Skip to Content

Proxecta+

"Proxecta +" no IES Coruxo

 

O Instituto foi seleccionado en 5 Proxecta + da Consellería de Educación, é dicir, en 5 proxectos para tratar unha temática específica cunha parte do alumnado do Centro.

  • O Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade” consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo, no que se inclúen diversos tipos de actividade como edudinámicas, espectáculos teatrais, cartas de amor, exposicións itinerantes, etc. Partcipa o alumnado de 4º ESO e parte do alumnado do 3º ESO de Educación Ético Cívica
  • O Proxecta + “Apuntámonos a non beber” consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas en persoas menores de idade. Participa, neste caso o alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO. Ao final, en cada aula elaborarán un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas, en soporte audiovisual ou en cartel ou slogan publicitario.
  • O Proxecta + “Galicons.net” consiste en realizar un proxecto de innovación educativa en consumo responsable sobre consumo e xénero. linguaxe publicitario, comercio electrónico, servizos financeiros ou etiquetado dos bens e produto. Tamén está previsto a participación nun  obradoiro sobre a temática elixida na Escola Galega de Consumo en Santiago de Compostela,. Participa o alumnado de Cultura Financeira de 3º ESO.
  • O Proxecta + “Donas de Sí” denominado “El@s contan” consiste en desenvolver un proxecto orientado á visibilizar a labor das mulleres en diferentes campos (artístico-musical, literario-xornalístico, científico e histórico). Neste sentido e na materia de Proxecto Competencial de 3º ESO e na titoría dun 4º ESO, o alumnado debe elaborar un proxecto que consistirá nun cómic dixital, infografías, exposición dos traballos na biblioteca e/ou salón de actos; un blog ; visualización do traballo na páxina web do centro ou exposición do seu traballo a alumnado doutros cursos.
  • O Proxecta + “Proxecto de innovación en dinamización lingüística” onde se levarán a cabo actividades conxuntas entre o IES Coruxo e do CEIP Ría de Vigo e traballar xuntos a interdisciplinariedade, a cultura galega e a temática local (neste caso relacionadas coa música e poesía na Vila Romana de Toralla) e a procura de proxectos de aprendizaxe-servizo que tivesen unha repercusión no barrio e os seus habitantes. O proxecto vai destinado ao alumnado de 3º ESO e do CEIP Ria de Vigo

Nesta sección se irán subindo as novas mais salientables das actividades realizadas nestes proxectos.

Técnicas para facer un anunciuo contrapublicitario. Proxecta + “Apuntámonos a non beber”

Durante o pasado mes de febreiro e marzo e, dentro da materia de Proxecto Competencial, profesionais do ámbito sanitario acudiron ó noso Instituto para mostrar ó noso alumnado algunhas técnicas sobre cómo facer un anuncio contrapublicitario relacionado coas bebidas enerxéticas e o alcohol; en qué cousas deberíamos fixarnos, qué cousas debemos destacar, etc.

O fin é que cada aula participante elabore un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en soporte audiovisual ou en cartel ou slogan publicitario.

  

Este Obradoiro ven precedido por outro que tivo lugar no mes de novembro e que consistiu nunhas charlas de sensibilización sobre adicións ao alcohol e bebidas enerxéticas.

O Proxecta + "Apuntámonos a non beber" é un programa da Consellería sobre a prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas e busca, con isto, promover no alumnado a necesidade de ter hábitos máis saudables.

 

Obradoiro para a prevención da violencia de xénero na mocidade

O pasado luns 11 de marzo pola tarde alumnado de 4º ESO pudo participar nun obradoiro sobre a prevención da violencia de xénero na mocidade.

O obradoiro, levado a cabo por unha terapeuta ocupacional, desenvolveuse na súa aula a través de diferentes actividades que supuxeron a utilización de diferentes ferramentas que axudaron a identificar e recoñecer por eles mesmos situación de violencia de xénero que se poden dar na mocidade, actuando na prevención da mesma.

  

  

Esta actividade forma parte do Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”, que é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

 

"Expressarte: 15 visións a prol da igualdade"

Durante as últimas semanas de febreiro e primeira de marzo tivemos a oportunidade de desfrutar no salón de actos dunha exposición sobre obras realizadas por 15 mulleres vítimas da violencia de xénero, versionando dende unha perspectiva de xénero outras tantas obras recoñecidas na historia como "La maja vestida" de Goya ou "La Gioconda" de Leonardo da Vinci.

Aproveitando esta exposición, alumnado de diferentes materias fixeron en diferentes materias traballos relacionados coa perspectiva de xénero.

  

A exposición "Expressarte: 15 visións a prol da igualdade" forma parte do Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”, que é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Sensibilizar sobre o acoso e a igualdade a través do teatro: “Mozas nas redes”

Novas formas de sensibilizar sobre a igualdade e o acoso: teatralizando esceas que poden suceder nas redes sociais…

O pasado mércores 28 de febreiro alumnado de 4º ESO tivo a sorte de poder presenciar unha magnífica obra de teatro, “Mozas nas redes”, protagonizada pola actriz Estíbalez Veiga no noso salón de actos.

Cunha magnífica posta en escea e baseada no tema do acoso en redes sociais, a actriz interpreta situacións de acoso de catro mozas adolescentes de diferente condición social, e como foron estas interceptadas por distintos acosadores en coñecidas redes sociais.

Unha sucesión de episodios onde a actriz muda de personaxe, facendo a trama de cada unha das acosadas e que acompaña con cartaces divulgando palabras claves que debemos rexeitar ou engadir nas nosas comunicacións online.

  

  

Con esta marabillosa obra sobre o acoso tratamos de sensibilizar ó noso alumnado na igualdade a través de actividades que van máis aló dunha simple charla, e que fan reflexionar sobre un tema  moi importante que podería afectar ó noso alumnado: o grooming nas redes sociais.

O Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade” é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

 

Obradoiro sobre novas formas de escravitude. Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

O alumnado de 3º ESO estivo reflexionando o pasado luns 19 de febreiro sobre novas formas de escravitude no século XXI e, en particular, sobre a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, que supón outra forma de violencia de xénero.

Neste sentido e a través dunha serie de dinámicas (como, por exemplo, a dinámica do semáforo, no que o alumnado en base os seus coñecementos ubicábase en asuntos relacionados coa explotación e escravitude na actualidade) introduciuse o tema da trata de seres humanos con fins de explotación sexual e reflexionouse sobre como esto supón outra forma de violencia de xénero.

  

O Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade” é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Debate aberto sobre o sexismo na publicidade. Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

O pasado mércores 31 de xaneiro tivo lugar o obradoiro sobre o coñecemento e prevención de formas de violencia e sexismo na publicidade, dirixido ao alumnado de 4º ESO A través deste obradoiro, o alumnado pudo debatir sobre o sexismo e as novas formas de violencia de xénero na publicidade, nos medios audiovisuais e nas redes sociais.

   

As posturas antagónicas entre o propio alumnado fixeron posible abrir unha reflexión aberta sobre este tema.

O Proxecta + ““Por 365 días de respecto e igualdade” é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Prevendo a violencia de xénero en internet. Proxecta + "Por 365 días de respecto e igualdade"

O pasado día 15 de xaneiro levose a cabo un obradoiro sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", destinado neste caso ao alumnado de 3º ESO A e PDC

Ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión...estos temas son os que se trataron para a comprensión e a prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital

    

O Proxecta + ““Por 365 días de respecto e igualdade” é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Primeira fase do Proxecta + “Apuntámonos a non beber”

Durante o pasado mes de novembro púxose en marcha co alumnado de 1º ESO a primeira fase do Proxecta + “Apuntámonos a non beber”, que consistiu nun  Obradoiro de sensibilización sobre adicións ao alcohol e bebidas enerxéticas.

  

Esta primeira fase formativa é a fase preparatoria para que o alumnado deseñe, nos vindeiros trimestres, unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas, en soporte audiovisual ou en cartel ou slogan publicitario, no que contarán co apoio de expertos na materia.

O obxectivo é que co deseño destas actuación o propio alumnado de 1º ESO sexa consciente e sensibilice ao resto do alumnado do Centro sobre os perigos do alcohol e mesmo do consumo masivo de bebidas enerxéticas, e concienciar ao alumnado da necesidade de ter hábitos máis saudables.

Educadinámicas de xénero. Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

O pasado xoves 30 de novembro, o alumnado de Valores Éticos de 3º ESO C participaron nas Xénero Educadinámicas dentro do Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

   

A actividade consistiu no desenvolvemento de dinámicas lúdicas nas que se pretende conseguir visibilizar a desigualdade a través de xogos e asignación de roles, dunha forma lúdica e que invita a reflexión grupal sempre contando co protagonismo do alumnado.

O Proxecta + ““Por 365 días de respecto e igualdade” é un proxecto da Consellería de Educación no que foi seleccionado o Centro e que consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

 

Conmemoración do acto 25N no IES Coruxo

O pasado venres conmemoramos no IES Coruxo o 25N, Día internacional contra a violencia de xénero, nun acto durante o 1º recreo no que participaron de forma voluntaria alumnado e profesorado.

  

Ademáis, ao longo destes días alumnado de Educación Dixital e Dixitalización deseñaron carteis de sensibilización e alumnado de diferentes cursos aportaron ideas para o deseño de chapas. O deseño gañador serviu de modelo para facer as chapas que logo levaríamos, de forma voluntaria, o alumnado e profesorado do Instituto.

  

Tamén leváronse a cabo diferentes actividades de sensibilización como a creación do punto lila, obradoiros nas titorías, charlas de prevención da violencia de xénero... ademáis das actividades que se están a desenvolver no marco do Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade”

O IES Coruxo contra a violencia de xénero e todo tipo de violencias!

Distribuir contido


by Dr. Radut