MENÚS 2º TRIMESTRE

12/20/2023 09:41
Etc/GMT

MENÚS 2º TRIMESTRE

 

Menú Xaneiro 2024

Menú Febreiro 2024

Menú Marzo 2024

APRESADAS

                                         APRESADAS

ESCOLA DE FAMILIAS

11/17/2023 16:31
Etc/GMT

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo luns 4 de decembro levarase a cabo a 1ª sesión da Escola de Familias do CPI Plurilingüe Santa Lucía.

Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas.Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional.

A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas adictivas e en Terapia familiar sistémica.

Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.

Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia ao correo electróni e teléfono  do centro escolar.

cpi.santa.lucia@edu.xunta.gal

Teléfono:886159528

AGARDÁMOSVOS!!! A vosa presenza é moi importante.

O LUNS 4 DE DECEMBRO ÁS 18:30 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA


Organiza: CPI Plurilingüe Santa Lucía e o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Moraña.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

10/02/2023 14:11
Etc/GMT

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

 

Calendario escolar (pincha aqui)

MENÚS 1º TRIMESTRE

09/08/2023 11:15
Etc/GMT

MENÚS 1º TRIMESTRE

Menús 1º trimestre

INFORMACIÓN INICIO CURSO

 

Premendo nos seguintes enlaces, atoparedes información sobre o inicio de curso:

 

Circular Educación Infantil e Primaria

Circular Educación Secundaria

Circular Servizo Comedor

 

Ademais, para máis información, realizaranse reunións cas familias nas seguintes datas:

 

- 4 anos, 5 anos e aula mixta de Educación Infantil: XOVES 7 de SETEMBRO ás 16:30 no edificio de Infantil.

3 anos: VENRES 8 de SETEMBRO ás 12:00 no edificio de Infantil.

- 1º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria: LUNS 18 de SETEMBRO ás 16:30 no salón de actos.

 

 

INICIO DAS CLASES CURSO 2023/2024

09/04/2023 12:34
Etc/GMT

INICIO CURSO 2023/2024

AS CLASES COMENZAN O PRÓXIMO LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023

TODOS OS CURSO COMENZARÁN ÁS 9:30 *

*menos o curso de 3 anos que ten indicacións específicas.

Listas de material escolar

 

No seguinte enlace atoparedes as listas de material escolar de Educación Primaria para o curso 2023-2024:

 

Listas material escolar Primaria

 

* EN SETEMBRO PODERASE PEDIR MATERIAL NON ESPECIFICADO NESTAS LISTAS.

* SE FOSE NECESARIO OUTRO TIPO DE MATERIAL, SEGUNDO A MATERIA OU ACTIVIDADE, PEDIRASE AO LONGO DO CURSO.

* PODERASE APROVEITAR TODO O MATERIAL DO CURSO PASADO.

 

 

RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende mañán 13 de xullo ata martes 18 de xullo, farase entrega dos vales para a adquisición de libros de texto en 1º e 2º de Primaria e dos vales para compra de material escolar para Primaria e ESO, en horario de 10:00 a 13:00.

 

  • Vales para adquisición de libros en 1º e 2º de Primaria
  • Vales para compra de material escolar para Primaria e ESO

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

Dende mañán, xoves 14 de xullo, estará publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva fondolibros. Tamén poderá ser consultada por vía electrónica no seu expediente a través da aplicación fondollibros.

Powered by Drupal - Design by artinet