Skip to Content

Orientación

Educación afectivo-sexual no IES Coruxo

Temos claro que é iso do sexo? Necesitamos conseguir habilidades que nos permitan unha vivencia plena, responsable e constructiva da nosa sexualidade. e, con este motivo, organizáronse os obradoiros para tratar de dar formación afectivo-sexual ao noso alumnado, obradoiros que se levaron a cabo durante o pasado luns e xoves co alumnado de 3º ESO.

Nestes obradoiros tratouse de dar unha formación integral sobre sexualidade, destacando a importancia de ter unhas relacións afectivo-sexuais sanas, coñecendo a anatomía e fisioloxía sexual humana e informando sobre os diferentes métodos de protección e ITS.

   

Os obradoiros levanse a cabo dentro do programa Quérote + organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia (http://xuventude.xunta.es/)

Sentir a música para unha persoa xorda: mochilas vibratorias. CP Inclúe INCLÚE-T

“Sentir a música a través de mochilas vibratorias, porse na pel dunha persoa xorda e saber cómo poden sentir o ritmo a través das vibracións”….todo isto é o que experimentou o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO nas xornadas de sensibilización sobre discapacidade auditiva, levadas a cabo entre o 30 de novembro e o 5 de decembro na aula de Ciencias do IES Coruxo.

Nesta actividade o alumnado puido experimentar cómo perciben a música as persoas xordas e con este fin probaron as mochilas vibratorias, mochilas que rexistran as frecuencias de son e as transforman en vibracións según o tipo de son, permitindo á persona portadora sentir a música a través da vibración.

  

O obxectivo da actividade era que o noso alumnado fose capaz de porse no lugar das persoas que teñen algún tipo de discapacidade (neste caso persoas con discapacidade auditiva) e que aprendan a valorar e afrontar de forma positiva ás dificultades que se presentan na vida.

  

Esta actividade, levada a cabo por unha intérprete en linguaxe de signos e que contou co préstamo gratuíto das mochilas vibratorias por parte do Concello de Nigrán, enmárcase dentro do programa Inclúe-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo facer un IES Coruxo máis inclusivo.

Os perigos da rede: pornografía e uso inadecuado das TRIC

O pasado venres 1 de decembro o alumnado de 2º ESO participou, nas súas horas de titorías, nus obradoiros organizados pola asociación Alborada en colaboración coa Consellería de Sanidade sobre o uso inadecuado das TRIC e a súa relación co consumo de pornografía.

Dado que o 95% dos rapaces e rapazas entre 10 e 15 anos usan Internet, compre identificar as vantaxes pero tamén os perigos do acceso a certos contidos. Neste sentido no obradoiro trataronse temas de Internet e o uso dos dispositivos móviles, dos videoxogos online ou da xestión das RRSS. Neste sentido tratábase de facer ver ao alumnado de que hai certas contidos que consumen que mostran modelos de relación que son ficticios e trataron de promover no alumnado un uso consciente e responsable das TRIC (Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación)

O Obradoiro forma parte dun proxecto piloto da asociación Alborada e a Consellería de Sanidade (Programa No Enredes) que trata de axudar a alumnos/as, familias e docentes a identificar as ventaxes pero tamén os riscos de Internet e as RRSS.

Non pasa nada, ¿pasa algo?

O alumnado de 4º ESO participou ao longo de 4 sesións de titorías nos obradoiros de reflexión e debate sobre adiccións e o consumo de drogas organizados dende o Concello de Vigo coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa de prevención de drogas e outras adicccións.

Segundo os datos recollidos polo Observatorio de Galicia sobre Drogas, a maior parte dos/das adolescentes inícianse no consumo de sustancias psicoactivas entre os 14 e os 16 anos, no caso do alcohol e o tabaco, e entre os 15 e 17 anos no do cannabis e a cocaína, idade do alumnado obxectivo.

Neste contexto e con estos obradoiros preténdese que os alumnos e as alumnas do noso Instituto sexan conscientes dos perigos do consumo de calquer tipo de droga, incluído o alcohol e o tabaco, prevenir o seu consumo e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/as adolescentes.

Charlas de orientación da Universidade de Vigo 2º Bacharelato

O pasado 30 de novembro tivo lugar unha sesión informativa da Universidade de Vigo sobre a ABAU e sobre os diferentes grados universitarios da UVigo.

Nunha primeira parte explicaron todo o relacionado coa ABAU e posibles novidadees e tamén informaron sobre as notas de corte e outras informacións sobre as carreiras universitarias impartidas nos tres campos vigueses. 

Esta sesión informativa completouse coa informacióin achegada o 20 de decembro dende a Universidade de Santiago de Compostela, na que estiveron presente tamén alumnado de 1º Bacharelato.

Todo isto forma parte do Programa de Orientación ao alumnado de Bacharelato para axudarlles na súa orientación académica, que se completou coa visita a feira de Edugal (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/729) e que se completará coas experiencias contadas por exalumnos sobre os diferentes grados e ciclos formativos de grado superior que están a estudar na actualidade, coas sesións informativas que se realizarán dende o Departamento de Orientación xa no 2º e 3º trimestre, etc.

Charlas sobre a prevención da violencia de xénero en Bacharelato

O luns 27 de novembro pola tarde tiveron lugar as charlas sobre a prevención da violencia de xénero, dentro do programa EnlazaVigo do Concello de Vigo, dirixidas neste caso ao alumnado de 1º de Bacharelato, onde debatiron sobre as causas e as medidas de prevención de esta enfermidade social.

Como as actividades que se puxeron en marcha co gallo do 25N estaban máis orientadas ao alumnado da ESO, non nos queríamos esquecer da importancia da sensibilización ao alumnado de Bacharelato.

Todo o IES contra a violencia de xénero!

Conmemoración do acto 25N no IES Coruxo

O pasado venres conmemoramos no IES Coruxo o 25N, Día internacional contra a violencia de xénero, nun acto durante o 1º recreo no que participaron de forma voluntaria alumnado e profesorado.

  

Ademáis, ao longo destes días alumnado de Educación Dixital e Dixitalización deseñaron carteis de sensibilización e alumnado de diferentes cursos aportaron ideas para o deseño de chapas. O deseño gañador serviu de modelo para facer as chapas que logo levaríamos, de forma voluntaria, o alumnado e profesorado do Instituto.

  

Tamén leváronse a cabo diferentes actividades de sensibilización como a creación do punto lila, obradoiros nas titorías, charlas de prevención da violencia de xénero... ademáis das actividades que se están a desenvolver no marco do Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

O IES Coruxo contra a violencia de xénero e todo tipo de violencias!

Informándose das FP dende as Galiciaskills 2023

O pasado xoves 26 de outubro alumnado de 4º ESO estivo presenciando os campionatos de FP Galiciaskills 2023 no Recinto Feiral de Silleda.

A través de 27 competicións relacionadas con outras tantas especialidades de FP (automoción, cociña, imaxe e son, téxtil, etc.), o alumnado pode facerse unha idea de cales son as saídas de diferentes ciclos formativos co obxecto de recibir unha información sobre as súas saídas profesionais.

A saída complementouse e complementarase cunha máis detallada información sobre os ciclos formativos achegada dende as titorías e dende o Departamento de Orientación.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-2023

 

 

DEBATE TELEVISADO a 9 (ou 7) na Biblio sobre o uso das TIC

Este mércores 11 de outubro un grupo de alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (organizados en dous grupos de 9 e 7 alumnos/as) trataron, a través dun ameno debate televisado na Biblioteca do Instituto, temas relativos o uso das TIC; en concreto debateron sobre o papel dos proxenitores nas RRSS, o sexting, as compras online ou os xogos online.

O alumnado mostrou unha extraordinaria capacidade de transmitir as súas opinións e razoamentos orixinais e moi ben argumentados, mantendo un diálogo ameno, crítico e construtivo e mostrando unha tremenda confianza de falar en público, máxime sabendo que o debate era televisado.

O noso alumnado foi expresamente felicitado polo grupo organizador do debate, que quedaron gratamente sorprendidos, destacando que “en Coruxo hai moito talento”.

Ademais de debater, o noso alumnado desfrutou dunha experiencia televisiva única,. sendo os principais e merecidos protagonistas dun moi entretido debate.  

Temos un enorme potencial no noso alumnado, ademais de amosar unha enorme calidade humana; o profesorado o sabemos e o noso reto é tratar de sacar o mellor deles mesmos.

Parabéns! Agardamos para vervos na tele!

La previa

Finalmente o día 29 de abril de 2024 sae televisado este debate co tema "O sextingno programa: "Conectad@s en familia" . 

Pódese ver o programa completo a través da plataforma: agalega.gal. 

Aquí tedes o link:

https://agalega.gal/videos/detail/139997-sexting-29-04-2024

"Orientándose" en Edugal en Pontevedra

Conscientes da importancia de orientar ao noso alumnado de 2º Bacharelato, hoxe 5 de outubro visitaron en Pontevedra "Edugal" (https://www.edugal.es/), o salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Ademáis de coñecer de primeira man todos os grados universitarios ofertados polas Universidades próximas tamén puideron informarse, a través de actividades lúdicas, sobre a oferta formativa de ciclos formativos de grado superior de centros educativos da zona, ademáis de outra formación de estudos superiores.

Stand Edugal FP 2 Stands Uvigo

Logo da informarse sobre a oferta formativa e (agardemos) ter un pouco mais claro o seu futuro profesional, achegáronse a unha visita guiada ó Museo de Pontevedra, sumerxíndose na súa rica colección de arte galaica.

Museo Pontevedra 1

 

Solicitude de admisión a Ciclos Formativos 2023/2024

Para solicitar praza nun ciclo formativo existen dúas fases: a de admisión e a de matriculación. Todo isto realizarase desde a seguinte páxina web:

 https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2022-2023

Nesa web está dispoñible toda a información, incluído o calendario de admisión-matriculación. Son 2 fases: A primeira delas é a solicitude de admisión a ciclos e esta fase comezou o pasado 23 de xuño e remata o 5 de xullo ás 13 horas. Para elo hai que encher un formulario a través de Internet: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ onde pedirán datos persoais, ciclos que se queiran cursar por orde de prioridade, etc. Unha vez cubertos os datos do formulario hai que darlle a "terminar e confirmar" para que se xere un documento pdf que será necesario gardar. A explicación completa a podedes atopar no seguinte vídeo explicativo:

Cabe a posibilidade de que sexa necesario presentar o documento xerado; neste caso habería que imprimir dúas copias do pdf xunto coa documentación que se solicite (esto o indican no pdf) e presentar todo nun Instituto que teña FP (IES Audiovisual de Bouzas, IES Politécnico...).

Unha vez feito todo o proceso de admisión hai que esperar a ver a lista provisoria de admitidos en cada ciclo (o día 10 de xullo, e en caso contrario reclamar) e despois se se confirma a admisión no ciclo que se quería (o 19 de xullo).

A segunda fase é a de matriculación: Unha vez publicada a lista de persoas admitidas a ciclos, o 19 de xullo, SO HAI CATRO DÍAS LECTIVOS para matricularse nesta primeira adxudicación (do 19 ao 24 de xullo). A matriculación realizarase no centro onde fose admitido, presencialmente. É recomendable chamar ao centro ou buscar na páxina web do mesmo se hai algunha información sobre a documentación necesaria para a matrícula (fotocopia do DNI, número de fotos...) 

Tedes máis información no apartado de ORIENTACIÓN da aula virtual do centro:

 

Departamento de Orientación

Programacións

Distribuir contido


by Dr. Radut