Skip to Content

Tarde terrorífica de Samaín no IES Coruxo (Club de lectura)

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO e 2º ESO do Club de lectura, “asustados” polo alumnado voluntario de 1º Bacharelato e nais pasaron unha tarde de venres terrorífica na Biblioteca do IES Coruxo.

Nada mais comezar a tarde escoitamos unha serie de contos de terror contados polo mestre de cerimonias, D. Carlos e por alumnado monitor e por nais e pais voluntarios pero tamén polos rapaces e rapazas da ESO que animáronse a contar contos de medo....

A continuación visionamos unha curtametraxe de terror cunha terrorífica merenda mentres agradábamos o anoitecer para levar a cabo a gymkana terrorífica por todo o Instituto, no que alumnado tiña que buscar frases de obras de terror da literatura universal pero eso sí, con coidado de non atoparse as nosas fantásticas monitoras e monitores disfrazados para a ocasión en calquera dos corredoress do Instituto...

Tarde de medo no IES Coruxo...grazas a tod@s!!

 

AdxuntoTamaño
Mestre de cerimonias.jpeg68.65 KB
Mestre de cerimonias 2.jpeg71.1 KB
Alumnado contando contos.jpeg98.31 KB
Alumnado contando contos 2.jpeg88.14 KB
Curto de medo.jpeg58.93 KB
Gymkana.jpeg34.43 KB
Gañadores da Gymkana.jpeg97.72 KB
Alumnado e nais voluntarias.jpeg91.95 KB
Biblioteca IES Coruxo.jpeg53.95 KB


page | by Dr. Radut