Skip to Content

Actividades complementarias

Clasificación para o rally matemático

CLASIFICACIÓN “RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2020”. FASE DE CENTROS.

Nestes días de confinamento, unha boa nova!!! Mellor dito, dúas boas novas!!!

O IES de Poio clasifícase, outro ano máis e con dous equipos, para a fase final galega do “Rally matemático sen fronteiras 2020”.

O pasado 10 de marzo de 2020, alumnado do IES de Poio de 2 ESO e 3 ESO presentouse a unha competición matemática en grupo, o “Rally matemático sen fronteiras 2020”, da cal só pasan á seguinte fase tres equipos por nivel de toda Galicia.

Os nosos parabéns ao equipo de 2 ESO B e ao de 3 ESO B, pois acábanse de clasificar, cada un na súa categoría, para a fase autonómica, cuxa realización, se as actuais circunstancias o permiten, está prevista para celebrarse o 16 de abril en Santiago de Compostela.

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!!

Podedes consultar todos os centros clasificados no seguinte enlace.  http://www.igaciencia.eu/gl/node/347

CONCURSO "AULAS LIMPAS" 2018/2019

PARABENS 1º ESO _A

Concurso Aulas Limpas

PARABÉNS 4º ESO C

 

GAÑADOR "I CONCURSO AULAS LIMPAS NO IES DE POIO" CURSO 2016/17: 3º C

NORABOA AOS GAÑADORES E A SÚA TITORA INÉS MUÑIZ!!!!

 

 

PERIÓDICO TRIMESTRAL DOS ALUMNOS/AS DE 3º ESO

E xa temos o último exemplar do periódico do IES de Poio feito polos alumnos/as de 3º ESO baixo a dirección da profesora Fátima Barreiro:

 

 

TRABALLANDO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

Xa está aquí o seguinte número do periódico trimestral  elaborado polos alumnos de terceiro da ESO, baixo a supervisión da profesora Fátima Barreiro.

 

ENTÉRATE DAS NOVAS DO INSTITUTO!

 

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut