Skip to Content

Adaptación programación

Xa están dispoñibles nos diferentes departamentos as adaptacións das programacións didácticas.

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrig

 

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros ou no documento adxunto

Lembramos que o horario de atención ao público é de 9:30 a 12:30. PREFERENTEMENTE presentarase de forma telemática 

O alumnado de 1º e 2º de ESO non solicitará axuda libros xa que o centro participa no proxecto EDIXGAL pero si poderá facer a solicitude de cheque de material.

Pódese descargar a solicitude do sitio https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466 ou ben nos documentos adxuntos

Horario novo da ABAU

Horario novo da ABAU

Horario de atención ao público a partir do 11 de maio

O horario de atención ao público a partir do 11 de maio será de 9:30 a 12:30horas

Atenderemos o referente ao procedemento de admisión do alumnado e a tramitación das axudas e préstamo de libros de texto (prazo ata o 19 de xuño) así como todo tipo de certificados.

Lembramos que o alumnado que xa cursa estudos no centro así como os solicitantes de centros de primaria adscritos non teñen que pasar por este proceso de admisión.

O instituto atenderá só procesos administrativos. A actividade docente e de titoría, de momento, segue a ser de xeito telemático.

O alumnado de 2º bacharelato retomará as súas clases presenciais de xeito voluntario a partir do dia 26 de maio no horario comunicado previamente.

A atención telefónica farase a través do número do instituto 886 111 016

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

2. Novos prazos do procedemento.

 ● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

 ● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

 ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 ● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 ● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 ● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

Para máis información ou presentación telemática da solicitude de admisión ir a https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

Para crear a solicitude de admisión deben ir a Solicitudes > Admisión > Crear e seguir as indicacións

Orientacións provisionais da Consellería de aquí a fin de curso

Podedes ler e consultar as últimas orientacións da Consellería en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Acuerdos para el desarrollo del tercer trimestre del curso 2019- 2020 y el inicio del curso 2020-2021

No documento adxunto pódese ler o Acordo para o desenvolvemento do tercero trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.
 

Entrega de notas da 2ª avaliación

O día 3 de abril farase a entrega de notas da 2ª avaliación. Esta entrega farase a través de abalar móbil ao longo da tarde do devandito día. Para aquelas familias que non teñan instalada a aplicación e queiran instalala teñen a información necesaria en https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/448      

As familias que non dispoñan de abalar móbil pero das que nos consten enderezos de correo electrónico recibiran as notas a través do correo electrónico.

Aquelas familias que non teñan a aplicación abalar móbil e non notificaran enderezo de correo electrónico deben poñerse en contacto co centro a través do enderezo de correo ies.coruxo@edu.xunta.es ou ben a través do teléfono do centro 886111016 a fin de concretar o medio máis axeitado para recibir a información da avaliación. Este teléfono estará operativo ata o día 8 de abril en horario de 10:00 a 13:00. Entre os días 9-13 de abril o teléfono non estará operativo, volverá estar operativo o día 14 de abril nese mesmo horario.

Notas 2ª avaliación

Tras reunión mantida pola conselleira cos demais conselleiros e ministerio de educación acordouse facer a 2ª avaliación. O período a avaliar é entre 8 de xaneiro e 12 de marzo. As notas recibiranse a través de Abalar móbil ou correo electrónico a partir do 3 de abril. Máis información en

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

Actividade física para estes días

Na aula virtual do instituto, no enderezo https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/aulavirtual/course/view.php?id=232 tedes un curso ao que se accede como convidado e nel atoparedes actividades para toda a familia, desde

os máis cativos aos máis maiores. Animádevos. Xuntos venceremos

Instrucións para entrar no curso de cada un na aula virtual con motivo da suspensión temporal das clases

Imos explicar como podedes entrar nos vosos grupos para ter acceso aos traballos que o profesorado propón para estes días de suspensión de actividade lectiva.

1-Deberedes teclear o enderezo da aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/aulavirtual/

2-Entra na aula virtual

3-Unha vez na aula virtual deberás facer clic en información para o alumnado período coronavirus e entrarás na seguinte pantalla

4-Cando fagas clic no teu curso aparecerá a pantalla na que debes identificarte. Aí farás clic en entrar como invitado

5-Unha vez dentro do teu curso xa atoparás as instrucións de cada unha das materias

6-Aí xa poderás traballar e facer as tarefas que o profesorado propón.

7-O alumnado EDIXGAL pode ser que recibades instrucións a través da mensaxeria interna da plataforma. Estade tamén atentos.

8-Esperamos vervos pronto e que isto dure pouco tempo. Ánimo

Suspensión das clases por coronavirus

Mañá venres 13 de marzo a asistencia ás clases será voluntaria. A partir do luns 16 o centro permanecerá pechado. Iremos informando a través deste medio de todas as novidades que se vaian producindo. Así mesmo utilizaremos abalar móbil para ir informando de como se irán organizando as tarefas destes días. O alumnado de 1º e 2º ESO segirá utilizando a plataforma EDIXGAL.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Ante a publicación no DOG do día de hoxe, 26 de febreiro, da Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.

 

 

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo.

 

 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

A información no PDF adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut