Novas nais/pais

OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA

11/24/2021 11:36
Africa/Addis Ababa

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA.

Estimadas familias, convidámosvos a participar neste obradoiro que se realizará o martes 30 de novembro ás  18:00 horas por videoconferecia.

Está enfocado ás familias de Ed. Primaria (máis adiante farase outro para as familias de ESO)

No siguiente enlace tendes os detalles para poder participar.

Obradoiro novas tecnoloxías Primaria

Un saúdo

A dirección

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

11/08/2021 11:07
Africa/Addis Ababa

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Según o establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario de celebración de eleccións de membros dos consellos escolare de centros docentes sostidos con fondos públicos; convócanse eleccións ao consello escolar nos seguintes sectores:

-Representantes do profesorado

-Representantes do alumnado

-Representantes dos pais/nais/titores legais

-Representantes do PAS

Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores. Período de reclamación: do 8 ao 15 de novembro.

Prazo de presentación de candidaturas dos diferentes sectores: do 9 ao 16 de novembro.

En Moraña, 8 de novembro de 2021

A directora e Presidenta da Xunta Electoral

María Fernández Ferro

Horario do Club de Lectura

Estimadas familias,

A continuación presentámosvos o horario do Club de Lectura durante o curso 2021/2022.

                          

CLUB DE LECTURA

                                                             

REUNIÓN ANPA

09/28/2021 10:09
Africa/Addis Ababa

Asemblea ANPA o día 1 de outubro ás 19:30.

Para obter información preme no seguinte enlace.

 

Reunión actividades

Vales de material para o alumnado ESO

Estimadas familias:

Están a vosa disposición os vales de material para o alumnado da ESO.

Recolleranse en secretaría o venres día 17. Se algunha familia non puidera ese día, o luns día 20 poderán facelo.

 

Un saúdo.

A directora.

María Fernández

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19

 

Podedes consultar o Plan de Adaptación á situación Covid 19 para o curso 2021 / 2022 neste enlace.

CIRCULAR INFORMATIVA para as familias do alumnado de infantil e primaria

 

Estimadas familias do alumnado de infantil e primaria:

Coa seguinte circular informativa queremos trasladarvos información relativa a cuestións organizativas básicas. Podedes consultar a Circular informativa neste enlace.

Podedes consultar a Enquisa de autoavaliación clínica da COVID19 neste enlace.

*Nota acalaratoria: A enquisa deberá realizarse diariamente, pero non será necesario cubrila nin entregala no centro educativo.

Durante esta semana, o alumnado de infantil e primaria levarán a casa unha Declaración responsable. Unha vez asinada a Declaración por parte do pai/nai/titor legal, o alumno/a entregaralla ao titor. Declaración responsable.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Powered by Drupal - Design by artinet