Novas nais/pais

ESCOLA DE FAMILIAS

11/17/2023 16:31
Etc/GMT

ESCOLA DE FAMILIAS

O próximo luns 4 de decembro levarase a cabo a 1ª sesión da Escola de Familias do CPI Plurilingüe Santa Lucía.

Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas.Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional.

A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas adictivas e en Terapia familiar sistémica.

Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.

Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia ao correo electróni e teléfono  do centro escolar.

cpi.santa.lucia@edu.xunta.gal

Teléfono:886159528

AGARDÁMOSVOS!!! A vosa presenza é moi importante.

O LUNS 4 DE DECEMBRO ÁS 18:30 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA


Organiza: CPI Plurilingüe Santa Lucía e o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Moraña.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

10/02/2023 14:11
Etc/GMT

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

 

Calendario escolar (pincha aqui)

MENÚS 1º TRIMESTRE

09/08/2023 11:15
Etc/GMT

MENÚS 1º TRIMESTRE

Menús 1º trimestre

INFORMACIÓN INICIO CURSO

 

Premendo nos seguintes enlaces, atoparedes información sobre o inicio de curso:

 

Circular Educación Infantil e Primaria

Circular Educación Secundaria

Circular Servizo Comedor

 

Ademais, para máis información, realizaranse reunións cas familias nas seguintes datas:

 

- 4 anos, 5 anos e aula mixta de Educación Infantil: XOVES 7 de SETEMBRO ás 16:30 no edificio de Infantil.

3 anos: VENRES 8 de SETEMBRO ás 12:00 no edificio de Infantil.

- 1º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria: LUNS 18 de SETEMBRO ás 16:30 no salón de actos.

 

 

Listas de material escolar

 

No seguinte enlace atoparedes as listas de material escolar de Educación Primaria para o curso 2023-2024:

 

Listas material escolar Primaria

 

* EN SETEMBRO PODERASE PEDIR MATERIAL NON ESPECIFICADO NESTAS LISTAS.

* SE FOSE NECESARIO OUTRO TIPO DE MATERIAL, SEGUNDO A MATERIA OU ACTIVIDADE, PEDIRASE AO LONGO DO CURSO.

* PODERASE APROVEITAR TODO O MATERIAL DO CURSO PASADO.

 

 

LISTAXE FONDO LIBROS: listaxe provisional

Informamos que foi publicada no centro, a día de hoxe,  a adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º e 4º de primaria no curso 2023/24.  Tamén poderá ser consultada por vía electrónica nos seu expediente a través da aplicación fondolibros.

 

O prazo de reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a súa publicación:  11 e 12 de xullo de 2023.

 

As listaxes provisionais indican o número de libros que vai recibir cada alumno/a. Só nas listaxes definitivas pódese consultar os libros que se lle asigna por materia.

CONTRATACIÓN COLABORADORAS CURSO 2023-24

07/06/2023 07:51
Etc/GMT

CONTRATACIÓN COLABORADORAS COMEDOR CURSO 2023-24

 

PUBLÍCASE O ANEXO IV, ONDE SE FAI PÚBLICA A APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITAR SER COLABORADORA DE COMEDOR O PRÓXIMO CURSO.

A DIRECTORA

SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024.

Tedes á vosa disposición o formulario de SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR para o curso 2023/24.

A solicitude debe ser entregada na secretaría do centro do 5 ao 13 xullo de 10 a 13h.

 

Rogamos leades a información que se inclúe no seguinte arquivo:

INFORMACIÓN IMPORTANTE RELATIVA A SOLICITUDE DE USUARIO DE COMEDOR

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2023/2024. ALUMNADO ESO CON PERMANENCIA NO CENTRO.

 

No seguinte enlace atoparedes información sobre a matrícula do alumnmado ESO que permanece no centro.

Instrucións matrícula curso 2023/2024.

Libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023 / 2024

 

No seguinte enlace atoparedes a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso.

Libros de texto e material impreso 23/24

Powered by Drupal - Design by artinet