Skip to Content

Orientación

Escola de Familias: Benestar emocional nos fogares

Continuamos coas sesións formativas da Escola de Familias do IES Coruxo. O próximo luns 13 de maio terá lugar a segunda sesión, neste caso relacionada co benestar emocional. O obxectivo da charla é ter estratexias para afrontar os problemas de benestar emocional dende os fogares. A sesión está programada para ás 18:30 na Biblioteca do IES Coruxo.

Esta actividade está financiada polo CFR de Vigo e conta coa colaboración da ANPA do noso IES. Animamos a todas as familias a participar.

Adxuntamos cartaz:

Becas xerais do MEFP para o curso 2024-25

Dende o 19 de marzo e ata o próximo 10 de maio podedes solicitar as becas e axudas de estudos de niveis postboligatorios do Ministerio de Educación y Formación Profesional.

ENLACE: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html e premer en "acceso a la tramitación a la sede electrónica"

Están destinadas a aquel alumnado que ten intención de facer o próximo curso Bacharaleto, Formación Profesional de Grado Medio, de Grado Superior ou Formación Profesional Básica, entre outros estudos postobligatorios.

Hai que pedilas antes do 10 de maio, independentemente de que non saiban todavía que tipo de estudos que van cursar o ano que ven. En Orientación ou Vicedirección podemos resolver algunhas das dúbidas que poidan surxir.

O cadro resumo...

E a orientadora preparou un genially informativo que está moi ben...https://view.genial.ly/623cb65f3e2de80011d346cd/interactive-image-becas-mefp

Calquera dúbida en Orientación ou Vicedirección.

Blog online de Orientación do IES Coruxo

Preme na imaxe para acceder ó Blog online de Orientación para alumnado do IES Coruxo ou preme na seguinte ligazón: https://www.elorienta.com/movil/?yafxb=62729 

Visita do alumnado de 4º ESO ao CIFP Manuel Antonio

Como complemento das Xornadas de orientación vocacional sobre formación profesional para alumnado de 4° de ESO que se están levando a cabo no noso centro, o pasado martes 7 de maio visitamos o CIFP Manuel Antonio.

Nesta visita puidemos coñecer a oferta formativa, organización e instalacións deste centro de FP en Vigo. Comprobamos algúns dos espazos e talleres onde o alumnado realiza ciclos de grao medio e superior das familias profesionais de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias, Sanidade, Química e Téxtil, confección e pel.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita do alumnado de 4º ESO ao CIFP Manuel Antonio

Xornadas de orientación vocacional

Ó longo deste mes estanse celebrando diferentes Xornadas sobre orientación vocacional nas que exalumnado do noso IES viu contarnos as súas experiencias sobre as diferentes opcións formativas que ofrece o sistema educativo e as saídas profesionais relacionadas.

O 29 de abril tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao medio. O alumnado de 4° de ESO puido coñecer diferentes experiencias e alternativas que existen para ter en conta de cara o próximo curso.

Este luns 6 de maio tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao superior e graos universitarios. Nelas o alumnado de Bacharelato puido ter un achegamento a estas ensinanzas e resolver dúbidas sobre o seu futuro académico e profesional.

Por último, o próximo 13 de maio teremos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao básico onde exalumnado contarannos as súas experiencias persoais e formativas nestes ciclos.

Agradecemos enormemente a colaboración do noso exalumnado e é un orgullo contar con todas/os elas/es para poder realizar este tipo de actividades tan importantes que axudan na toma de decisións vocacionais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de orientación vocacional

Bolsas alumnado necesidades específicas de apoio educativo

Dende o 30 de abril pódense solicitar as bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicads de apoio educativo (NEAE).

Estas axudas son complementarias a outras axudas e bolsas e teñen como finalidade financiar material didáctico, clases de reeducación pedagóxica ou do linguaxe, entre outras.

Enlaces máis importantes:

 

Máis info...

 

 Descargar cartaz AQUÍ

Coñecendo de primeira man as posibilidades formativas máis actuáis: FORMAMOS´24

O pasado 10 de abril o alumnado de 1º Bacharelato tivo a oportunidade de visitar a Feira de formación de Mos, feira orientada a coñecer a oferta formativa unha vez rematen os seus estudos no Instituto.

Con este escaparate formativo e a través de distintos stands no que se desenvolvían distintas actividades, tiveron a oportunidade de coñecer as diferentes posibilidades formativas e mesmo de ter encontros con profesionais de cada sector.

    

Todo isto forma parte do Programa de Orientación ao alumnado de Bacharelato para axudarlles na súa orientación académica. Esta actividade compleméntase con outras que se están a facer no Instituto, como a visita a Universidade de Vigo (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/818), a información sobre determinados graos moi demandados (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/841), as experiencias contadas por exalumnado sobre os diferentes grados e ciclos formativos de grado superior que están a estudar na actualidade, as charlas informativas sobre a ABAU (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/771) ou coas sesións informativas que se realizarán dende o Departamento de Orientación, entre otras.

Información sobre Maxisterio e Traballo Social da UVigo

O pasado mércores 20 de marzo tivemos a fortuna de que nos informasen de primeira man sobre os graos que se imparten na Facultade de Educación e Traballo Social e para iso contamos co Decano, coa Vicedecana e profesorado da facultade.

A charla tivo lugar no salón de actos do Instituto e estivo dirixida ó alumnado de 1º Bacharelato e ó alumnado de Humanidades e Ciencias Sociais de 2º Bacharelato.

  

Maxisterio de Infantil e Primaria e Edicación e Traballo Social son graos históricamente moi demandado polo noso alumnado, por iso que mellor que ter os que mellor nos poden informar deste tema no noso Instituto.

Agradecemos dende aquí á presencia da “plana maior” da Facultade para informar e resolver tódalas dúbidas ó noso alumnado interesado. Grazas!

Formando ó alumnado axudante para un novo modelo de xestión dos conflitos

A búsqueda dun novo modelo de convivencia que xestione os conflitos dun xeito eficaz e colaborativo e que ademáis inclúa a xestión emocional como parte do seu ADN é un bonito reto que temos por diante no noso Instituto.

Neste sentido e, a partires dos obradoiros de conflito e convivencia desenvolvidos o pasado 15 de xaneiro, púxose en marcha o programa de alumnado axudante, que consiste na resolución de conflitos de baixa intensidade entre iguais (alumnado) coa colaboración do profesorado-titor do programa e baixo a coordinación da Orientadora Nuria e do Xefe de Estudos Xose.

O alumnado axudante de cada grupo seleccionouse nunha sesión baixo a supervisión dos coordinadores e o profesorado-titor (Lorena, Javi, Alejandra e Rodrigo) e elixiuse entre os compañeiros e compañeiras de cada aula. En total 3 alumnos/as por aula de 1º, 2º e 3º ESO.

Posteriormente, o alumnado seleccionado tivo unha formación de dúas mañás (29 de febreiro e 1 marzo) na AAVV de Coruxo para aprender a resolver os conflitos entre iguais.

  

  

  

  

A posta en marcha do alumnado axudante previsiblemente evolucionará no alumnado mediador, un paso máis no noso futuro modelo de convivencia e xestión de conflitos.

Estas actuacións enmárcanse dentro do programa Convive-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo mellorar a convivencia no IES Coruxo a través de prácticas innovadoras na xestión de conflitos.

Integrando a xestión emocional no IES Coruxo

Conscientes da importancia da xestión das emocións no noso entorno escolar e de integralo no noso modelo de convivencia, desenvolvéronse durante o segundo trimestre unha serie de obradoiros relacionados coa xestión emocional a través de técnicas de respiración.

Neste Obradoiro, dirixido neste caso ó alumnado de 2º ESO, adicaronse 5 sesións de duración para cada grupo e desenvolvéronse nesas sesións técnicas de respiración co fin de ter unha percepción clara dos efectos beneficiosos da respiración consciente e dirixida, identificando estados emocionais insanos, recoñecendo os efectos da ansiedade, medo, estres, ira.. e poder dotarse de ferramentas para cambiar dende ese estado insano a un estado emocional sano.

  

  

Tamén para o vindeiro mes de abril están programadas unhas sesións para que o profesorado adquira as ferramentas necesarias que axuden nesa mellora da xestión emocional.

Evidentemente, a xestión das emocións non se plantexa como algo puntual, senón que forma parte do plan estratéxico do Instituto que busca integrar esta xestión das emocións do noso alumnado e profesorado no modelo de convivencia para resolver conflictos, mellorar o benestar do alumnado e mellorar a convivencia na aula, convertido o espazo escolar nun entorno máis amable.

Esta importante liña de actuación dentro do modelo de convivencia compleméntase coa posta en marcha do programa de alumnado axudante e mediación que consiste na xestión da resolución de problemas entre iguais. Ademáis, se está desenvolvendo un grupo de traballo entre o profesorado para debatir sobre un renovado modelo de convivencia no Instituto para o vindeiro curso; modelo integrador, participativo, amable e efectivo na xestión dos conflictos.

Estas actuacións, que son un paso previo a un enfoque mais integral da xestión  emocional no centro, enmárcanse dentro do programa Emociona-T do CP Inclúeprograma que trata de fomentar o benestar emocional de toda a comunidade educativa.

8M no IES Coruxo

O pasado venres 8 de marzo conmemoramos no IES Coruxo o Día Internacional da Muller. Para reivindicar este día leváronse a cabo unha serie de actos e actividades no noso Instituto.

En primer lugar e durante a semana previa nas titorías o alumnado colaborou de forma voluntaria na elaboración dun photocall, composto por dúas ás para voar cara a igualdade.... Cada alumno ou alumna podía recortar unha pluma e por unha mensaxe relacionada coa igualdade.

  

Xa o mesmo venres, unha vez composto dito photocall, algúns alumnos e alumnas fixéronse fotos posicionándose coa igualdade

Xa para rematar, alumnado de 1º Bacharelato leu un bonito manifesto no patio central do Instituto que facemos noso, de todo o Centro.

  

Pola loita para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres dende o IES Coruxo!

  

 

Coñecendo os diferentes graos universitarios da UVigo

O pasado día 21 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato visitou a Universidade de Vigo para coñecer de primeira man os graos universitarios que podían ser do seu interese, así como as facultades da Universidade de Vigo onde se impartían.  

Nos días previos o alumnado decidiu á opción coa que estaba máis interesado entre as ramas de artes e humanidades, enxeñería, ciencias da saúde ou ciencias xurídicas. En función dos seus intereses, acudirían ás facultades orientadas a cada rama con un profesor/a.

   

Na propia facultade pudieron informarse das titulacións relacionadas con cada rama e visitaron, guiados polos seus profesores/as, as instalacións da propia Universidade

A cuestión é que dende 1º Bacharelato empecen xa a ter unha primeira idea do grao universitario, de ser o caso, que lles pode interesar facer no futuro. 

"Hackeando o machismo" no IES Coruxo

As redes sociais supuxeron un cambio na forma en que a mocidade exprésase, comunícase, relacionase e interactúa, outorgando ao mundo virtual un amplo espazo nas súas vidas persoais.

Durante os días 5 e 8 de febreiro tiveron lugar, dentro das actuacións de igualdade no Instituto, uns obradoiros adicados a tratar o tema da igualdade de xénero nas redes sociais e destinados ao alumnado de 3º ESO.

Neste obradoiro procurouse interpelar ao alumnado e animalo a ter unha conciencia crítica, aprendendo a ver como o machismo impregna as nosas vidas de xeitos sutís e fomentando posicionamentos críticos, proporcionando referentes novos e animando a crear contidos que dean conta de realidades máis plurais, diversas e igualitarias.

  

  

Estas actuacións son un paso previo para a creación dos futuros equipos de igualdade dentro do propio Instituto e enmárcase dentro do programa Iguala-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo aproveitar as oportunidades de mellora na convivencia no IES Coruxo.

Cadea de favores polo Día da Paz no IES Coruxo

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no IES de Coruxo o día escolar da non violencia e a paz.

Entre todo o alumnado dos primeiros cursos da ESO (especialmente en 1º e 2º ESO) elaboraron cos seus compañeiros/as e titores/as unhas cadeas de papel no que cada un escribía nunha arandela as boas accións ou “favores” que fan aos seus compañeiros/as de aula.

Unindo todas as arandelas temos a cadea de favores.

  

O fin desta actividade é fomentar dinámicas positivas de convivencia, visibilizando ás axudas entre iguais que realmente sí fan entre os compañeiros e compañeiras do Instituto.

Podemos presumir como Instituto que a relación entre alumnos e alumnas é, en xeral, moi entrañable, e que existe un gran respecto e cariño entre o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut