Punto limpo móbil

Coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, os concellos de Moraña, Portas e Campo Lameiro poñen en marcha un punto limpo móbil conxunto. Este punto limpo móbil percorrerá as diferentes parroquias, cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

Hoxe pasaron polo noso centro para explicar ao alumnado o seu funcionamento e, durante unha semana, este punto limpo móbil estará no recinto. Se tedes papel, vidro, cartuchos de impresora, aerosois, envases de pinturas e vernices, lámpadas e tubos fluorescentes, pilas ou baterías de electródomésticos, acercádevos ao centro para depositalos.

Lembrade, a reciclaxe é un xesto sinxelo co que contribuímos á mellora do medio ambiente.

 

Día Internacional da Muller - 8 de marzo

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

 2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2022/2023.

Desde o próximo día 1 e ata o 21 de marzo, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro. 

  * Cumprimentación de solicitudes:

 o   A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.

 o   Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.

 o   De xeito manual. Hai que recoller o impreso ED550B (no centro ou aquí), cubrilo, asinalo e presentalo no centro xunto coa documentación que se indica máis abaixo.

         * Documentación que se debe achegar:

 o   Fotocopia do DNI ou do libro de familia (páxina na que figure o alumno que solicita praza).

 o   Certificado do expediente académico, expedido polo centro no que está actualmente matriculado/a o alumno/a que solicita praza.

 o   De darse o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: antes do 25 de abril de 2022.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido:  antes do 15 de maio de 2022.

Formalización da matrículado 20 ao 30 de xuño de 2022.

 

 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO NA RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022/23 PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS.

02/24/2022 11:42
Etc/GMT

Desde hoxe está publicada a listaxe de alumnado admitido que procede de centros adscritos de Educación Infantil, para o curso 2022/2023.

Poderase consultar no taboleiro de anuncios do noso centro.

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza presentadas no centro foron admitidas.

 

Formalización de matrículado 20 ao 30 de xuño de 2022.

 

Mandatos do Entroido

VENRES 25 DE FEBREIRO

DÍA DA PAZ - XOGOS COOPERATIVOS OLÍMPICOS

   O día 31 de xaneiro e 1 de febreiro, dentro do proxecto Xogos Olímpicos de Moraña, disfrutaremos duns xogos e retos colaborativos/cooperativos para todo o alumnado de EI, EP e Secundaria para conmemorar o día escolar da non violencia e da PAZ. Nestes xogos os nenos e nenas non compiten entre sí senón que colaboran para conseguir un fin, incentivando o xogo en equipo e tamén valores como a empatía, colaboración do grupo, ninguén sobra e valórase o esforzo.

 

RECOLLIDA DE MÁSCARAS

01/13/2022 15:20
Africa/Addis Ababa

Tal e como se recolle nas instrucións da Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, faráselle entrega de 3 máscaras hixiénicas reutilizables coa finalidade de que o alumnado as utilice, para a súa protección e a dos outros membros da comunidade educativa.

Segundo os criterios que establecen ditas instrucións serán beneficiarios destas máscaras aqueles alumnos e alumnas que fosen, tamén, beneficiarios do cheque escolar.

O horario de recollida será o seguinte:

-De 9:45 a 12:00

-De 13:30 a 14:00

 

Un saúdo

A directora

María Fernández Ferro

MENÚS COMEDOR 2º TRIMESTRE

12/30/2021 13:58
Africa/Addis Ababa

MENÚS DO 2º TRIMESTRE:

 

-Xaneiro 2022

-Febreiro 2022

-Marzo 2022

 

UN SAÚDO

A DIRECTORA

MARÍA FERNÁNDEZ FERRO

Lecturas recomendadas para o Nadal

Bo Nadal!

Estimadas familias,

 

Dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía, queremos desexarvos un marabilloso Nadal e un ano 2022 que veña cargado de boas novas.

Compartimos con vós este precioso agasallo feito con moita ilusión por todas as persoas que formamos parte desta comunicade educativa.

Bo Nadal e Feliz Aninovo!

 

                                                                              Lipdub

Powered by Drupal - Design by artinet