Novas nais/pais

Programacións didácticas

 

No seguinte enlace podedes atopar as programacións didácticas deste curso:

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

ESCOLA DE FAMILIAS

05/09/2024 08:40
Etc/GMT

ESCOLA DE FAMILIAS

 CHARLA "ADOLESCENCIA E SAÚDE MENTAL"

24 DE MAIO ÁS 20:00 MULTIUSOS DE MORAÑA

 

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES DA ESO. 3ª AVALIACIÓN

04/29/2024 06:53
Etc/GMT

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES DA ESO. 3ª AVALIACIÓN

Calendario. Pinchar aquí

Avaliación de diagnóstico

 

 

A continuación podedes atopar os enlaces aos cuestionarios de contexto.

 

4º EP:     https://enquisas.edu.xunta.gal/649647

 

2º ESO:   https://enquisas.edu.xunta.gal/272794

 

Admisión alumnado

 

Publicadas as listaxes difinitivas do alumnado admitido e non admitido.

 

Poderán consultar as listaxes:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

  • Telematicamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

Lembrámoslle que o PRAZO para FORMALIZAR MATRÍCULA será:

- Para o alumnado EI e EP: do 20 ao 30 de xuño de 2024.

- Para o alumnado ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.

MENÚS 3º TRIMESTRE

03/20/2024 09:55
Etc/GMT

MENÚS COMEDOR ESCOLAR 3º TRIMESTRE

-Menú abril

-Menú maio

-Menú xuño

 

Os menús poderán ser modificados por necesidade do servizo

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2024-2025

02/29/2024 14:19
Etc/GMT

PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

INSTRUCCIÓNS: NOTA INFORMATIVA PARA FAMILIAS E ALUMNADO SOBRE O PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ALUMNADO PARA O CURSO 2O24-2025

DOCUMENTACIÓN: ANEXO II

DATAS: DO 1 AO 20 DE MARZO

LISTADOS PROVISIONAIS: 15 DE ABRIL

LISTADOS DEFINITIVOS: 15 DE MAIO

Sesión formativa en liña sobre seguridade e protección de datos persoais

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) impartirá o próximo martes, 23 de xaneiro, unha sesión formativa en liña sobre seguridade e protección de datos persoais.

Trátase dunha sesión formativa gratuíta dirixida a toda a comunidade educativa en xeral, dada a gran cantidade de datos persoais que se manexan, onde un mal uso dos mesmos ou un descoido pode provocar brechas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade.
 
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:

Máis información e o programa completo:

 

MENÚS 2º TRIMESTRE

12/20/2023 09:41
Etc/GMT

MENÚS 2º TRIMESTRE

 

Menú Xaneiro 2024

Menú Febreiro 2024

Menú Marzo 2024

ESCOLA DE FAMILIAS

11/17/2023 16:31
Etc/GMT

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo luns 4 de decembro levarase a cabo a 1ª sesión da Escola de Familias do CPI Plurilingüe Santa Lucía.

Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas.Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional.

A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas adictivas e en Terapia familiar sistémica.

Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.

Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia ao correo electróni e teléfono  do centro escolar.

cpi.santa.lucia@edu.xunta.gal

Teléfono:886159528

AGARDÁMOSVOS!!! A vosa presenza é moi importante.

O LUNS 4 DE DECEMBRO ÁS 18:30 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA


Organiza: CPI Plurilingüe Santa Lucía e o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Moraña.

Powered by Drupal - Design by artinet