Semana do libro

Para celebrar a semana do libro no centro, os nenos e nenas contaron un contos, para visualizalos, preme no seguinte link:

Semana do libro

Día Internacional das Familias

Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía ponse a disposición das familias a GUÍA PARA FAMILIAS, coa que obter información básica sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia, favorecendo así a labor preventiva da familia como principal axente de socialización.

Para acceder a dita GUÍA podes clicar no seguinte enlace:

https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2021/2022

2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2021/2022.

Solicitude de admisión de alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez.

Este suposto é para o alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos reflectidos na fase anterior.

Prazo do 1 ao 22 de marzo.

·      Vacantes ofertadas polo CPI Plurilingüe Santa Lucía para o curso 2021/22.

·      Enlace á aplicación AdmisiónAlumnado onde se recolle toda a información necesaria para solicitar a admisión no Centro.

Para máis información e para recoller os impresos de admisión pódense dirixir á Secretaría do CPI Plurilingüe Santa Lucía en horario de atención ó público de 9:45 – 12:00 horas ou de 13:30 - 14:00 horas.

  • Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2021/2022, publicada o 06/04/2021 no taboleiro de anuncios do CPI Plurilingüe Santa Lucía. Poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  • Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2021/2022, publicada o 14/05/2021 no taboleiro de anuncios do CPI Plurilingüe Santa Lucía.

 

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2021/2022

Este proceso desenvólvese en 4 fases:

  • 1ªFASE:

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2021/2022.

Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito,  no noso caso abrangue os seguinte centros:

a. Escola de educación infantil de Amil

b. Escola de educación infantil San Lourenzo de Moraña (Espedregueira)

c. Escola de educación infantil de Lamas (Souto)

Prazo do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Para máis información preme aquí.

  • Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Publicada o 22/02/2021 no centro educativo.

Bolos para a paz

Traballo realizado polo alumnado do CPI Plurilingüe Santa Lucía para o Día da Paz.

 

Mandatos do Entroido

Benvidos Entroido!

 

Comezamos a semana máis divertida do ano, a semana do Entroido!

Como queremos pasalo xenial dende o primeiro día, lembrade o que nos di BOTI para animarnos a disfrutar!

Aquí tendes o último mandato de BOTICPI3MO:

                      

                              

INTRUCIÓNS PAGAMENTO TAXAS COMEDOR ESCOLAR A TRAVÉS DE ABALARMÓBIL.

Estimadas familias:

Informámosvos de que as familias responsables do alumnado usuario de comedor que ten a obriga de aboar parcial ou totalmente este servizo podedes efectuar o pagamento telemático da taxa a través da aplicación AbalarMóbil.

Ao realizar o pagamento deste xeito, non necesitades desprazarvos á entidade bancaria, nin presentar no centro o impreso xustificativo, xa que a secretaría do colexio recibe a comunicación inmediata de que a taxa foi aboada. 

Podedes consultar as instrucións neste enlace.

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet