Destinatarios:
Alumnado de nova incorporación ao centro.
Período de presentación de matrículas:
a. Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2022
b. E.S.O.: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022
Onde presentar a documentación?
Na secretaría do centro.
En que horario?
De 9.45 h a 12 h e de 13.30 a 14 h
Que documentación presentar? (Premer en cada documento para descargar).
1. Impreso de matrícula (AnexoIII_11 para Educación Infantil e Primaria e AnexoIII_21para Educación Secundaria).
2. Fotocopia de todas as páxinas do libro de familia _escritas a bolígrafo_. (Non é necesario entregar se xa se fixo na solicitude de admisión)
3. Fotocopia do DNI do/a alumno/a, do pai e da nai, ou titores legais. (Non é necesario entregar se xa se fixo na solicitude de admisión)
4. 2 fotografías tamaño carné.
5. Impreso de solicitude do servizo de transporte (de ser o caso):
a) Impreso de solicitude do servizo de transporte1
b) O alumnado que queira solicitar transporte escolar e non teña dereito, deberá cubrir o impreso como usuario excepcional1.
6. O alumnado que solicite comedor escolar deberá presentar:
a) Impreso de solicitude do servizo de comedor escolar1
b) Modelo de autodeclaración e especificación (publicarase cando estea dispoñible)
7. Autorización para a utilización da imaxe 1 do/a alumno/a.
8. Formulario de elección de lingua1(só para 4º de educación infantil)
9. Certificación académica do último curso realizado expedido polo centro de orixe (sempre que o alumno/a non se incorpore por primeira vez ao sistema educativo obrigatorio español)
10. Autorización para a recollida do alumnado:
a) Impreso para alumnado de E. Infantile 1º, 2º,3º e 4º de Ed. Primaria 1.
b) Impreso para alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e Ed. Secundaria 1.
11. Resgardo que xustifique o ter pagado o Seguro escolar (1,12€) no nº de contaAbanca ES372080 54336730 40100135 (só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)
12. Impreso de materias optativas (só para Educación Secundaria)1
Impreso1ºESO. Impreso 2º ESO. Impreso 3º ESO. Impreso 4ºESO
13. Sobre de matrícula2
14. O alumnado con enfermidade crónica que precise algún tipo de apoio no centro deberá solicitar e entregar debidamente cuberto o impreso do PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO1.
1Recóllese na secretaría do centro ou descárgase da páxina web do centro.
2Recóllese na secretaría do centro.
IMPORTANTE: Ao comezo de curso, é conveniente que todas as familias teñan descargada a aplicación AbalarMóbil nos seus terminais para a comunicación co equipo docente do alumnado.