Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Visita do alumnado de 4º ESO ao CIFP Manuel Antonio

Como complemento das Xornadas de orientación vocacional sobre formación profesional para alumnado de 4° de ESO que se están levando a cabo no noso centro, o pasado martes 7 de maio visitamos o CIFP Manuel Antonio.

Nesta visita puidemos coñecer a oferta formativa, organización e instalacións deste centro de FP en Vigo. Comprobamos algúns dos espazos e talleres onde o alumnado realiza ciclos de grao medio e superior das familias profesionais de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias, Sanidade, Química e Téxtil, confección e pel.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita do alumnado de 4º ESO ao CIFP Manuel Antonio

Xornadas de orientación vocacional

Ó longo deste mes estanse celebrando diferentes Xornadas sobre orientación vocacional nas que exalumnado do noso IES viu contarnos as súas experiencias sobre as diferentes opcións formativas que ofrece o sistema educativo e as saídas profesionais relacionadas.

O 29 de abril tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao medio. O alumnado de 4° de ESO puido coñecer diferentes experiencias e alternativas que existen para ter en conta de cara o próximo curso.

Este luns 6 de maio tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao superior e graos universitarios. Nelas o alumnado de Bacharelato puido ter un achegamento a estas ensinanzas e resolver dúbidas sobre o seu futuro académico e profesional.

Por último, o próximo 13 de maio teremos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao básico onde exalumnado contarannos as súas experiencias persoais e formativas nestes ciclos.

Agradecemos enormemente a colaboración do noso exalumnado e é un orgullo contar con todas/os elas/es para poder realizar este tipo de actividades tan importantes que axudan na toma de decisións vocacionais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de orientación vocacional

Viaxe de fin de estudos Barcelona 4º ESO

Entre o 5 e o 9 de abril o alumnado de 4º ESO desfrutou do seu viaxe de fin de etapa: unha viaxe cultural e lúdica a Barcelona, Tarragona e tamén Port Aventura, combinando diferentes tipos de actividades.

O primeiro e o segundo día o alumnado visitou Barcelona (Montjuïc e os seus atractivos como o seu castelo, o Estadio Olímpico ou o Poble Espanyol, ademais de visitar o Park Güell de Gaudí) e Tarragona e os seus sitios declarados Patrimonio da Humandiade, entre eles os xacementos romanos.

  

  

  

No terceiro e cuarto día a visita tornou máis lúdica e desfrutaron das atraccións de Port Aventura e Ferrari Land, onde pasaron todo o día desfrutando das distintas atraccións e pasando unas bonitas xornadas de conviviendo entre el@s e co profesorado acompañante.

  

Xa no derradeiro día visitáronse outros atractivos da capital catalana, como o casco antigo e o Aquarium, ademáis do seu paseo marítimo.

Cinco intensos días no que se combinaron todo tipo de actividades e que, sobre todo, serviron para fortalecer a convivencia entre o alumnado neste último curso da etapa da ESO.

 

A viaxe foi organizada pola ANPA, que buscou posibles destinos (entre os cales votouse nunha asamblea de país e nais de 4º ESO), deseñou e organizou as actividades para que o alumnado puidese financiarse (venta de rosquillas e outros, venta de colonias, venta de rifas, venta de doces e choripanes en distintas celebración do Instituto, etc.), asesorou ó Instituto con cuestións burocráticas, difundiu o día a día da viaxe, etc.

 

Coñecendo de primeira man as posibilidades formativas máis actuáis: FORMAMOS´24

O pasado 10 de abril o alumnado de 1º Bacharelato tivo a oportunidade de visitar a Feira de formación de Mos, feira orientada a coñecer a oferta formativa unha vez rematen os seus estudos no Instituto.

Con este escaparate formativo e a través de distintos stands no que se desenvolvían distintas actividades, tiveron a oportunidade de coñecer as diferentes posibilidades formativas e mesmo de ter encontros con profesionais de cada sector.

    

Todo isto forma parte do Programa de Orientación ao alumnado de Bacharelato para axudarlles na súa orientación académica. Esta actividade compleméntase con outras que se están a facer no Instituto, como a visita a Universidade de Vigo (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/818), a información sobre determinados graos moi demandados (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/841), as experiencias contadas por exalumnado sobre os diferentes grados e ciclos formativos de grado superior que están a estudar na actualidade, as charlas informativas sobre a ABAU (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/771) ou coas sesións informativas que se realizarán dende o Departamento de Orientación, entre otras.

Asistindo á representación teatral dunha obra maestra: "La casa de Bernarda Alba"

O pasado 10 de abril alumnado de 4º da ESO asistiu á representación da obra "La casa de Bernarda Alba" no cine Salesianos de Vigo.

  

Esta obra de Federico García Lorca (poeta, dramaturgo e prosista da xeración do 29), desenvólvese en tres actos e trata temas como a opresión e a sociedade patriarcal da España de principios do século XX.

A actividade, programada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura, é a representación dun libro que lerán no 3º trimestre na materia de Lingua Castelá e supón unha oportunidade para motivar á lectura desta obra, unha vez vista a representación teatral.

Usamos o galego nas RRSS?

Usamos o galego en TikTok, Whatsapp ou Instagram? O pasado 9 de abril o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de debatir sobre o uso de galego nas RRSS.

  

A través de distintas preguntas e da proxección de vídeos (sobre famosos, debuxos animados, etc.) o poñente tratou de introducir ó alumnado no tema do uso do galego en diferentes RRSS. Como anécdota, ensinoulle un dos videos mais virais en Galicia do ano pasado, como é o da nena que lle fala galego a Siri e non a entende, polo que os creadores de Siri comprometeronse a introducir o galego na sua aplicación. 

O fin desta charla era visibilizar e promover o uso do galego entre o alumnado nas redes sociais que mais usan.

Visita ó Parque Eólico Experimental de Sotavento

O pasado 3 de abril alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar ó Parque Eólico Experimental de Sotavento en Xermade (Lugo).

Nada máis chegar ó Parque, un dos guías explicoulles como se fixan os prezos no mercado eléctrico en España e a importancia das enerxías renovables no mercado enerxético actual.

  

A continuación puideron ver diferentes partes desmontadas dun aeroxerador de vento (motor, palas, góndola, etc.) para, posteriormente, visitar un aeroxerador do Parque por dentro.

  

  

Para rematar, visitaron unha vivenda bioclimática. A vivenda está deseñada para maximizar o aforro enerxético: orientación da vivenda, materiais utilizados, etc.

Finalizada a visita, xantaron nas instalacións do Parque.

Con esta actividade puideron comprender as achegas da física e a tecnoloxía a un desenvolvemento máis sostible do noso planeta.

Experimentando a óptica xeométrica no IES Coruxo

O pasado 20 de marzo o alumnado de Física de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de consolidar os contidos vistos no curso mediante unha demostración lúdico-práctica de óptica xeométrica.

  

O encargado de dirixir o obradoiro, D. Jose Benito Vazquez Dorrio, catedrático do Departamento de Física Aplicada da UVigo e premio da Real Sociedade Española de Física, achegou todos os aparellos para facer posible este obradoiro no laboratorio de Física do IES Coruxo. 

  

A idea é consolidar os contidos vistos na clase con actividades prácticas e motivar ó alumnado ó estudo das ciencias en xeral e da Física en particular.

Física re-creativa no IES Coruxo!

Información sobre Maxisterio e Traballo Social da UVigo

O pasado mércores 20 de marzo tivemos a fortuna de que nos informasen de primeira man sobre os graos que se imparten na Facultade de Educación e Traballo Social e para iso contamos co Decano, coa Vicedecana e profesorado da facultade.

A charla tivo lugar no salón de actos do Instituto e estivo dirixida ó alumnado de 1º Bacharelato e ó alumnado de Humanidades e Ciencias Sociais de 2º Bacharelato.

  

Maxisterio de Infantil e Primaria e Edicación e Traballo Social son graos históricamente moi demandado polo noso alumnado, por iso que mellor que ter os que mellor nos poden informar deste tema no noso Instituto.

Agradecemos dende aquí á presencia da “plana maior” da Facultade para informar e resolver tódalas dúbidas ó noso alumnado interesado. Grazas!

Buscando ouro no IES Coruxo

O pasado luns 18 de marzo pola tarde o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de descubrir ás diferentes técnicas que se usaban tradicionalmente para a búsqueda de ouro.

Na aula de Ciencias do Instituto e coa guía dun experto  nestas labores, o alumnado pudo aprender a buscar ouro. Para elo dispúxose dunha cuba xigante e se utilizaron diferentes aparallos como pratos especiais para a búsqueda de pepitas, tal e como se pode observar nas fotos.

  

  

O fin último da actividade non só era evidentemente atopar ouro (a pesar de que sí atopasen ouro), senón aprender dun xeito manipulativo ás diferentes técnicas de búsqueda de ouro e comprender á importancia deste metal non só na xoeiría, senón noutras moitas cousas esenciais.

Para mostra da búsqueda de ouro este vídeo:

A actividade foi posible grazas a labor e esforzó persoal de Gustavo de Xeografía e Historia e de Begoña de Física e Química.

Desfrutando dunha representación teatral en francés

O pasado 28 de febreiro alumnado de 2º e 4º ESO de francés acudiu ó Centro Cívico de Beade para presenciar a obra de teatro en francés “Les Trois Mousquetaires”.

O alumnado puido desfrutar deste clásico de Alexandre Dumas adaptado cunha visión máis moderna e actual e puideron compartir impresións cos actores da obra de teatro.

  

No feedback co alumnado, o profesorado puido comprobar que entenderon gran parte da obra e que lles serviu para ser conscientes de que son capaces de comprender bastante máis do que eles mesmos pensan.

8M no IES Coruxo

O pasado venres 8 de marzo conmemoramos no IES Coruxo o Día Internacional da Muller. Para reivindicar este día leváronse a cabo unha serie de actos e actividades no noso Instituto.

En primer lugar e durante a semana previa nas titorías o alumnado colaborou de forma voluntaria na elaboración dun photocall, composto por dúas ás para voar cara a igualdade.... Cada alumno ou alumna podía recortar unha pluma e por unha mensaxe relacionada coa igualdade.

  

Xa o mesmo venres, unha vez composto dito photocall, algúns alumnos e alumnas fixéronse fotos posicionándose coa igualdade

Xa para rematar, alumnado de 1º Bacharelato leu un bonito manifesto no patio central do Instituto que facemos noso, de todo o Centro.

  

Pola loita para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres dende o IES Coruxo!

  

 

Experimentando a combustión na UVigo

O pasado 23 de febreiro alumnado de 3º ESO participou en diferentes experimentos de combustión na Escola de Enxeñería de minas e enerxía da Universidade de Vigo.

A partir de diferentes explicacións sobre a combustión e en grupos de 25 alumnos/as, fixéronse diferentes experimentos nos que puido participar e manipular obxectos o propio alumnado.

  

  

Con este tipo de actividades, trátase de reforzar os coñecementos adquiridos na aula dun xeito práctico e divertido, apostando por metodoloxías no que o alumnado sexa o protagonista do seu propio aprendizaxe. Esta é a liña que buscamos para os próximos cursos.

Coñecendo os diferentes graos universitarios da UVigo

O pasado día 21 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato visitou a Universidade de Vigo para coñecer de primeira man os graos universitarios que podían ser do seu interese, así como as facultades da Universidade de Vigo onde se impartían.  

Nos días previos o alumnado decidiu á opción coa que estaba máis interesado entre as ramas de artes e humanidades, enxeñería, ciencias da saúde ou ciencias xurídicas. En función dos seus intereses, acudirían ás facultades orientadas a cada rama con un profesor/a.

   

Na propia facultade pudieron informarse das titulacións relacionadas con cada rama e visitaron, guiados polos seus profesores/as, as instalacións da propia Universidade

A cuestión é que dende 1º Bacharelato empecen xa a ter unha primeira idea do grao universitario, de ser o caso, que lles pode interesar facer no futuro. 

Participando no Festival de Teatro Grecolatino de Tui

O pasado 20 de febreiro, o alumnado de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato asistitu ó Festival de Teatro Grecolatino celebrado na cidade de Tui.

   

Tras unha visita guiada pola cidade fronteriza de Tui, ó seu casco vello e a súa catedral-fortaleza asistiron, no Teatro municipal de Tui, á obra de teatro de Antígona, de Sófocles. Logo, para xantar cruzaron a ponte ata Valença do Minho, ó outro lado da beira do Miño.

  

Experiencia cultural e “grecolatina” no IES Coruxo.

Distribuir contido


by Dr. Radut