Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

2ºBAC

Na Olimpíada de Economía celebrada en Vigo

O pasado venres, 17 de xuño, catro alumnos de 2.º bacharelato participaron na VII edición da Olimpíada de Economía. As probas desenvolvéronse na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo. Desde aquí o recoñecemento ao esforzo realizado polos alumnos e a profesora, Mara Meiriño.

Primeiro premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1.º Premio - Bacharelato

VI Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

Parabéns a Inés Díaz, Sara Vázquez, Cintia Pérez, Marta Pérez e á profesora Covadonga Rodriguez-Moldes polo primeiro premio na categoría de bacharelato no concurso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) polo traballo titulado ¿Mens sana in Corpore sano?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Despedida de 2.º bacharelato


Preme na imaxe para ampliar      

 Este martes, 24 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2014-2016. O propio alumnado organizou e amenizou o acto con varias actuacións musicais e o visionado das imaxes do seu paso polo centro e excursións realizadas. Contou coa intervención dos profesores titores Francisco Canoura e Telmo de Paz que ademais foron os encardados de entregar os boletíns académicos. 

Finalmente, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Raquel Ibón e Clara Morado nas modalidades de bacharelato científico e de humanidades, respectivamente.

Esta promoción, unha das máis númerosas dos últimos anos, salientou pola súa evolución académica e trato xovial. Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!

Calendario fin de curso: 2.º BACHARELATO

 

Actividade

Horario

20 de maio

Último día de clase.

 

23 de maio

Avaliación.

16:15-18:00 horas

24 de maio

Entrega de notas.
Acto de despedida da promoción 2014-2016.

12:45 - 14:25 horas

Do 24 ao 25 de maio

Reclamacións.

 9:00 - 14:00 horas

Do 24 ao 27 de maio

Pre-matrícula PAU no centro.

 

     
       8, 9 e 10
       de xuño
Probas de Acceso á Universidade (PAU).
 
      17 de xuño
Publicación das cualificacións provisionais.  

Visita ás instalacións industriais de "Forestal del Atlántico"

O alumnado de 2.º bacharelato científico-tecnolóxico visitou esta mañá a empresa de Forestal del Atlántico, en Punta Promontoiro. Organizado polos departamentos de Matemáticas e Física e Química, os participantes puideron coñecer as instalacións e o proceso para a fabricacións de produtos desta empresa como as colas e resinas para uso da industria madeireira e da impregnación de papel.

1.º Premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

1.º Premio - Bacharelato

V Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación das Operacións (SGAPEIO) para o alumnos Marcelo Couce, Alba Meizoso, Martín Pérez e Sergio Vila dirixidos pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes. O traballo leva por título Rendemento escolar e condutas de risco. Unha investigación en estudantes de secundaria.

É un dos dous proxectos xurdidos na matería de Métodos Estatísticos (2.º Bac) e que se basean no grande estudo estadounidense Youth Risk Behavior Surveillance System (YRSS) traducido e adaptado á nosa comunidade educativa. O outro traballo títúlase Un estudo comparativo de comportamento de risco da xuventude. USA vs Mugardos e foi realizado por Jessica Casteleiro, Fátima Díaz, Yaiza Loureiro e Laura Ordóñez. 

Galería de imaxes
NOVA EN SGAPEIO

 

 

Explícoche matemáticas 2.0

Estes son os catro vídeos presentados ao concurso Explícoche Matemáticas 2.0, realizados polo alumnado do IES de Mugardos.

 

Olimpíada de Economía

As alumnas de 2.º Bacharelato Verónica González, Fátima Díaz e Yaiza Loureiro participaron o pasado 9 de abril na Olimpíada Galega de Economía que tivo lugar na Facultade de  Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de  Compostela.
Merecen un enorme recoñecemento xa que nestas datas están a enfrontar a recta final do curso, con moitos exames e moito estrés. E aínda así empregaron toda unha longa tarde nesta actividade. Parabéns polo esforzo adicado.

MÉTODOS ESTATÍSTICOS EN BACHARELATO

 Métodos Estatísticos e Numéricos é unha materia optativa de 2º de bacharelato que este curso contou cunha matrícula de sete alumnos.

A Estatística é unha rama das matemáticas presente en prácticamente todas as áreas de coñecemento; resulta bastante frecuente escoitar dicir a estudantes dos últimos anos do graduado que Métodos foi a materia que lles resultou máis útil na universidade.

Ademáis de estudos teóricos e prácticos, neste curso abordamos a realización de traballos de diverso tipo como un estudo do consumo na cafetería do centro, un estudo de regresión en plantas ou a construcción de aparellos estatísticos.

A continuación móstrase una presentación que describe a construción de dúas Máquinas de Galton.

Mesa redonda co reitor da USC

O reitor da USC, Juan Casares Long, compartiu onte unha mesa redonda informativa no IES de Mugardos. No trancurso do encontro, o reitor presentou a oferta e servizos educativos dos campus universitarios da universidade compostelá. Ao longo da conversa foi respondendo as dúbidas e curiosidades do alumnado de 2.º de bacharelato. 


Revolucións, o home máis rico da historia e o imperio máis grande...1º trimestre para o pendente (¿?) de 1º de BAC

RESUMIR ESTES VIDEOS, FACER UN BALANCE FINAL CRÍTICO DE NON MENOS DE 20 LIÑAS NA QUE SE DESTACA QUE PARTES GUSTARON MÁIS, CALES MENOS, CON QUE ESTÁ DACORDO E CON QUE NON, QUE IMAXES GUSTARON/IMPACTARON, CALES NON, E DARLLE NOTA EN: AMENO/ABURRIDO E IMPORTANTE/NON.

 

La Revolución Francesa http://www.youtube.com/watch?v=aj_WSJJgVeA

¿Qué hizo la Revolución Industrial por Nosotros?

Genios e inventos de la humanidad. Alfred Nobel. http://www.youtube.com/watch?v=jEj8AeZunGE

 

GIGANTES DE LA INDUSTRIA Parte 2 En Español - John Davison Rockefeller http://www.youtube.com/watch?v=AYoK A4tgzJo

La colonización de Asia http://www.youtube.com /watch?v=yukTAq4Enso

La Colonización de África http://www.youtube.com/watch?v =CQRGuiS7tns

La construcción de un imperio: Gran Bretaña, 5 videos http://www.youtube.com/watch?v=eMhmIs8SPxg&feature=fvsr

 

 

 

 

Vídeo de despedida de 2.º Bacharelato

CONTIDOS EXAME XEOGRAFÍA DE ESPAÑA-SETEMBRO

ESPERO QUE VOS ANIMEDES. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA NO VERÁN, USADE EDMODO. BOA SORTE.

A NUMERACIÓN DAS PÁXINAS É POLO LIBRO VELLO. SE TEDES DÚBIDAS, FALADE CONMIGO.

MAPA FÍSICO (P.)

MAPA PROVINCIAS E CCAA.

TEMA 1 APTDO 3 (PP 28-31)

            APTDO 4 (31-7)

TEMA 2  APTDO 1 (57-8)

            APTDO 2 (58-61)

           CLIMOGRAMA (86-7)

TEMA 3 APUNTES HIDROGRAFÍA

           APTDO 2 (96-102)

TEMA 5 1.2.1 (150), 1.2.2 (150-2), 12.3. (152), 1.4.2 (157-8), 2.1.1. (160-1), 2.2.1 (167-8)

TEMA 6 4.1. (215), 1.1 (222), 1.2. (222-4), 3. (228), 4. (229-31), 5. (231-5)

TEMA 7 1, 2 E 3 (249-253), 3 (274-6), 1.1 (285) E 2.1 (288)

TEMA 8 1.3 (303-6), 1.1.2 E 1.1.3 (308-310), 3 (318-20) E PIRÁMIDE DE POBOACIÓN (340-1)

TEMA 9 APTDO 1 (350-5), 4 (361-3) E ORDENACIÓN URBANÍSTICA (366-8)

 

CONTIDOS EXAME HISTORIA DA ARTE-SETEMBRO

OBRAS SETEMBRO Hª DA ARTE (ESPERO QUE O INTENTEDES)

Estudar polos apuntes de clase ou pola páxina http://vieirosenlaces.blogspot.com.es/

·Exame igual que no curso e nas PAAU: dúas opción, cada una con tres obras das que hai que escoller dúas. NON HABERÁ VOCABULARIO, SÍ CONTEXTO HISTÓRICO.

O Partenón

 O Templo da Niké Aptera

 O Erecteion

 O Discóbolo de Mirón

 O Doríforo de Policleto

 Frontóns do Partenón

 Hermes de Olimpia e Venus de Cnido de Praxiteles

 O Apoxiomeno de Lisipo

A Ménade de Scopas

O Panteón de Roma

O Coliseo

O Arco de Triunfo de Tito

Santa Sofía de Constantinopla.

Interior da Catedral de Santiago

O Pórtico da Gloria

A Catedral de Reims.

Anunciación de Reims

Visitación de Reims

Giotto. Capella dos Scrovegni:

Van Eyck : Virxe do Chanceler Rollin, O matrimonio Arnolfini

Brunelleschi: Santa María dei Fiori

Donatello: David e o Gattamelta

Masaccio: O Tributo

Leonardo: A Virxe das Rocas e A Gioconda

Rafael: A Virxe da Pradería ou a do Xílgaro. A Escola de Atenas

 Miguel Anxo. David. Piedade do Vaticano e Piedade Rondamini.

A Capela Sixtina de Miguel Anxo

Bramante: San Pietro in Montorio

O Escorial

Tiziano: retrato de Carlos V na batalla de Mühlberg.

O Greco: O enterro do Señor de Orgaz.

Praza do Vaticano de Bernini

O baldaquino de San Pedro do Vaticano de Bernini

Andrade: Torre do Reloxo da Catedral de Santiago

Fernando de Casas: Fachada do Obradoiro

Simón Rodríguez: Fachada de Santa Clara de Santiago

Bernini: A Transververación de Santa Tareixa. Apolo e Dafne

Caravaggio: A vocación de san Mateo e O enterro de Cristo

Velázquez: O aguador de Sevilla. A rendición de Breda. As

Meninas.

Goya: A familia de Carlos IV.  As ‘Majas’. O dous de Maio. Os

fusilamentos de La Moncloa.

Manet: O almorzo campestre

Monet: Impresión, sol nacente.

Cezanne: Natureza morta con tarteira (Colección Sr. y Sra. Lacomte, París 1879-1882.

Búscase na Internet pondo en Google: “Still Life with Compotier+Cezanne)

Van Gogh: A habitación de Arlés

Gauguin: Despois do sermón

O grito de Munch

A raia verde de Matisse

Picasso: A vida. As señoritas de Avignon. Os tres músicos. O

Guernica.

A fonte e L.H.O.O.Q. de Marcel Duchamp

A persistencia da memoria de Dalí

A casa da fervenza de Wright

A casa Saboya de Le Corbusier

A igrexa de Ronchamp de Le Corbusier.

Pollok: Número 1

Tapies: Marrón e Ocre

Warhol: Sopa Campbell’s. Marilyn Monroe

Roy Lichtenstein: Nu con pirámide.

MATEMÁTICAS II: ÁNGULOS E DISTANCIAS

Material de apoio útil para o cálculo de ángulos e distancias.

Charla con antigas alumnas (III)

Na terceira sesión das charlas de orientación académica protagonizadas por antigas antigas alumnas estiveron onte no centro Beatriz Martínez, Noelia Barreiro e Noemí Pérez. Cunha coidada preparación informaron de primeira man das súas respectivas carreiras. Un coidadoso repaso do plan de estudo de Educación Infantil, no caso de Beatriz, e a importancia cada vez meirande da Terapia Ocupacional, no caso de Noelia e Noemí.

Ás tres agradecemos a súa gran colaboración na orientación académica e profesional do alumnado de 2.º de Bacharalato xa na recta final do seu paso polo instituto.


Charla con antigas alumnas (I)

 As antigas e brillantes alumnas do centro Silvia García e Fátima García informaron, esta mañá, ao alumnado actual de 2.º Bacharelato, sobre o plan de estudos e saídas laborais dos graos de Química e Biblioteconomía, respectivamente. Cremos que foi un momento emotivo para elas e, asemade, útil para transmitir de primeira man a información e vivencias académicas.

Trátase dunha experiencia que terá continuidade con outros antigos alumnos dentro do plan de orientación e os actos internos do 25 aniversario. Grazas por compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 


Apuntes contaminación hídrica, desalación, acuiferos e recursos hídricos

Adxunto os apuntamentos dos temas que veñen no encabezado. O exame será o 1 de febreiro e inclúe as definicións do tema 3 segundo a CIUG (http://ciug.cesga.es/PDF/directricesxeooct12.pdf), o comentario dun hidrograma (ven no libro) e os afluentes do Ebro e o Guadiana. Ese día tedes que entregar un traballo sobre o cambio climático que ten que usar máis de catro fontes (serias e extensas), presentarse a ordenador cunha redacción e formato unificados e indicando detalladamente como se empregaron as fontes. O exame do tema 4 será o día 15.

Alumnado do IES Mugardos na Olimpiada Matemática

   O sábado 12 de xaneiro, GORETTI ARIAS FERREIRO  e  JAVIER RODRÍGUEZ LAMAS, alumnos de 2º de bacharelato B, participaron na fase autonómica da Olimpiada Matemática Española nunha longa xornada de intenso traballo matemático dividida en dúas sesións  -de máis de tres horas de duración cada unha delas-  nas que tiveron que enfrentarse a seis problemas moi complicados.

  A dirección do centro quere agradecer a Goretti e a Javier o seu esforzo que permite ao IES Mugardos  estar presente un ano máis  nesta importante actividade matemática.  Os resultados da proba non se coñecerán ata dentro dunha semana.

A punto de comezar a primeira sesión

Repoñendo forzas con outros olímpicos

Final do traballo

Os problemas da primeira sesión

E os da sesión da tarde

Vocabulario temas 3, 4 e 5

Este é o vocabulario citado (aparte das dúas definicións que dictei). As definicións son as que veñen na pax. da CIUG nos temas 3, 4 e 5.http://ciug.cesga.es/PDF/directricesxeooct12....

Traballos para o Nadal

Estes vídeos son para ver con calma e resumir co maior detalle posible. Ademais, tedes que engadir unha análise de non menos de seis liñas no que criticades algunhas imaxes, sucesos, datos, personaxe, a música, duración total ou de partes, etc. Tamén debedes incluir unha opinión persoal de igual eztensión MÍNIMA na que opinades sobre os mesmos puntos. Deben entregarse na primeira clase á volta. Lembrade que son parte dos 2 puntos da avaliación que supoñen os traballos.

Demografía e crise económica.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/15/actualidad/1350301014_180...

Análise,opinión razoada e resumo.Para o luns 19 de novembro.

A industria en España(II)

http://economia.elpais.com/economia/2012/10/13/actualidad/1350151489_044...

 

Descripción, opinión e análise para o luns 5 de novembro. Canto máis detallado maior.

Dats exames 1ª Avaliación

Tema 1-30 de outubro

Tema 2-26 de novembro

Tema 3-17 de decembro

Preguntas orais (25% da nota) unha semana antes de cada exame.

PPT-formas de modelado-preparación de exame

http://www.slideshare.net/sergisanchiz/geo-01-c-el-espacio-geogrfico-esp...

Debedes describir co máximo detalle as imaxes e explicacións.

Preguntareino o día 26 venres.

Exerccios para o luns 22

-         Qué cordilleiras teñen unha parte paleozoica e outra cenozoica? Cales?

-         Enumera os picos máis altos de cada cordilleira.

-         Que partes da Península estiveron ocupados recentemente polo mar?

-         A cal das tres Españas litorais pertence a depresión intrabética?

-         A que oroxénese pertencen as margas? E os gneis?

-         Descripción mapa p. 26: cordilleiras  (provincias e CCAA ,dirección e partes), forma e extensión das costas (mares que os bañan, cabos, provincias e CCAAs). Arquipélagos (situación das illas por puntos cardinais, tamaño relativo)

-         P.31: que importancia ten que unha cordilleira pertenza a unha ou outra área?

-         Que cordilleiras pertencen a cada área?

-         Que é o que  atopamos en case tódalas áreas arxilosas? Xq?

-         Compara as formas da paisaxe dos fotos da p.28 e explica as causas.

-         Ex. 13, 16 e 25,26, 28, 30 e 31

-         Fai un debuxo espquema sobre un mapa aprox, das cordilleiras exteriores da Meseta, aportando datos como materias predominantes e nomes de cada zona.

-         Que teñen en común Pirineos, CC Catalá e S.S. Bético?

-         Por que ten unha altitude media tan elevada a península?

-         Qúe macizos formados na era primaria desapareceron? Que restos hai deles?

-         Que concas hidrográficas hai en cada submeseta?

-         Que ríos nacen no sistema Ibérico? Pax. 91

-         Que 3 sistemas montañosos teñen 3 ptes?. Qué 3 ptes son? Descríbeas.

-         Cara onde estaba basculada a Meseta na era secundaria? Qué importancia Ten?

-         Que é un horst? E un pónor?

-         Qué divide a submeseta sur?

-         En que cordilleira está a serra de Gredos?

-         Que submeseta é máis alta?

-         Que partes da meseta son graben? 

-          Facer un esquema das unidades do relevo .

-         Define: badland, cluse, galayo, pónor, dobra, graben, oroxénese, axente erosivo

-         Enumera tódolos tipos de pedra citados e reúne o que se di deles

-         Cal é a diferencia fundamental entre relevo apralachense e xurásico?

-         Qué é un cerro testemuña?

-         Qué son os galaios?

-         Que áreas volcánicas hai na península?

-         Que materias son propias de cada oroxenia e da era cuaternaria?

-         Por quedicimos que España é unha encrucillada?

-         De que era son os materiais peninsulares fracturados e de cal os pregados?

-         Ex 36,37,39 e40

-         Que tipos de rochas se crearon na oroxénese herciniana?

-         En que área xeolóxica están presentes as covas?

-         Que submeseta é máis elevada?

-         Que son os mallos?

-         Onde están os Picos de Urbión?



 

A industria do automovil

http://economia.elpais.com/economia/2012/10/05/actualidad/1349457705_177...

Tedes que resumir e comentar este artigo. Para iso debedes dar a vosa opinión detallada sobre tódolos datos, valorar a importancia da noticia, seleccionar o máis e o menos importante, advertir se a información é novedosa/sorprendente e en que gradofacer comparacións, deduccións, etc. En resumo, pararse a pensar na noticia.

Promoción 2010-2012


2º. BACHARELATO. Promoción 2010-2012

Visita do reitor da USC

Distribuir contido