FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Estrea da canle YouTube
Enviado por admin o Mér, 13/11/2013 - 17:40Este mes inauguramos a canle YouTube do instituto. Nel irán aparecendo os vídeos producidos no centro. Comezamos polo magnífico traballo do alumnado de Cultura Clásica (4.ºESO) dirixidos polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue.
Cultura Clásica (4.º ESO)
Incidencia da folga (24 de outubro)
Enviado por admin o Xov, 24/10/2013 - 17:30A xornada de folga contra a LOMCE tivo un seguimento no IES de Mugardos no día de hoxe do 96% do alumnado e o 60% do profesorado.
Ligazóns:
- Comunicado da Consellería de Educación.
- Nota de prensa do Ministerio de Educación (12:00 horas)
Prensa:
Circular sobre a folga do 22, 23 e 24 de outubro
Enviado por admin o Dom, 20/10/2013 - 13:09Ver o documento adxunto.
Presentación das materias da ESO
Enviado por admin o Mar, 15/10/2013 - 01:17Contidos e criterios de cualificación
1.º ESO --- 2.º ESO
As materias que faltan iranse achegando nos próximos días
Presentación das materias de Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 15/10/2013 - 01:06Contidos e criterios de cualificación
1.º BAC --- 2.º BAC
As materias que faltan iranse achegando nos próximos días
I Encontro da Rede de Centros Solidarios
Enviado por admin o Sáb, 05/10/2013 - 13:22O alumado de 2.º ESO participou este venres no I Encontro da Rede de Centros Solidarios de Galicia formada neste momento por oito institutos e colexios. Cada un deles presentou a curtamentraxe gravada o curso pasado e deu a coñecer os proxectos e campañas levadas a cabo no seu centro. Para iso contamos cun stan e participamos en diferentes actividades lúdicas e un mercado de troco. Todos recibirán unha certificación oficial desta experiencia.
Noticia Voluntariado Galego
Fotos na Galería
- - - 0 0 0 - - -
Micromovie coa participación directa do alumnado do IES MUGARDOS, onde se promoven a través desta ficción as accións solidarias que se realizan no centro, no marco do proxecto "Micromovies solidarias" da Rede de Centros Escolares Solidarios. Arelar desenvolveu a coordinación técnica do proxecto.
Presentación do curso ás familias
Enviado por admin o Mér, 25/09/2013 - 21:25PRESENTACIÓN DO CURSO AOS PAIS E NAIS
Recepción da dirección ás familias
Premios Novos Talentos de Relato Curto
Enviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 15:37O alumnado de 2.º ESO participou con éxito nos concursos literarios convocados por Coca-Cola en galego e en castelán. En ambas as linguas resultamos ben clasificados. En castelán, dous alumnos do centro figuraron entre premiados da zona de Ferrol.
- 53.º Premio Nuevos Talentos de Relato Corto
Pablo J. Rañales (1.º- Ferrol) e Alberto Pérez (6.º-Ferrol)
- 5.º Premio Novos Talentos de Relato Curto
Pablo J. Rañales (1º-Ferrol)
Entrega dos premios do Campionato de Polinomios e outros
Enviado por admin o Mar, 28/05/2013 - 23:06Coa colaboración da ANPA, o departamento de Matemáticas entregou a semana pasada todos os premios dos concursos que promocionan. A cantidade de diplomas testemuñan o éxito de participación que acadou nesta edición o Concurso de Polinomios ou o Open matemático.
Nova sección bilingüe en Economía de 1º de BAC
Enviado por Mara o Mar, 14/05/2013 - 09:46Como xa sabedes o IES Mugardos iniciou hai catro cursos o proxecto de seccións bilingües en Inglés na educación secundaria obrigatoria. Comezou con Educación Física en 1º e 2º de ESO e continuou con Ciencias Sociais en 3º de ESO.
O Departamento de Economía quere dar continuidade a este proxecto iniciando unha nova sección bilingüe en Bacharelato, na materia de Economía de 1º.
Que vantaxes ten estudar Economía parcialmente en inglés? Como ben sabedes o Inglés é o idioma dos negocios e do mundo da empresa. Ademais, as entrevistas de traballo esixen cada vez máis o dominio do inglés como requisito imprescindible.
A programación non sufrirá apenas alteracións (trátase de estudar a Economía de 1º de Bacharelato) e non se penalizará ou baixará nota por non usar de modo correcto o idioma inglés. A única variación nos criterios de avaliación consistirá en beneficiar ao alumno/a que se esforce en utilizarlo.
Así, aprenderemos Economía e comezaremos a utiizar un vocabulario específico en inglés que vos pode resultar de moita axuda no voso futuro laboral. O estudo da Economía deste xeito engade un “plus” ofrecéndovos un valor engadido que vos situará nunha situación de vantaxe no difícil contorno que nos toca vivir.
Déixovos uhha presentación onde explico como imos organizar a sección bilingüe en Economía. (Ver documentos adxuntos)
Animádevos e aproveitade esta oportunidade.
Información sobre a nova sección bilingüe en Economía de 1º de Bacharelato
Enviado por Mara o Dom, 12/05/2013 - 14:25O departamento de Economía pretende informar detalladamente ao alumnado de 4º de ESO e aos seus pais/nais da oferta dunha nova sección bilingüe en Inglés na materia de Economía de 1º de Bacharelato.
Para iso convócase ao alumnado (xunto cos seus pais/nais) de 4º de ESO dos centros educativos da comarca (CPI Conde de Fenosa de Ares, Colexio Loyola de Mugardos e IES Mugardos) a unha reunión que terá lugar no salón de actos do IES Mugardos o vindeiro xoves 23 de maio ás 16'30 h.
Esperamos contar coa vosa presenza para aclarar calquera dúbida e animar a cursar esta nova sección bilingüe de Economía.
Programa de Mellora para o Éxito Escolar (fotos xaneiro-marzo)
Enviado por admin o Sáb, 23/03/2013 - 12:52Campus científicos de verán, 2013
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:00Trátase dunha oferta de 1.808 prazas para estudandes de 4º ESO E 1º BAC que poderán participar en proxectos científicos nun dos 16 Campus de Excelencia, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013. Ata finais deste mes está aberto o prazo de inscrición. Consulta os requisitos académicos e probas en http://www.campuscientificos.es/
Blog da titoría de 2.º ESO B
Enviado por admin o Mar, 05/02/2013 - 15:05A titoría de 2.º ESO-B conta cun blog para rexistrar a actividade académica como o calendario de exames, entrega de traballos, etcétera.
O enderezo é
http://2esobmugardos2013.blogspot.com.es/
Ata o momento, exercen de administradoras as alumnas Cristina e Marica.
VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"
Enviado por admin o Mar, 29/01/2013 - 14:12
- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
- Tema: Libre.
- Lingua: Galego
- Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
- Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
- O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Recollida de tapóns solidarios
Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 23:01Desde AS.PA.NE.MI escríbennos para agradecer a colaboración da comunidade educativa coa CAMPAÑA DE TAPÓNS SOLIDARIA, para ALBA. Infórmanos, asemade, que están preto das 3 toneladas de tapóns e pronto esperan que veña un novo camión a recollelos. Nós seguiremos co exemplo de Sindo que desde a cafetería nos anima a seguir enchendo o caixón tapón a tapón.
Máis información:
Consello Escolar
Enviado por admin o Lun, 03/12/2012 - 23:00
CONSELLO ESCOLAR 12-13 |
|
Así queda o novo Consello Escolar após o proceso electoral. Infografía: César Pena Fotos da xornada de votación |
CONCURSO DE CABAZAS
Enviado por iseoane o Sáb, 20/10/2012 - 19:15
|
|
CONCURSO DE CABAZAS
Organizan: Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística. |
|
Herbario (1.º PCPI)
Enviado por admin o Lun, 15/10/2012 - 15:31Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero
O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?
Enviado por iseoane o Mar, 09/10/2012 - 12:51Mirade o seguinte vídeo, seguro que vos sorprende.
Escolas culturais e deportivas
Enviado por admin o Ven, 14/09/2012 - 10:41O Concello de Mugardos convoca as Escolas Culturais e Deportivas para o curso 2012-2013.
Información e inscricións: Departamento de Cultura e Deporte - Oficina municipal de Información Xuvenil
Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Contacto: 981 470 338; ext. 3
Prazo de matricula: Do 12 de setembro ao 10 de outubro, ambos inclusive.
Resultado da enquisa sobre o día festivo do centro
Enviado por admin o Mér, 12/09/2012 - 23:30A decisión definitiva será tomada no vindeiro claustro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »