PIALE 2016

PIALE 2016

ACTIVIDADES PIALE 2016 PARA PROFESORADO

A comezos de curso, os profesores Marta Dacal e Rubén Sanjurjo, participamos na actividade de integración en dous centros educativos na cidade de Ottawa, en Canadá. Esta actividade forma parte do programa PIALE 2016 organizado pola Xunta de Galicia e que está destinado a profesorado non especialista que ensina algunha materia non lingüística nun idioma estranxeiro e ao profesorado especialista que o coordina.

Tivemos a oportunidade de ver desde dentro como funciona un dos mellores sistemas educativos do mundo (os resultados nas probas da OCDE así o abalan) ademais de mellorar a nosa competencia lingüística.

Deixámosvos de seguido un vídeo con imaxes dos lugares que esta actividade nos permitiu coñecer e unha presentación co máis destacable de como funciona o sistema educativo e os centros de ensino en Ottawa.

 

 

 

Neste vídeo podedes ver o desenvolvemento da actividade Every child matters” desenvolvida nas clases de inglés con Marta.

 

 

Distribuir contido