Proxecto COMENIUS 2013-15

Comenius

O noso centro, IES Enrique Muruais, vai participar durante os vindeiros dous cursos nun Proxecto Multilateral Comenius. É un proxecto que ten como fío condutor o humor. Os países participantes son, xunto con nós, Bulgaria, Estonia, Polonia e Turquía. A lingua de comunicación é o inglés.

Pretendemos que a comunidade escolar esté puntualmente informada sobre o desenvolvemento do proxecto. Para que iso sexa posible elaborouse unha páxina WEB  na que se expoñen  as diferentes actividades que se van desenvolvendo ao longo dos dous cursos de duración do devandito proxecto.

Premendo sobre a imaxe accederás á páxina WEB.


Distribuir contido