Skip to Content

Contratos Programa

Contratos Programa do IES Coruxo: CP Innova e CP Inclúe

O noso Instituto leva a cabo unha serie de plans do centro, é decir, plans de todo o Instituto, cofinanciados pola Consellería a través dos Contrato-Programa. En concreto todos estes plans do Centro se poden agrupar en 2: o CP INOVA e o CP INCLÚE

No CP INNOVA o fin é mellorar a calidade do ensino educativo e a mellora na xestión e hábitos de saúde, con liñas de actuación no nosos caso adicados ao seguinte:

EDUexcelencia: O instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento. Por exemplo, cos diferentes obradoiros que se van a levar a cabo en Física e Química sobre ciencia, obradoiros de prantas, roteiros fotográficos de diferentes materias, ademáis de otras actividades relacionadas coas humanidaddes (ademáis do Plan da Biblioteca e o Club de Lectura que van noutro plan) e otras futuras que temos en mente.

EDUsaúde: O instituto como dinamizador de hábitos de vida saudables. Neste sentido dende o Centro, ademáis de promocionar o deporte cómo ven sendo habitual nos últimos anos, trata de incorporar deportes inclusivos e tradicionais e crear estilos de vida saudable cos futuros obradoiros sobre nutrición e almorzos saudables.

EDUsostibilidade: O Insituto comprometese coa sostibilidade como eixo educativo cos obradoiros previstos en sensibilIzación mediaombiental ou co deseño dun plan de xestión sostible do Centro a iniciar durante este curso e de forma conxunta entre profesorado e alumnado, ademaís das futuras colaboración coas asociacións da nosa contorna.

EDUcalidade: O Instituto trata de promover un cambio a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento, mellorando a xestión da información as familias a través de distintas canles (Abalar, páxina web, etc.), coordinarse coa ANPA e otras melloras previstas.

 

No CP INCLÚE o fin último é lograr unha educación de calidade para TODO o alumnado, desenvolvendo o máximo posible as súas potencialidades. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:

QUÉDA-T: O instituto trata de ser un actor central para evitar o abandono temperá no sistema educativo e absentismo. Ademais das actuacións ordinarias, desenvólvense no Centro actividades moi diversas que entre todas elas axuden ao alumnado de tódolos cursos a valorar as diferentes opcións tanto para seguir no Instituto como para buscar novas saídas académicas na FP Básica, nos ciclos de grao medio ou superior, na Universidade e mesmo noutras opcións.

IGUALA-T: O Instituto promociona a igualdade de xénero e, en xeral, todo tipo de igualdades. Neste sentido, o centro promociona múltiples actuación relacionadas coa igualdade ao longo do ano, como é o 25n, punto lila, día da muller traballadora, etc. e a idea é que nun futuro se creen os eqipos de igualdade.

CONVIVE-T: O Instituto trata de mellorar a convivencia no centro educativo a través de ferramentas que procuran unha mellora na xestión dos conflitos. Ademáis de diferentes obradoiros relacionados coa xestión da convivencia e o desenvolvemento de diferentes xornadas de convivencia tamén está a creación de equipos de alumnado axudante ou a creación da escola de nais e país de alumnos/as. Relacionado con este punto é importante destacar o grupo de traballo que se está a por en marcha para definir un novo modelo de convivencia no Instituto.

INCLÚE-T: O Instituto trata de levar a cabo actividades cos espazos e recursos dispoñibles para lograr a inclusión de todo o alumnado e atender a súa diversidade. Neste sentido, ademáis de diferentes obradoiros, búscase crear novos espazos que fomenten esa inclusividade

EMOCIONA-T: O Instituto trata de fomentar o benestar emocional de toda a comunidade educativa.  Ensinar a xestionar emocións a alumnado, profesorado e familia é un primeiro paso deste ambicioso plan e que se integra no modelo de convivencia

Usos sostibles dos recursos da nosa contorna: obradoiro de prantas silvestres

O pasado día 4 de abril o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer os diferentes usos das prantas silvestres a través dun obradoiro que completa a actividade que tiveron en 1º ESO, no que fixeron un roteiro pola zona do Instituto para a identificación de prantras silvestres.

Neste obradoiro, desenvolvido no laboratorio de química, o alumnado identificou en primeiro lugar as diferentes prantas que había en vasos nas distintas mesas dos laboratorios. 

  

A continuación explicáronse os diferentes usos destas prantas; nalgúns casos tiñan usos medicinais e noutros tiñan usos gastronómicos (que se usan tamén na alta cociña).

Por último, fixéronse diferentes receitas con prantas como filloas, crema de huntar ou zumo de prantas silvestres con ortigas.

    

Con esta actividade trátase de sensibilizar ó alumnado sobre as oportunidades que ofrece o medio e a súa contorna e á necesidade de protexer dito medio.

Estas actuacións enmárcanse dentro do CP Innova EDU sostibilidade, onde o Instituto comprométese a promover a sostibilidade da nosa contorna.

Formando ó alumnado axudante para un novo modelo de xestión dos conflitos

A búsqueda dun novo modelo de convivencia que xestione os conflitos dun xeito eficaz e colaborativo e que ademáis inclúa a xestión emocional como parte do seu ADN é un bonito reto que temos por diante no noso Instituto.

Neste sentido e, a partires dos obradoiros de conflito e convivencia desenvolvidos o pasado 15 de xaneiro, púxose en marcha o programa de alumnado axudante, que consiste na resolución de conflitos de baixa intensidade entre iguais (alumnado) coa colaboración do profesorado-titor do programa e baixo a coordinación da Orientadora Nuria e do Xefe de Estudos Xose.

O alumnado axudante de cada grupo seleccionouse nunha sesión baixo a supervisión dos coordinadores e o profesorado-titor (Lorena, Javi, Alejandra e Rodrigo) e elixiuse entre os compañeiros e compañeiras de cada aula. En total 3 alumnos/as por aula de 1º, 2º e 3º ESO.

Posteriormente, o alumnado seleccionado tivo unha formación de dúas mañás (29 de febreiro e 1 marzo) na AAVV de Coruxo para aprender a resolver os conflitos entre iguais.

  

  

  

  

A posta en marcha do alumnado axudante previsiblemente evolucionará no alumnado mediador, un paso máis no noso futuro modelo de convivencia e xestión de conflitos.

Estas actuacións enmárcanse dentro do programa Convive-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo mellorar a convivencia no IES Coruxo a través de prácticas innovadoras na xestión de conflitos.

Integrando a xestión emocional no IES Coruxo

Conscientes da importancia da xestión das emocións no noso entorno escolar e de integralo no noso modelo de convivencia, desenvolvéronse durante o segundo trimestre unha serie de obradoiros relacionados coa xestión emocional a través de técnicas de respiración.

Neste Obradoiro, dirixido neste caso ó alumnado de 2º ESO, adicaronse 5 sesións de duración para cada grupo e desenvolvéronse nesas sesións técnicas de respiración co fin de ter unha percepción clara dos efectos beneficiosos da respiración consciente e dirixida, identificando estados emocionais insanos, recoñecendo os efectos da ansiedade, medo, estres, ira.. e poder dotarse de ferramentas para cambiar dende ese estado insano a un estado emocional sano.

  

  

Tamén para o vindeiro mes de abril están programadas unhas sesións para que o profesorado adquira as ferramentas necesarias que axuden nesa mellora da xestión emocional.

Evidentemente, a xestión das emocións non se plantexa como algo puntual, senón que forma parte do plan estratéxico do Instituto que busca integrar esta xestión das emocións do noso alumnado e profesorado no modelo de convivencia para resolver conflictos, mellorar o benestar do alumnado e mellorar a convivencia na aula, convertido o espazo escolar nun entorno máis amable.

Esta importante liña de actuación dentro do modelo de convivencia compleméntase coa posta en marcha do programa de alumnado axudante e mediación que consiste na xestión da resolución de problemas entre iguais. Ademáis, se está desenvolvendo un grupo de traballo entre o profesorado para debatir sobre un renovado modelo de convivencia no Instituto para o vindeiro curso; modelo integrador, participativo, amable e efectivo na xestión dos conflictos.

Estas actuacións, que son un paso previo a un enfoque mais integral da xestión  emocional no centro, enmárcanse dentro do programa Emociona-T do CP Inclúeprograma que trata de fomentar o benestar emocional de toda a comunidade educativa.

"Hackeando o machismo" no IES Coruxo

As redes sociais supuxeron un cambio na forma en que a mocidade exprésase, comunícase, relacionase e interactúa, outorgando ao mundo virtual un amplo espazo nas súas vidas persoais.

Durante os días 5 e 8 de febreiro tiveron lugar, dentro das actuacións de igualdade no Instituto, uns obradoiros adicados a tratar o tema da igualdade de xénero nas redes sociais e destinados ao alumnado de 3º ESO.

Neste obradoiro procurouse interpelar ao alumnado e animalo a ter unha conciencia crítica, aprendendo a ver como o machismo impregna as nosas vidas de xeitos sutís e fomentando posicionamentos críticos, proporcionando referentes novos e animando a crear contidos que dean conta de realidades máis plurais, diversas e igualitarias.

  

  

Estas actuacións son un paso previo para a creación dos futuros equipos de igualdade dentro do propio Instituto e enmárcase dentro do programa Iguala-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo aproveitar as oportunidades de mellora na convivencia no IES Coruxo.

Iniciándose na sustentabilidade no IES Coruxo

O Instituto está a deseñar un novo plan de sustentabilidade medioambiental baseado no aforro enerxético, na recilaxe, no consumo de proximidade, na mobilidade sostible e na sensibilización.

Durante este curso estanse a por en marcha os primeiros pasos orientados, principalmente, a sensibilización e a reciclaxe. Neste sentido, o Centro participa na campaña Pilabot que consiste na reciclaxe de pilas usadas e, no marco deste programa, o alumnado de 1º ESO puido coñecer, a través dun divertido obradoiro, os impactos que xeneran os residuos de pilas e porqué e, ó final do Obradoiro, fixeron un pequeño xogo interactivo.

  

Todas estas pequenas actuacións agardamos que se concreten nos próximos cursos nun plan integral de sustentabilidade que sitúe ó Instituto como un factor promotor da sostibilidade ecolóxica coa colaboración das organizacións da contorna.

Estas actuacións enmárcanse dentro do CP Innova EDUsostibilidade, onde o Instituto comprométese coa sostibilidade medioambiental.

Prohibido NON tocar: descubrindo a Ciencia no IES Coruxo

O pasado martes 30 de xaneiro tivo lugar un obradoiro adicado a ciencia no patio central do Instituto e, aínda que os principais destinatarios era o alumnado de 3º ESO, o resto de alumnado puido desfrutar parcialmente dos obxectos que estaban no obradoiro, obxectos relacionados con descubrimentos que fixeron mulleres científicas.

  

No obradoiro fixeron diferentes probas co fin de “comprender o orixe e evolución da VIDA e do UNIVERSO, facendo un percorrido dende o máis pequeno, como son os VIRUS ata o máis grande, como O UNIVERSO; dende o máis sinxelo, coma o CARBÓN, ata o máis complexo, como o WIFI”.

    

   

Os obxectos estaban postos cun lema que era prohibido NON tocar, que o que animaba era a todo o contrario, a tocar, experimentar, manipular para aprender.

   

Con este tipo de obradoiros queremos potenciar nas nosas aulas metodoloxías de ensino onde o alumnado sexa o protagonista e aprenda a través da experimentación e da observación práctica.

Esta iniciativa está dentro do CP Innova, EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento de diferentes ámbitos de coñecemento.

Avanzando cara un renovado modelo de convivencia. CONVIVE-T

Avanzar cara un modelo de convivencia inclusivo, amable e eficaz na xestión dos conflitos. Este é obxectivo que nos propuxemos como comunidade escolar para os vindeiros cursos: reflexionar sobre o modelo de convivencia e introducir melloras de cara aos próximos meses e anos.

Como primeiro paso, o profesorado do Instituto está implicado nun grupo de traballo que consiste en reflexionar sobre o noso modelo de convivencia, dotándonos das ferramentas necesarias para implementar os cambios e melloras no modelo.

Pero ademais do grupo de traballo do profesorado está prevista para os próximos meses a implantación do proxecto do alumnado axudantecoa coordinación da noso Equipo de Orientación.

Neste sentido, o pasado luns 15 de xaneiro tiveron lugar uns obradoiros para 1º ESO sobre conflito e convivencia, que se desenvolveron posteriormente co profesorado do Instituto. Nesta primeira toma de contacto tratouse de dotar ó alumnado das ferramentas necesarias para autoxestionar os conflitos da vida cotiá mellorando as súas relacións interpersoais e a súa autoestima, entendendo o conflito como unha oportunidade de aprendizaxe e mellora das relacións.

  

Esta actividade ten a súa continuidade na formación do alumnado axudante para os primeiros cursos da ESO e destinado tamén ao profesorado coordinador e participante no proxecto.

A mellora do modelo de convivencia tamén inclúe a creación dunha escola de nais e país de alumnos/as, entre outras actuacións previstas. Todas estas actuacións formarán parte dun novo Plan de Convivencia que integra a toda a comunidade educativa.

Parte de estas actuacións enmárcase dentro do programa Convive-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo aproveitar as oportunidades de mellora na convivencia no IES Coruxo.

Traballando o ritmo con material de refugallo…ecopercussión no IES Coruxo

Se ó termo percusión (conxunto de instrumentos de percusión dunha banda) lle engadimos o prefixo eco temos a ecopercussión, é dicir, instrumentos para traballar a percusión con material de refugallo como cubos de plástico ou bidóns.

Nestes obradoiros, que se desenvolveron o pasado xoves 11 de xaneiro con 2º da ESO, o alumnado puido aprender a traballar o ritmo, desenvolver a súa capacidade motriz e traballar de forma coordinada cos seus compañeiros exercitando a disciplina necesaria e, ao mesmo tempo, pasalo ben, liberando estrés.

Isto foi posible grazas a que o Departamento de Música organizou esta actividade coa idea de afondar na aprendizaxe do ritmo e tamén grazas a colaboración e participación do percusionista cubano Didier Díaz 

  

O alumnado puido desfrutar desta experiencia no patio exterior do Instituto, e para mostra os seguintes vídeos:

Esta iniciativa está dentro do CP Innova, EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento de diferentes ámbitos de coñecemento.

O Celta feminino no IES Coruxo (ANPA)

Fomentar a práctica de outros deportes e do deporte en xeral, promocionar o deporte feminino e educar a través do deporte na igualdade….todos estes aspectos son os que se queren desenvolver dende a comunidade educativa do IES Coruxo.

Neste sentido e, grazas a iniciativa e organización da ANPA, o último día antes das festas do Nadal levouse a cabo no pavillón do Instituto un obradoiro coas xogadoras e adestradora do 1º equipo do histórico Celta feminino de baloncesto (o equipo da cidade de Vigo máis laureado en calquera disciplina deportiva, con 5 ligas e moitas otras copas) sobre a práctica do basket co alumnado de 1º ESO.

  

Nesta experiencia, ademáis de ter a sorte de poder escoitar os consellos e experiencias das xogadoras e adestradora, aprenderon unha serie de trucos do xogo do baloncesto e fixeron un mini torneo de 3X3 entre todos e todas as participantes.

  

Como colofón, sorteáronse entre todo o alumnado do Instituto 25 entradas achegadas polo Celta para asistir o partido de basket femenino celebrado o pasado 22 de decembro no pavillón de Navia, no que o Celta gañou contra un dos mellores equipos da competición nun trepidante partido.

A iniciativa e a posibilidade de desenvolver esta actividade no IES Coruxo foi grazas a nosa ANPA, na súa aposta polo fomento do deporte entre o alumnado do Instituto. Esta iniciativa está en liña co programa CP Innova Edusaúde que está en marcha dende o Centro, fomentando todo tipo de deporte e a inclusividade e a igualdade no mesmo.

                             

Certame literario "Era unha vez"

Durante este primeiro trimestre, o grupo de Literatura Universal de 1º Bacharelato organizou un exitoso certame literario, no que se recolleron máis de 150 participacións desde os primeiros cursos da ESO ata o Bacharelato.

A idea deste certame, titulado “Era unha vez”, foi premiar a orixinalidade e o caracter suxestivo, solicitando inicios de relatos en galego de non máis de 40 palabras. O grupo de Literatura Universal encargouse de toda a organización: desde a elaboración da idea e as bases e parámetros para escoller os mellores textos ata a escolla dos premios, pasando pola promoción do certame, avaliación dos relatos e discusión en conxunto e organización do acto da entrega de premios.

  

A entrega de premios tivo lugar o pasado 13 de decembro durante o 1º recreo no patio central do Instituto, onde os premiados das categorías do 1º ciclo da ESO (Alba Lence Rus de 2ºESO B), do 2º ciclo da ESO (Sergio Costas Suárez  de 3ºESO PDC) e de Bacharelato (Miguel Vijande Álvarez de 1ºBch A) recibiron un libro e un xogo de mesa.

  

A boa acollida entre o alumnado provocou un traballo de selección e reflexión sobre os textos recibidos, sendo o grupo enteiro responsable do fallo do certame. Esta experiencia permitiu desenvolver un traballo autónomo e cooperativo, permitindo que o propio grupo organizase, coa anticipación suficiente, a actividade. A discusión literaria e organizativa, a planificación a medio prazo, a adquisición de responsabilidades e a reflexión sobre a creación artística e as decisións tomadas foron as liñas que desenvolveron un traballo propio, alegre, responsable e substancial.

Dentro do CP Innova, esta actividade está na liña de EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento

Sentir a música para unha persoa xorda: mochilas vibratorias. CP Inclúe INCLÚE-T

“Sentir a música a través de mochilas vibratorias, porse na pel dunha persoa xorda e saber cómo poden sentir o ritmo a través das vibracións”….todo isto é o que experimentou o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO nas xornadas de sensibilización sobre discapacidade auditiva, levadas a cabo entre o 30 de novembro e o 5 de decembro na aula de Ciencias do IES Coruxo.

Nesta actividade o alumnado puido experimentar cómo perciben a música as persoas xordas e con este fin probaron as mochilas vibratorias, mochilas que rexistran as frecuencias de son e as transforman en vibracións según o tipo de son, permitindo á persona portadora sentir a música a través da vibración.

  

O obxectivo da actividade era que o noso alumnado fose capaz de porse no lugar das persoas que teñen algún tipo de discapacidade (neste caso persoas con discapacidade auditiva) e que aprendan a valorar e afrontar de forma positiva ás dificultades que se presentan na vida.

  

Esta actividade, levada a cabo por unha intérprete en linguaxe de signos e que contou co préstamo gratuíto das mochilas vibratorias por parte do Concello de Nigrán, enmárcase dentro do programa Inclúe-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo facer un IES Coruxo máis inclusivo.

Fomentando os deportes tradicionais: os bolos celtas. CP Innova EDUSaúde

Dende o IES Coruxo queremos apostar polo fomento dos hábitos deportivos no alumnado dada a importancia que ten e terá o deporte na súa saúde física e mental (xestión das ansiedade e estrés, control das emocións, etc.). É, claramente, unha das señas de identidade do Instituto.

Dentro desa mesma liña ademáis dos deportes que xa practican habitualmente, tratamos de promocionar o coñecemento doutros deportes tradicionais e inclusivos, como son os bolos celtas.

   

Por iso, o pasado xoves 30 de novembro pola mañá todas as alumnas e alumnos de 1º ESO tiveron a oportunidade de asistir a un obradoiro impartido pola Federación Galega de Bolos co fin de coñecer un dos nosos deportes tradicionais.

    

Esta e outras actividades relacionadas cos deportes tradicionais e inclusivos se promocionarán ao longo do curso para que o alumnado coñeza as diferentes alternativas deportivas e, en definitiva, aficionalos a práctica deportiva en xeral, seguindo unha das liña dos contratos programas que puxemos en marcha, como é o CP Innova EDUSaúde.

Seleccionados nos Contratos Programa

O IES Coruxo acaba de ser seleccionado en todos os Contratos Programa de innovación solicitados polo centro. Concretamente foron aprobados pola Consellería os 4 proxectos presentados (EDUExcelencia, EDUSaúde, EDUSostibilidade e EDUCalidade):

Estes programas serán desonvolvidos ao longo do curso 2023/2024 e iremos informando nesta páxina web das actividades levadas a cabo nos mesmos. Poden obter máis información na resolución da Consellería do día de hoxe: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41645

Tamén é de destacar que o centro foi admitido en tódolos Contratos Programa CPInclúe posibles, ao ter solicitadas todas as modalidades polo Departamento de Orientación do centro e ser aprobados os proxectos confeccionados pola Xefa do Departamento de Orientación, xunto coa colaboración de gran parte do Claustro de profesorado:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut