FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas

FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas

FONDO LIBROS 

  •     3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria
  •     1º, 2º, 3º e 4º de ESO

 

Data publicación das listaxes definitivas Ed. primaria: 14 de xullo de 2017          

Listaxe  definitiva de admitidos Educación primaria.

Listaxe definitiva de excluídos Educación primaria.

Data publicación das listaxes definitivas  Ed. secundaria: 15 de setembro de 2017

Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.

FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais

FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais

FONDO LIBROS 

  •     3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria
  •     1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Data publicación das listaxes provisionais: 10 de xullo de 2017

Listaxe  provisional de admitidos Educación primaria 

Listaxe provisional de excluídos Educación primaria.

Listaxe  provisional de admitidos ESO.

Listaxe provisional de excluídos ESO.

 

Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a, para saber os libros das materias que se lle asigna a cada alumno/a é necesario esperar as listaxes definitivas.

Reclamación  á publicación da listaxe provisional: 11 e 12 de xullo de 2017.

  • Datas de publicación das listaxes definitivas:
    • De EP (3º, 4º, 5º e 6º): o 14 de xullo de 2017.
    • De ESO (1º, 2º, 3º e 4º): o 15 de setembro de 2017.

Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

DATAS PARA  A RECOLLIDA DE VALES

  • VALES   PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO  (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)
  • VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL    ESCOLAR  (EDUCACIÓN PRIMARIA E ED. SECUNDARIA)

DATAS DE RECOLLIDA    

Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida, en función do 1º apelido do alumno/a,  dos vales de axuda para libros e para material escolar. As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer nos seguintes días.

Letra de comezo do 1º apelido do alumno/a                            Data recollida

·     Da letra A á F--------------------------------- luns, 10 de xullo de 2017

·     Da letra G á O-------------------------------- martes, 11 de xullo de 2017

·     Da letra P á Z--------------------------------- mércores, 12 de xullo de 2017

·     Todos os que non viñeron os días anteriores---  xoves, 13 de xullo de 2017

Os alumnos/as da ESO con materias pendentes  recollerán os vales en setembro.

HORARIO: DE 10:00 horas -13.30 horas

Recoller os pais ou titor/a legal ou persoa autorizada.

A persoa autorizada debera presentar o formulario de autorización, fotocopia DNI do pai/nai/titor/a legal e DNI orixinal  do autorizado/a.

O formulario de autorización pode recollerse no centro ou descargarse na páxina web.

Descarga formulario de autorización

Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017-2018.

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017-2018, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2017.

Durante o curso escolar 2017-2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Moraña, 3 de xullo de 2017

A dirección

 

Solicitude para presentarse como colaborador/a

Documentación a achegar

 

Disque TV - HFC Alberto Núñez Feijóo

Chegou o día, en exclusiva para o noso canle, dende o Parlamento de Galicia para todos vós.  Hoxe Falamos Con... ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, Presidente da Xunta de Galicia.

Tivemos a sorte de que o presidente nos concedera uns 45 minutos do seu tempo. A entrevista é a máis longa que fixemos e decidimos facer dúas versións. Unha completa con todo o que lle preguntamos e co que respostou e outra moito máis resumida.

 

Esperamos que vos guste. Nós temos que dar as grazas ao Presidente da Xunta e a Marta Varela pola súa amabilidade e sobre todo por todas as facilidades que puxeron para que puidéramos facer este proxecto realidade.

Guardar

SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O ANO 2017/2018

     O vindeiro venres 23 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2017/2018 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.

     O alumnado que no curso 2017/2018 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.

     O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet