información sobre a conmemoración das LETRAS GALEGAS 2020, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero, o Departamento de Lingua Galega e o ENDL poñen e disposición de quen o desexe varias ligazóns que podedes consultar aquí.
Si premedes na imaxe accederedes a un pequeno apuntamento sobre RICARDO CARVALHO CALERO...e indo ao termo AUDICIÓNS CARVALHO CALERO I e AUDICIÓNS CARVALHO CALERO II do DEPARTAMENTO DE GALEGO podedes escoitar audicións referidas á obra do autor homenaxeado.
Concurso de Fotografía Matemática (edición especial #euficonacasa)
Como cada ano,desde o Departamento de Matemáticas, decidimos convocar o concurso a pesar do confinamento. Tedes imaxinación dabondo para realizar fotografías espectaculares. Animádevos!. Podedes consultar as bases e ao cartaz anunciador.
MARZO
O mércores 4 de marzo fíxose entrega da cesta de Entroido que o alumnado de 4º ESO agasallaba. O número que resultou premiado foi o 265 e o agraciado,
José Manuel Brañanova. Parabéns ao gañador!
MESA-COLOQUIO
DÍA DE ROSALÍA
XANEIRO
- 30 DE XANEIRO : DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
- 22 DE XANEIRO: 3º, 4º ESO E 1º BAC ASISTEN EN LUGO A UNHA CHARLA CIENTÍFICO-LITERARIA E A UNHA EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
- 15 DE XANEIRO: SAÍDA DIDÁCTICA A FERROL DO ALUMNADO DE 1º E 2º ESO
8 DE XANEIRO: VISITA AO CENTRO DE AUDIOVISUAIS DE LUGO
![]() |
DECEMBRO
Hoxe sábado, 28 de decembro, fíxose entrega da CESTA DE NADAL...
![]() |
![]() |
TEMPO DE NADAL. A COMUNIDADE EDUCATIVA DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS!!!
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.10 de decembro
Comezamos o mes de decembro celebrando a CONSTITUCIÓN e o ESTATUTO DE AUTONOMÍA
NOVEMBRO
- 29 DE NOVEMBRO.VISITA AO CENTRO DE CONSUMO DE A VEIGA
- 27 DE NOVEMBRO. ACTUACIÓN DE TROPA DE TRAPO
- 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
- SEMANA DO 18 AO 22: LEVAMOS O LABORATORIO DE CCNN Á BIBLIOTECA
- VISITA AO PARLAMENTO, PÓRTICO DA GLORIA E CIDADE DA CULTURA.1º E 2º BAC
- OBRADOIRO DE XEOMETRÍA APLICADA
O pasado mércores visitounos Víctor González, arquitecto especialista en bioconstrución, que desenvolveu co alumnado de 2º e 3º de ESO un obradoiro de Xeometría Aplicada.
Cunha metodoloxía práctica e de traballo colaborativo, o alumnado foi quen de comprender conceptos esenciais de xeometría manipulando diferentes obxectos cos que construíron figuras e corpos xeométricos elementais ademais dunha gran cúpula capaz de acoller no seu interior aos trinta alumnos/as participantes no obradoiro así como ao seu profesorado de matemáticas organizador da citada actividade.
OUTUBRO 2019
OUTUBRO
29 DE OUTUBRO: MAGOSTO E SAMAÍN
Catorce alumnos/as de 1º e 2º BAC realizaron unha viaxe cultural a Milán. Partiron o día 16 de outubro e regresaron o 23. Aquí podedes consultar o cronograma da viaxe. A imaxe corresponde a edición de A Mariña (ELPROGRESO) do día 30 do mes de outubro.
