Skip to Content

Actividades complementarias

OBRADOIRO DE OFICIOS TRADICIONAIS EN 2º ESO: A CESTERÍA

O alumnado de 2º ESO participou no primeiro obradoiro de oficios tradicionais organizado a través da Concellería de Mocidade do Concello de Poio. Este trimestre traballouse a cestería e mirade o resultado!

A CAMPAÑA "Agresión OFF: Eu digo non á violencia sexual" CHEGA AO CENTRO

O alumnado de 4º ESO achegouse ao stand co que a Secretaría Xeral de Igualdade busca informar e sensibilizar o alumnado contra a violencia de xénero. Os rapaces e rapazas participaron nun taller no que se abordaron os estereotipos de xénero, o ciclo da violencia nas relacións de parella e a presenza das mulleres na historia. Esta actividade realizouse en colaboración coa Concellería de Igualdade.

FAINO VISIBLE! 25N HOXE E TODOS OS DÍAS DO ANO

O alumnado de 1º de BACH de Literatura Universal, coordinado pola súa profesora Rocío, preparou unha acción colectiva para visibilizar as violencias machistas.

Este trimestre están amosando o seu traballo diante do alumnado de 1º e 3º ESO, participante na Titoría entre iguais, que traballará de maneira colaborativa nas sesións de titoría para reflexionar sobre as manifestacións e actitudes machistas.

Ademais, nunha das representacións contamos coa presenza de Silvia Díaz, concelleira de Igualdade, e Raquel Rodríguez, concelleira de Educación.

Moitas grazas polo voso traballo e compromiso Raquel, Lúa, Berto, Carla, Uxía, Ainhoa, Eva, María, Elías, Uxía e Sergio.

Artigo na sección "Faro da educación" do Faro de Vigo sobre as actividades que se están a desenvolver no centro.

EN POIO SEMENTAMOS IGUALDADE

A escritora e comunicadora Llerena Perozo remata mañá os obradoiros co alumnado de 4º ESO, organizados en colaboración coa Concellería de Igualdade. Ela foi quen redactou o manual En Poio sementamos igualdade, que puidemos repartir entre o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC grazas ao Concello de Poio.

Con este tipo de actividades, formamos o alumnado e creamos espazos de reflexión onde falar sobre o que pensan e senten.

Consulta aquí a entrevista completa a Llerena Perozo no Diario de Pontevedra.

ENTREGA DE DIPLOMAS DO PROGRAMA E-TWINNING 2019/2020

En outubro, o alumnado que participou o curso pasado no programa e-Twinning recibiu os seus diplomas. Os proxectos desenvoltos recibiron o Selo de Calidade Nacional e Europeo.

Parabéns polo traballo!

OBRADOIRO: Desexar(nos). Coidar(nos). Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID-19

Esa semana desenvolveuse a primeira sesión do obradoiro “Desexar(nos). Coidar(nos). Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID-19”.

A psicóloga Andrea Sieiro Paz, coa iniciativa do Concello de Poio, está traballando co alumnado de 4º ESO e 1º BAC para facilitarlles ferramentas que lles permitan xestionar as súas emocións nestes momentos complicados que lles tocou vivir.

AQUÍ podedes escoitar a entrevista que lle fixeron a Andrea Sieiro na COPE falando sobre esta iniciativa.

Máis imaxes dos obradoiros nesta ligazón.

COMEZAN AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA "TITORÍA ENTRE IGUAIS"

A semana pasada comezaron as actividades do programa Titoría entre Iguais: unha primeira toma de contacto entre os titores e titoras de 3º ESO e o alumnado titorizado de 1º ESO.

Podedes ver máis imaxes nesta publicación de Instagram.

ENTREGA DOS CARNÉS TEI

O pasado luns entregáronselle os carnés de titores e titoras ao alumnado de 3º ESO.

Ao longo deste curso titorizarán o alumnado de 1º ESO para así desenvolver dinámicas colaborativas de convivencia dentro do programa Titoría entre Iguais, coordinado pola profesora Lidia Garrido.

 

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O venres pasado celebramos un acto de despedida para o alumnado que abandona o centro despois de rematar os seus estudos de Bacharelato e realizar as probas de acceso á universidade para darlles o noso "ata sempre".

A castiñeira do noso centro acolleu as intervencións da directora e do alumnado e a entrega de diplomas de Bacharelato e de Excelencia Académica. Ademais, neste acto tamén celebramos que todo o alumnado de 2º Bacharelato deste centro que se presentou á ABAU superou a proba.

Desexámosvos o mellor no novo camiño que comezades!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut