Novas nais/pais

Semana do libro

Para celebrar a semana do libro no centro, os nenos e nenas contaron un contos, para visualizalos, preme no seguinte link:

Semana do libro

Día Internacional das Familias

Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía ponse a disposición das familias a GUÍA PARA FAMILIAS, coa que obter información básica sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia, favorecendo así a labor preventiva da familia como principal axente de socialización.

Para acceder a dita GUÍA podes clicar no seguinte enlace:

https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas

Reunión para as familias do alumnado de 6º de primaria

Este luns 3 de maio ás 17:00 terá lugar a vídeoconferencia para as familias do alumnado de 6º de primaria na que falaremos do paso de primaria a secundaria ademais doutros temas como os vídeoxogos, as rutinas de traballo, o comportamento...

Recomendamos a participación nesta charla das alumnas e os alumnos de 6º.

A continuación deixámosvos a información da reunión (podedes empregar o correo nonresponder@edu.xunta.gal para entrar na reunión):

 

Enlace da reunión: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.phpMTID=m7dab7d4c9a86e463abf50e7f79407aec

Número de reunión:121 583 8497

Contrasinal:1234

Día de Rosalía

Durante o mes de  febreiro, o alumnado do CPI Plurilingüe de Santa Lucía, traballou cos poemas da escritora Rosalía de Castro e aproveitando que en marzo, conmemórase o día mundial da poesía, deixámosvos esta pequena mostra dos seus recitados. 

Esperamos que vos guste!

 

Mandatos do Entroido

Benvidos Entroido!

 

Comezamos a semana máis divertida do ano, a semana do Entroido!

Como queremos pasalo xenial dende o primeiro día, lembrade o que nos di BOTI para animarnos a disfrutar!

Aquí tendes o último mandato de BOTICPI3MO:

                      

                              

REPARTO DE MÁSCARAS FACIAIS – ALUMNADO ESO.

Estimadas familias:

Con data do 13 de novembro foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".

Seguindo a Orde anterior, cada alumno/a do noso centro que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá tres máscaras faciais reutilizables, homologadas e certificadas ata 59 lavados. Podedes consultar o Certificado 12903 e o Certificado 19980 das máscaras adquiridas.

A partir do luns 11 de xaneiro repartiranse as máscaras correspondentes ao alumnado de ESO. As máscaras serán entregadas a un dos proxenitores, que poderán recollelas na Secretaría do centro en horario de 09.45h a 12.00h e de 13.30h a 14.00h. 

Nos vindeiros días avisaremos das datas de recollida das máscaras destinadas ao alumnado de primaria.

Un saúdo,

Silvia Padrón

Directora.

Escola de familias - Videoconferencia

Estimada comunidade educativa,

 

Hoxe ás 19 horas levaremos a cabo a videoconferencia sobre o manexo da aula virtual para familias, é dicir, educación a distancia ofrecida polo CFR de Pontevedra.

 

Enlace da videoconferencia (estará dispoñible a partir das 18:45 horas):

                 

                                VIDEOCHAMADA

 

*Lembrade: clicar "únanse desde el navegador",  poñer o voso nome e o enderezo electrónico (nonresponder@edu.xunta.gal) e premer "unirse a la reunión". 

Un saúdo.

 

Equipo TICs.

Powered by Drupal - Design by artinet