Skip to Content

"Proxecta +" no IES Coruxo

 

O Instituto foi seleccionado en 5 Proxecta + da Consellería de Educación, é dicir, en 5 proxectos para tratar unha temática específica cunha parte do alumnado do Centro.

  • O Proxecta + “Por 365 días de respecto e igualdade” consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo, no que se inclúen diversos tipos de actividade como edudinámicas, espectáculos teatrais, cartas de amor, exposicións itinerantes, etc. Partcipa o alumnado de 4º ESO e parte do alumnado do 3º ESO de Educación Ético Cívica
  • O Proxecta + “Apuntámonos a non beber” consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas en persoas menores de idade. Participa, neste caso o alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO. Ao final, en cada aula elaborarán un traballo en equipo no que terán que entregar unha campaña de contrapublicidade do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas, en soporte audiovisual ou en cartel ou slogan publicitario.
  • O Proxecta + “Galicons.net” consiste en realizar un proxecto de innovación educativa en consumo responsable sobre consumo e xénero. linguaxe publicitario, comercio electrónico, servizos financeiros ou etiquetado dos bens e produto. Tamén está previsto a participación nun  obradoiro sobre a temática elixida na Escola Galega de Consumo en Santiago de Compostela,. Participa o alumnado de Cultura Financeira de 3º ESO.
  • O Proxecta + “Donas de Sí” denominado “El@s contan” consiste en desenvolver un proxecto orientado á visibilizar a labor das mulleres en diferentes campos (artístico-musical, literario-xornalístico, científico e histórico). Neste sentido e na materia de Proxecto Competencial de 3º ESO e na titoría dun 4º ESO, o alumnado debe elaborar un proxecto que consistirá nun cómic dixital, infografías, exposición dos traballos na biblioteca e/ou salón de actos; un blog ; visualización do traballo na páxina web do centro ou exposición do seu traballo a alumnado doutros cursos.
  • O Proxecta + “Proxecto de innovación en dinamización lingüística” onde se levarán a cabo actividades conxuntas entre o IES Coruxo e do CEIP Ría de Vigo e traballar xuntos a interdisciplinariedade, a cultura galega e a temática local (neste caso relacionadas coa música e poesía na Vila Romana de Toralla) e a procura de proxectos de aprendizaxe-servizo que tivesen unha repercusión no barrio e os seus habitantes. O proxecto vai destinado ao alumnado de 3º ESO e do CEIP Ria de Vigo

Nesta sección se irán subindo as novas mais salientables das actividades realizadas nestes proxectos.

AdxuntoTamaño
Imagen1.jpg16.3 KB


page | by Dr. Radut