Skip to Content

novas

AVISO URXENTE¡¡¡¡

As persoas solicitantes ou interesadas en participar no novo ciclo medio FP dual (soldadura e caldeirería), deberán presentarse o xoves 14 de Xullo ás 9:00 no IES Enrique Muruais.

 

 

 

COMPRÁCENOS CONFIRMAR QUE NOS FOI CONCEDIDO O CICLO MEDIO DE FP DUAL DE "SOLDADURA E CALDEIRERÍA".

OS/AS INTERESADOS/AS CONTACTEN CO CENTRO.

  


INSTRUCIÓNS SOBRE AS AXUDAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-23

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) no curso 2022-23 está excluído na participación do fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na seguinte orde.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Impreso para solicitar a axuda de material escolar.

 


 Co gallo da conmemoración do Día de Europa,o 9 de Maio, achegámonos á realidade europea co Vídeo “Achégate á Gastronomía Europa” realizado polo alumnado de Historia de 4º ESO.

Foi a nosa maneira de percorrer a historia e a realidade europea na que vivimos.

Anímaste e achegaste a Europa?

Feliz Día de Europa!!

 

 

 


 

INFORMACIÓN DAS BECAS PARA O CURSO 2022-23

Este ano cambia o prazo para a solicitude de becas para o curso que vén; a solicitude debe facerse entre o 30 de marzo e o 12 de maio de 2022.

 

 

 


NOVAS REDES SOCIAIS DO CENTRO

 

 

Animádevos a seguir as novas contas do Enrique Muruais!

  


 

 

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

No IES Enrique Muruais sumámonos á conmemoración deste día tan importante. Aquí podedes ver algunha imaxe; tamén realizamos un vídeo en conxunto cos CEIP de A Pontenova e de Riotorto, onde o noso alumnado demostra que todos e todas estamos Baixo O Mesmo Paraugas...

   

 

 

 

 

 

 

  


MENÚS DO COMEDOR

 

A partir de agora poden consultar o menú mensual do comedor no enlace que hai na parte superior esquerda da nosa páxina web, no apartado Comedor.

    


 

 

PARA CALQUERA DÚBIDA OU XESTIÓN, CHAMEN Ó TELÉFONO DO CENTRO:

 

982 87 00 33

 

 


 

 

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO

Aquel alumnado que queira facer uso do transporte escolar terá que solicitar a tarxeta de transporte público  TARXETA XENTE NOVA nas oficinas de Abanca.

 

 

 

DÍA DO MEDIOAMBIENTE 2021

 

Cada 5 de xuño celébrase o Día do Medioambiente co gallo de fomentar a súa protección e aumentar a conciencia medioambiental.

Relacionado co lema deste ano Conservemos e restauremos os ecosistemas”, fíxose unha exposición cos traballos realizados polo alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO sobre a Reserva da Biosfera na que vivimos, os ecosistemas da nosa contorna e o problema que supoñen as especies invasoras e o uso excesivo que estamos a facer dos plásticos.

Ademais, os alumnos e alumnas de 1º de ESO xunto co seu profesor de Bioloxía, plantaron un teixo no exterior do instituto, contribuíndo así a conservación das especies autóctonas.

 

 

 (Clica na imaxe para ver fotos da actividade)

 

 

 


 

 

Finalistas da 40ª edición do concurso  “¿Qué es un rey para ti?”

Un ano máis o alumnado de 1º ESO participou neste concurso de carácter nacional na materia de Plástica e os/as alumnos/as Julia Armada Recalde e Marcos Acebo Linares resultaron finalistas na fase autonómica coa súa participación. A entrega de premios queda aprazada ata setembro/outubro, segundo comunica a organización do concurso. Parabéns ao alumnado e á súa profesora!

 

 

 

 

Podedes ver outros traballos que participaron no concurso neste enlace.

 

 


 

 

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC

 

Remata o seu camiño con nós o alumnado de 2º BAC e queremos desexarlles moita sorte coa nova etapa que agora comezan.

Esperamos que consigades todo o que vos propoñades, porque realmente merecédelo!

ATA SEMPRE!

 

 

 

 

 


 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

Como cada ano, o noso centro participou na conmemoración deste evento que nesta ocasión recaeu na figura da poeta luguesa Xela Arias.  

 

  

(Clica na imaxe para máis información) 

 

 

 


 

 

ENERXÍAS RENOVABLES

 

En maio viñeron ó centro traballadores do parque experimental de Sotavento a impartir unha charla ó alumnado de 3º e 4º da ESO, organizada polo departamento de Tecnoloxía, onde nos falaron sobre as diferentes enerxías que se empregan no noso país, explicando con moito maior detalle o funcionamento dalgunhas das renovables que nos resultan máis coñecidas.

Mostráronnos non só maquetas, senón tamén elementos reais empregados para levar a cabo un uso máis “limpo” da enerxía, como placas solares ou fotovoltaicas; mesmo fixeron un chocolate cun mini-forno solar!

 

(Clica na imaxe para ver máis fotos)

 

 

 


 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE EUROPA

 

Co gallo da conmemoración do Día de Europa, o 9 de Maio, achegámonos á realidade europea coa Exposición dos traballos realizados polo alumnado de Filosofía/Ética/Plástica e co Vídeo “Achégate a Europa” realizado polo alumnado de Historia de 4º ESO e de 1º de Bacharelato.

 

 

 

(Clica na imaxe para ver máis fotos dos traballos realizados)

 

  

 

Foi a nosa maneira de percorrer a historia e a realidade europea na que vivimos.

Anímaste e achegaste a Europa?

 

                        Feliz Día de Europa!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

Co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o alumnado de 1º ESO elaborou unha exposición para lembrar todo o que aprendimos sobre a nosa saúde estes meses de Covid-19.

Non todo o aprendido foi sobre o virus, tamén aprendimos a valorar pequenas grandes cousas coma as apertas.

 

 

(Pincha na imaxe para ver as fotos)

 


 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

 

Dende o IES Enrique Muruais sumámonos á conmemoración do Día da Muller.

 

  

 

 

 

 


 

 

DÍA DE ROSALÍA 2021

 

Hoxe no noso centro foi día de celebración e celebramos que 184 anos despois do seu pasamento, Rosalía segue moi viva entre nós. Deixamos unha mostra dos traballos realizados polo alumnado do centro.

 

 

Clica na imaxe E PREME NAS NOTAS MUSICAIS para escoitar ó alumnado recitando

 

 

 

 

Traballo realizado polo EDLG, o departamento de EPeV e a colaboración de Marta Dacal.

 


 

 

ENTROIDO 2021

  

Foi un Entroido diferente o deste ano. Aínda así, o EDLG encargouse de que esta festa non pasara desapercibida e o alumnado veu este venres disfrazado ás clases do último día antes das vacacións do Entroido.

 

 

 


 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2021

 

Celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O departamento de Bioloxía organizou uns traballos co gallo desta conmemoración con alumnado da ESO e de 1º BAC. Tamén a biblioteca do centro se sumou a esta efeméride, con exposicións e unha videoconferencia con exalumnas que hoxe se dedican ao campo da investigación.

 

 

(Clica na imaxe para ver máis fotos)

 


 

 

DÍA DA PAZ 2021

 

Celebramos no IES o Día da Paz coas aportacións do alumnado de Valores Éticos e Filosofía. Estas actividades realizáronse conxuntamente entre os departamentos de Filosofía e Educación Plástica e Visual.

 

 

 (Pincha na pomba para ver máis imaxes)

 

 

 


 

 

Para despedir o 2020 o alumnado de 1º e 2º ESO quixo demostrar que se lle pode botar un pulso ao COVID bailando o Jerusalema e respectando as medidas de seguridade. Bo Nadal a todos/as e sentidiño nestas datas.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A COMUNIDADE EDUCATIVA DESÉXAVOS UN BO NADAL!

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro , Día contra a Violencia de Xénero, e dentro das actividades de titoria enmarcadas na Educación en Valores, as/os alumnas/as de Secundaria do IES Enrique Muruais traballaron o valor do RESPECTO como punto de partida para unha sociedade libre de violencia, discriminación e maltrato.

 

Aqui deixamos unha pequena mostra do seu traballo:

 



Actividade realizada polas titoras da ESO en colaboración co Departamento de Orientación.


 

 

AdxuntoTamaño
Día da Paz 2021.pdf807.58 KB
pomba.jpg27.39 KB
día muller 1.jpg48.09 KB
Día da Muller e da Nena na Ciencia 2021.pdf710.83 KB
entroido.jpg53.73 KB
día de Rosalía.jpeg25.94 KB
Traballos de Rosalía.jpeg25.64 KB
DIA DE ROSALÍA 2021 COMPLETO.pdf354.59 KB
cartaz Rosalía.png321.29 KB
ilovepdf_merged (2).pdf527.2 KB
collage Día da Saúde.jpeg35.32 KB
collage Día saúde.pdf787.04 KB
orde 9 abril 2021 premios extraordinarios bac 2020-21.pdf755.84 KB
foto Europa todos traballos.jpeg36.48 KB
Día de Europa.pdf792.51 KB
Fotos charla Sotavento.pdf1.44 MB
CHARLA SOTAVENTO.jpeg71.13 KB
Julia Armada Recalde.jpg151.04 KB
Marcos Acebo Linares.jpg146.47 KB
Día do Medioambiente.jpg26.81 KB
Día do Medioambiente 2021.pdf1.85 MB
EXAMES SETEMBRO 2021.pdf421.52 KB
20210625_oficinas_abanca_provincia_lugo.pdf408.33 KB
NORMAS EXAMES SETEMBRO 2021.pdf105.66 KB
Orde 28 outubro 2021.pdf747.25 KB
baixo o mesmo o mesmo paraugas 1.jpg65.66 KB
baixo o mesmo paraugas 2.jpg53.65 KB
Postal Nadal 2021.png423.97 KB
ANEXO-I-II_ED550A_RESERVA-1ºBAC-XERAL.pdf165.98 KB
ED550A-C.pdf1.33 MB
ED550A-G.pdf1.33 MB
redes sociais Muruais.jpg40.08 KB
INFO_BECAS MEC.pdf365.76 KB
orde23marzo2022premiosbac.pdf819.54 KB
Fondo_Libros _Material.pdf1.61 MB
captura probas bac.png133.24 KB
CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS BAC xuño 2022 (web).pdf383.88 KB
Información admisión FP Curso 2022_23.pdf73.05 KB
prazos_admision_ordinario_adultos_2022-2023_vf.pdf167.2 KB
A Gastronomía Europea corto.mp472.6 MB


page | by Dr. Radut