Observa_Accion

Programa Observa_Acción

                                              

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Observa_Acción. Fase Intercentros.

 

Na segunda fase deste programa, cada centro tiña asignado outro centro da comunidade autónoma de Galicia para intercambiar boas prácticas docentes compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente. 

O noso centro compartiu dúas xornadas co CEIP Mestre Martínez Mateo; na primeira xornada visitamos ao seu centro e na 2ª, visitaron o noso.

A continuación atoparedes un enlace a memoria desta fase así como un enlace ao Podcast gravado polo profesorado dos dous centros que realizaron as observacións comentando as súas impresións.

 

Memoria 2ª fase.

Podcast.

Observa_Acción. Fase Intracentros

 

A primeira fase deste programa realízase entre docentes do mesmo centro educativo.

Consiste na observación da práctica docente e xestión da aula, así como no  intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente.

 

As nosas experiencias 

As nosas reflexións

Powered by Drupal - Design by artinet