Skip to Content

Novas

Novas

Convocatoria do "Fondo de Libros" e "Axudas de Material" para o curso 2024/2025

No DOG do luns 20 de maio publicouse a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. Hai 2 tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – Todo o alumnado de ESO:

Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

Esgotados os libros disponibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto que sexan necesarios para garantir:

- Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.

- De 6.000 € até 10.000 € de renda per cápita: catro libros de texto.

2.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR – Todo o alumnado de ESO

Sempre que non se superen os 6.000 € de renda per cápita, vale por 75 €. No caso de que a renda per cápita se encontre entre 6.000 e 10.000 euros o vale será de 60 €.

SOLICITUDES:

As solicitudes en papel, entregaranse na secretaría do centro, xunto coa documentación correspondente (fotocopia do libro de familia ou certificado de conviencia). O prazo para presentar a solicitude remata o venres 21 de xuño. O impreso pode obterse na Secretaría do centro ou  pódese descargar e cubrir no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231121791 ou telemáticamente na web do programa https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ Cubrirase unha soa solicitude por alumno/a e, se hai varios  membros da unidade familiar  no mesmo centro, tamén cubrirán un só impreso.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS 2023/2024:

Os libros do curso actual 2023-24, adquiridos con axudas, devolveranse no centro antes do día da entrega de notas. Tamén se agradece a todo aquel alumnado que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega á ANPA do centro para incrementar o Fondo Solidario.

ENTREGA DE LIBROS 2024/2025 na ESO:

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo a partir do inicio do curso no mes de setembro. A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios do centro o día 12 de xullo de 2024. Poderase formular reclamación contra a mesma durante o prazo dos 2 días seguintes. A relación definitiva publicarase polo medio anteriormente mencionado o 26 de xullo.

Escola de Familias: Benestar emocional nos fogares

Continuamos coas sesións formativas da Escola de Familias do IES Coruxo. O próximo luns 13 de maio terá lugar a segunda sesión, neste caso relacionada co benestar emocional. O obxectivo da charla é ter estratexias para afrontar os problemas de benestar emocional dende os fogares. A sesión está programada para ás 18:30 na Biblioteca do IES Coruxo.

Esta actividade está financiada polo CFR de Vigo e conta coa colaboración da ANPA do noso IES. Animamos a todas as familias a participar.

Adxuntamos cartaz:

Campamentos de verán 2024

Ata o 30 de abril de 2024 podedes solicitar os campamentos de verán da Xunta de Galicia. Toda a información no seguinte enlace:

 Convocatoria no DOG do 16 de abril de 2024

Programa "Vigo en Inglés 2024"

Bases convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2024" dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO LUNS 8 ATA O VENRES 19 DE ABRIL, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE, E O FORMULARIO DE SOLICITUDE XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA DEBERÁ PRESENTARSE NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE VIGO (VÍA TELEMÁTICA OU PRESENCIAL).

Achégase Políptico e Cartel divulgativo do programa "Vigo en Inglés 2024" e comunicamos que toda a información actualizada sobre o asunto de referencia (bases, formulario de solicitude...) atoparase na web:

https://www.vigoeningles.org

Xa se poden recoller os títulos correspondentes ao ano 2022

Xa están dispoñibles na Secretaría do centro, para a súa retirada, todos os títulos solicitados no ano 2022 e en anos anteriores.

A persoa interesada pode pasar a retirar o seu título provista do D.N.I. No caso de que non poida facelo persoalmente, pode autorizar a outra persoa, que deberá traer:

  • un escrito de autorización, (como pode ser este modelo) onde debe figurar o nome e apelidos da persoa autorizada xunto co seu número de D.N.I. e deberá presentarse, obrigatoriamente, asinada pola persoa que autoriza.
  • unha fotocopia do D.N.I. da persoa que autoriza a retirar o seu título.
  • o  D.N.I. da persoa autorizada.

O horario de atención da Secretaría deste centro é de Luns a Venres de 08:30 a 14 horas.

NOTA ACLARATORIA: Os títulos recóllense no centro onde se remataron os estudos correspondentes.

Probas de Acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 2024

Convocatoria das Probas de Aptitude Física para o acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física para o curso académico 2024-2025 na Universidade de Vigo e A Coruña:

11ª Convocatoria de Bolsas Eurolingua

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto. No caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA

Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.

  • Para comprobar requisitos pica aquí.
  • Se non cumpres requisitos pica aquí.

Avaliación de diagnóstico 2023/2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.


Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:


https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Becas xerais do MEFP para o curso 2024-25

Dende o 19 de marzo e ata o próximo 10 de maio podedes solicitar as becas e axudas de estudos de niveis postboligatorios do Ministerio de Educación y Formación Profesional.

ENLACE: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html e premer en "acceso a la tramitación a la sede electrónica"

Están destinadas a aquel alumnado que ten intención de facer o próximo curso Bacharaleto, Formación Profesional de Grado Medio, de Grado Superior ou Formación Profesional Básica, entre outros estudos postobligatorios.

Hai que pedilas antes do 10 de maio, independentemente de que non saiban todavía que tipo de estudos que van cursar o ano que ven. En Orientación ou Vicedirección podemos resolver algunhas das dúbidas que poidan surxir.

O cadro resumo...

E a orientadora preparou un genially informativo que está moi ben...https://view.genial.ly/623cb65f3e2de80011d346cd/interactive-image-becas-mefp

Calquera dúbida en Orientación ou Vicedirección.

Xa temos instalado o noso "Punto Laranxa"

Xa tedes acceso ao noso "Punto Laranxa" nesta páxina web. Esta medida forma parte do Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar publicado recentemente pola Consellería de Educación como unha actualización do protocolo educativo relativo ao acoso escolar.

Tanto se formas parte do alumnado, do profesorado ou das familias do centro e tés algún problema, sufres acoso ou sabes de alguén que o esté a pasar mal por este tema, non o cales!!!!!

Podes facelo de xeito físico escribindo unha nota e depositándoa no buzón ou no Punto Laranxa da nosa web, os teus datos serán tratados con total confidencialidade e tamén pode facerse de forma anónima.

Non quedes calado, escoitámoste!

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

Finalizado o proceso de reserva para o alumnado dos centros adscritos (todo o alumnado dos centros adscritos con solicitude de reserva para 1º de ESO foi admitido), ábrese o prazo do procedemento de admisión entre o 1 e o 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

O alumnado procedente doutros centros presentará unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Dita solicitude poderá presentarse:

  • De xeito telemático a través da aplicación admisionalumnadono menú: 2. Solicitudes – 2.2 Admisión – 2.2.2 Crear


  • Na secretaría do centro, en horario de 08:30 a 14:00 horas, entre os días 1 e 20 de marzo. Para axilizar os trámites, poden descargar o documento Admisión e traelo xa cuberto.

 

LISTADO DE VACANTES PARA O CURSO 2024-25:

CURSO VACANTES
1º ESO  2
2º ESO  1
3º ESO  0
4º ESO  6
1º Bac. Ciencias e Tecnoloxía  0
1º Bac. Humanidades e CCSS  0
2º Bac. Ciencias e Tecnoloxía  0
2º Bac. Humanidaes e CCSS  0

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO, PRAZOS DE SOLICITUDE E RESOLUCIÓN: Prema AQUÍ

 

LEXISLACIÓN QUE REGULA A ADMISIÓN: Prema AQUÍ

  • Decreto 13/2022, polo que se regula a admisión do alumnado.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado.
  • Instrucións da DXCRH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión para o curso académico 2024-25.

Xornadas de portas abertas no IES Coruxo: martes 30 de xaneiro

O próximo martes 30 de xaneiro terá lugar no IES Coruxo as xornadas de portas abertas dirixidas a todas as nais e pais que desexen coñecer o noso Instituto.

Faremos unha visita guiada polas nosas instalacións explicando ó mesmo tempo os nosos plans, programas e demais cousas de interese.

As xornadas terán lugar nos seguintes horarios:

  • Ás 18:00 horas. Nais e pais de alumnado do CEIP A Paz-Tintureira, CEIP Plurilingüe Ría de Vigo e CEIP Párroco Don Camilo
  • Ás 19:30 horas. Nais e pais de alumnado do CEIP Plurilingüe Carrasqueira e familias de outros centros non adscritos que estaremos encantados de recibiros.

O lugar de encontró será, tanto ás 18:00 horas como ás 19:30, no salón de actos do Instituto, xusto diante da entrada.

Agradámosvos!

Torneo de fútbol sala

A continuación podedes consultar as NORMAS e BASES do Torneo de fútbol sala organizado por Santiago Esperón Chamadoira e Nicolás Quintana Rodríguez, alumnos de 4º ESO.

Felicitación de Nadal

Dende o IES Coruxo queremos felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa con esta postal navideña deseñada pola alumna de 1º de Bacharelato Irene López Castellanos:

 

Ademáis, o alumnado de Expresión corporal de 2º ESO estivo preparando un Flasmob para felicitarnos o Nadal

Pulsar aquí para velo

Revisión e entrega das obras realizadas no centro

No día de hoxe, tivemos a honra de recibir as seguintes autoridades no noso centro:

Delegada Territorial da Xunta en Vigo: Ana Ortiz Álvarez

Xefe Territorial de Educación: César Pérez Ares

Inspectora de Educación: Estela Iglesias Cortés

Arquitecta Xefa: Rosa Soñora Luna

Así como tamén diferentes medios de comunicación, prensa e a RTVG. O motivo da súa visita foi revisar as instalacións do IES Coruxo, no que se levaron a cabo nos últimos meses diversas melloras cunha inversión duns 380.000 euros, tendo como principal obxectivo a remodelación da cuberta central do edificio e a reparación dalgúns danos causados polos temporais do curso pasado. Desde aquí queremos darlle as grazas a todos eles pola súa visita.

Máis info:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/85077/xunta-invierte-cerca-380-000-euros-cubierta-reforma-las-instalaciones-del-ies

https://vigohoy.es/la-xunta-invierte-cerca-de-380-000-euros-en-la-cubierta-y-reforma-de-las-instalaciones-del-ies-coruxo/

Distribuir contido


by Dr. Radut