Skip to Content

Club de lectura

Xogo de Rol no Club de Lectura

O xoves día 2 de maio, dentro das actividades propostas polo Club de Lectura xogamos unha partida a un xogo de rol. Se xa normalmente desfrutamos dunha boa historia de ficción, canto máis se a creamos nós mesmos! e ademais somos os protagonistas! Pasamos a tarde xogando ao clásico xogo Dungeons & Dragons.

O mago lanzando feitizos de lume, a guerreira atravesando as ventás e lanzándose ao ataque, o clérigo lanzando curacións máxicas e o pícaro usando o seu estoque. Os dados de vinte caras rodaron e ao final os heroes levaron a vitoria. Na aldea de Phándalin non se fala doutra cousa. En definitiva, pasamos unha tarde divertida creando a nosa propia aventura, descubrimos como vai eso dos xogos de rol e ao final o tempo pareceunos curto.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogo de Rol no Club de Lectura

Tarde terrorífica de Samaín no IES Coruxo (Club de lectura)

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO e 2º ESO do Club de lectura, “asustados” polo alumnado voluntario de 1º Bacharelato e nais pasaron unha tarde de venres terrorífica na Biblioteca do IES Coruxo.

Nada mais comezar a tarde escoitamos unha serie de contos de terror contados polo mestre de cerimonias, D. Carlos e por alumnado monitor e por nais e pais voluntarios pero tamén polos rapaces e rapazas da ESO que animáronse a contar contos de medo....

A continuación visionamos unha curtametraxe de terror cunha terrorífica merenda mentres agradábamos o anoitecer para levar a cabo a gymkana terrorífica por todo o Instituto, no que alumnado tiña que buscar frases de obras de terror da literatura universal pero eso sí, con coidado de non atoparse as nosas fantásticas monitoras e monitores disfrazados para a ocasión en calquera dos corredoress do Instituto...

Tarde de medo no IES Coruxo...grazas a tod@s!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut