Skip to Content

Economía

Gañadores na fase autonómica de Consumópolis

Un grupo de alumnado de terceiro curso da ESO capitaneado polo profesor de economía: Felipe Rodríguez Hermida, gañou o primeiro premio da súa categoría no certame Consumópolis, organizado polas Consellerías de Economía e de Educación e que lles permitirá competir a nivel nacional. 

O grupo está formado por alumnado de 3ºC e de esquerda a dereita son: Hugo Alonso Casás, Jesús Godoy Fernández, Alis Docampo Lago, Santiago Carvajal Suárez e Iker Benavides Domínguez.   

Os 5 alumnos superaron unha primeira fase na que tiñan que contestar preguntas relacionadas co consumo responsable e os perigos de internet, nunha "cidade virtual" na que tiveron que superar 10 probas aprendendo sobre un consumo máis responsable, crítico, consciente e sustentable, así como os seus dereitos como potenciais persoas consumidoras

A segunda parte do concurso consistiu en realizar un vídeo, un traballo en equipo no que escolleron o "phising" e a suplantación da identidade na rede internet. O vídeo explicaba en qué consistía este fenómeno e qué facer nestes casos. O traballo levouse a cabo dentro da materia de Proxecto Competencial, na que teñen que desenvolver competencias dixitais, competencias lingüísticas e de expresión oral, sociais e cívicas, entre outras.

No momento de recoller o premio, de mans do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez, os estudantes comentaron que botaran de menos mais preguntas de educación financeira, como as criptomoedas ou os investimentos sostibles.

O certame ten como finalidade potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino, así como motivar un traballo activo e colaborativo do alumnado. Nesta décimo oitava edición de Consumópolis, organizada baixo o lema "Na internet, cres todo o que ves?", participaron uns 1500 alumnos e alumnas de toda Galicia.

Establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros. O IES Coruxo foi o primeiro premiado na categoría de 3º e 4º de ESO e FP básica, o segundo lugar foi para o CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña e o terceiro premio recaeu no IES Plurilingüe Fontexería de Muros. En breve poderanse ver os traballos gañadores na seguinte páxina web:

Programación curso 22-23

Economía

 

 

 

 

Programación departamento de Economía 21-22

Distribuir contido


by Dr. Radut