Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Participando no Festival de Teatro Grecolatino de Tui

O pasado 20 de febreiro, o alumnado de Latín de 4º ESO e 1º Bacharelato asistitu ó Festival de Teatro Grecolatino celebrado na cidade de Tui.

   

Tras unha visita guiada pola cidade fronteriza de Tui, ó seu casco vello e a súa catedral-fortaleza asistiron, no Teatro municipal de Tui, á obra de teatro de Antígona, de Sófocles. Logo, para xantar cruzaron a ponte ata Valença do Minho, ó outro lado da beira do Miño.

  

Experiencia cultural e “grecolatina” no IES Coruxo.

Ilustracións, lettering, literatura e poesía na Biblioteca do IES Coruxo

Desenvolver a capacidade artística debuxando un personaxe literario ou a través dun obradoiro de lettering co gallo do día de Rosalía de Castro….todas estas capacidades foron as que se desenvolveron nas semanas pasadas na Biblioteca do IES Coruxo.

Por unha banda, para conmemorar o día da Ilustración, convocouse un concurso (dividido en diferentes categorías en función dos cursos) para animar ao alumnado a debuxar un personaxe literario. Personaxes de novela de Castelao, de Leandro Fernández de Moratín, do Duque de Rivas e incluso dos comic manga foron ilustrados polo noso alumnado e os gañadores tiveron fantásticos premios.

  

Por outra banda durante a semana do 19 ao 23 de febreiro tiveron lugar durante os recreos os obradoiros de lettering e pop art coa poesía de Rosalía de Castro (arte de debuxar letras artísticas) e dirixido tamén a todo o alumnado do Instituto.

    

A idea é que a Biblioteca sexa un espazo central no que poder traballar a musltidisciplinariedade a través de actividades de aprendizaxe motivadoras para o noso alumnado.

   

Charla sobre as mulleres na Ciencia e Enxeñería da UVigo

“As mulleres temos un papel fundamental nos avances e transformacións da sociedade. Co noso traballo e investigación podemos crear auténticas revolucións. Por iso, precisamos ser vistas e recoñecidas.”

 

O pasado 16 de febreiro e con motivo da semana da muller e da ciencia o alumnado de 4º ESO participou nunha charla centrada no papel da muller na ciencia e a enxeñaría. Neste sentido presentouse un breve percorrido polas carreiras de mulleres científicas destacadas.

 

 

 

A charla foi desenvolvida por Asunción Longo, profesora de Enxeñería Química da Universidade de Vigo.

“Matemáticas a moitas revolucións” no IES Coruxo

Comprendemos o papel que xogan as matemáticas na resonancia magnética, nas comunicacións por satélite ou nos vídeos de TikTok?

O pasado 15 de febrero o alumnado de 1º Bacharelato pudo comprender, a través de sorprendentes exemplos prácticos, cómo as matemáticas transformaron radicalmente a nosa realidade. O poñente, Carlos Mosquera, explicouno dun xeito dinámico, divertido e a través de moitos exemplos interesantes comprendendo a importancia das matemáticas no mundo actual.

   

A charla impartida por Carlos Mosquera catedrático da Universidade de Vigo da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións e está dentro do programa de Charlas científico-idivulgativas da Universidade de Vigo.

Experiencia románica e arqueolóxica no IES Coruxo

O pasado día 31 de xaneiro o alumnado de 2º Bacharelato de Historia da Arte visitou o noso rico patrimonio vigués.

Primeiro visitaron o templo románico de Santa María de Castrelos e despois baixaron ata o Museo Quiñones de León para visitar o pazo e a súa sección de arqueoloxía.

  

A continuación foron ata un dos templos románicos máis importantes de Galicia, a igrexa de San Salvador de Coruxo, unha auténtica xoia do románico vigués

  

Todo este percorrido o fixeron cun guía excepcional: D. Rubén Rodríguez, o seu profesor de Historia da Arte.

Festival do Entroido: ANPA e IES Coruxo

O pasado 9 de febrero celebramos no IES Coruxo o Festival do Entroido (previamente, durante esa semana, o Meco fixo unha serie de mandados ao alumando e profesorado https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/802)

En primeiro lugar tivo lugar o desfile dos disfraces individuais e, posteriormente, desfilaron máis de 10 comparsas polo patio central do Instituto. Repartíanse 3 premios para a categoría de disfraces individuais e 3 para grupos, premios financiados pola nosa ANPA. Os gañadores foron elexidos por unha comisión mixta de profesorado, alumnado e familias.

   

     

A continuación desfilaron os/as profesores/as que fixeron unha coreografía adicada ó mar.

   

Mentres se decidían os gañadores, desfrutamos dunha chocolatada financiada pola ANPA e dos doces que nos achegou o alumnado de 4º ESO.

Antes da entrega de premios, fíxose o xuízo do Meco, a cargo dun grupo de alumnas de 1º Bacharelato no que decidiron que non se queimaba por non contaminar e nunha declaración de intenciones do IES Coruxo de apostar pola sostibilidade.

Nun acto final entregáronse os premios dos gañadores do disfraz individual e por grupos, realizados pola nosa ANPA.

 

 

O mellor foi a colaboración de toda a comunidade escolar na organización do Festival, xa que alumnado, profesorado e familias participaron activamente no desenvolvemento deste acto.

Mandados do Meco

Durante a semana do 5 ao 8 de febreiro, ambos inclusive, o Meco vai facer unha serie de mandados para aqueles alumnos e alumnas que queiran seguilos...

Os mandados son sorpresa, pero os imos subindo aquí.

Xa para este luns o Meco pide ir con algo branco...

Para o martes o Meco pide ir con algo de turista...

 

Para o mércores o Meco pide ir con algo de pixama

 

Para o xoves o Meco pide ir elegante...

Entroido no IES Coruxo. IES Coruxo e ANPA

O próximo día 9 de febreiro celebraremos no IES Coruxo o Festival do Entroido durante as dúas últimas horas do venres.

Haberá concurso de dsifraces individuais e comparsas por grupos de alumnos e alumnas, algúns con coreografías (ANOTARSE EN VICEDIRECCIÓN). Os premios serán achegados pola nosa ANPA, que xa os ten escollidos, pero son sorpresa... Tamén o profesorado fará unha comparsa.

Unha vez feitos os "desfiles" correpondentes unha comisión integrada por alumnado, profesorado e ANPA elixirán ós gañadores, mentres o resto do alumnado desfrutará dos doces típicos do entroido, amenizados con música escollida por un grupo de alumnas de Bacharelato.

Antes da entrega de premios outro grupo de alumnos/as fará un "conxuro" ó noso Meco que fará previamente mandados durante esta semana:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/802

O deseño do programa do Entroido e a semana do Meco fíxose de forma conxunta entre o profesorado, alumnado e ANPA, tratando de seguir na tendencia que comezamos este curso de involucrar activamente a toda a comunidade escolar na vida do centro e que agardemos vaia a máis cos proxectos que temos plantexados.

           

Cadea de favores polo Día da Paz no IES Coruxo

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no IES de Coruxo o día escolar da non violencia e a paz.

Entre todo o alumnado dos primeiros cursos da ESO (especialmente en 1º e 2º ESO) elaboraron cos seus compañeiros/as e titores/as unhas cadeas de papel no que cada un escribía nunha arandela as boas accións ou “favores” que fan aos seus compañeiros/as de aula.

Unindo todas as arandelas temos a cadea de favores.

  

O fin desta actividade é fomentar dinámicas positivas de convivencia, visibilizando ás axudas entre iguais que realmente sí fan entre os compañeiros e compañeiras do Instituto.

Podemos presumir como Instituto que a relación entre alumnos e alumnas é, en xeral, moi entrañable, e que existe un gran respecto e cariño entre o alumnado.

"Educando en xustiza" no IES Coruxo

O alumnado de 2º de Bacharelato de Psicoloxía visitou o pasado 19 de xaneiro a Cidade da Xustiza de Vigo. Con esta actividade preténdese que o alumnado coñeza o funcionamiento do poder xudicial.

Guiados polo seu profesor de Psicoloxía e Filosofía, asistiron a varias vistas públicas de diferente índole e tiveron a oportunidade de conversar con un xuíz.

Por ser a actividade dentro dun Xulgado non se valorou facer fotos, pero sabemos de boa fonte que foi unha experiencia moi moi interesante…

Coñecendo a cultura inglesa a través dunha divertida sesión en inglés

O día 18 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º ESO e a través dun divertido show en inglés pudieron coñecer a cultura inglesa.

   

A sesión foi moi dinámica e divertida, onde o alumnado tivo unha experiencia multidisciplinar aprendendo cousas de historia, xeografía ou literatura relacionados co Reino Unido.

O proxecto do Instituto é que nos próximos anos poidamos afondar no coñecemento de linguas extranxeiras (fora do horario normal de clases) e por iso agardamos que nos próximos cursos os proxectos que estamos a solicitar poidan sair adiante e poidamos dar un paso mais na mellora do coñecemento de linguas extranxeiras, afondando as existentes e propondo outras novas.

Concerto da Real Filharmonía de Galicia. Teatro Afundación de Vigo

O 26 de Xaneiro, un grupo de alumnas de 1º Bacharelato e a súa profesora, asistimos ó concerto da Real Filarmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión pola directora portuguesa Rita Castro. Baixo o título de Percorrendo a felicidade, fixemos unha viaxe dende o Clasicismo de Mozart, ata a visión nostálxica do pasado, cos compositores do século XX, Martinu y Honneger.

As pezas de Mozart abriron e pecharon o concerto. Comezando coa Abertura da ópera “As vodas de Fígaro” ( 1787), na que Mozart non utiliza ningún dos temas que logo aparecerán na ópera.

De seguido saltamos no tempo, podendo desfrutar da Pastorale d’été  ( 1921) de Arthur Honegger. Trátase dun poema sinfónico cuxa partitura está encabezada por unha cita do poeta Arthur Rimbaud: “ Abracei o amencer de verán”.

A continuación, e seguindo no século XX, a Toccata e due canzoni (1946) de B. Martinú. O compositor pretendía que fose unha peza lixeira e optimista, pero acabou sendo unha obra máis escura e disoante por momentos. Na que o piano xoga un papel fundamental, que contribúe a crear un ambiente tenso. A primeira canzona baséase nun motivo de sete notas que é anunciado polo piano. A segunda canzona empeza soando disoante, para rematar de xeito luminoso na tonalidade de Re Maior.

Como broche final, a Sinfonía nº 38 “Praga” (1787) de W.A. Mozart. Os elementos diferenciadores en relación a outras sinfonías, son o emprego de só 3 movementos, prescindindo do Scherzo; a existencia dunha introducción lenta que da paso ó Allegro ; e a non presenza dos clarinetes.

Grazas ó programa “Quedamos no palco, quedamos coa clásica” de Afundación, seguiremos desfrutando de máis concertos ó longo do curso.

Torneo de fútbol sala

A continuación podedes consultar as NORMAS e BASES do Torneo de fútbol sala organizado por Santiago Esperón Chamadoira e Nicolás Quintana Rodríguez, alumnos de 4º ESO.

Visitando as salinas romanas de “Vico Spacorum”. Qué herdamos da antigua Roma?

As excavacións realizadas nos últimos anos revelan o descubrimento de importantes restos romanos na cidade olívica e, algún arqueólogos, consideran que é a segunda cidade de Galicia (despois de Lugo) onde máis restos romanos apareceron en Galicia.

Un destes vestixios son as Salinae Romanae ubicadas na rúa Rosalía de Castro, a única salina marina de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano

   

O noso alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Latín tivo a oportunidade de visitalo o pasado 17 de xaneiro e puideron ver de cerca permite o funcionamento dunha instalación salinera romana, comprender a importancia da sal naquela época facendo un  percorrrido guiado por as salinas.

Aprendendo a patinar

A semana pasada e o longo de dous días (martes e xoves) o alumnado de 1º ESO e 2º ESO tivo a oportunidade de aprender a patinar sobre unha pista de xeo provisional instalada na praia de Samil...

Tras unha andaina pola Xunqueria do Lagares dende o Instituto chegaron a pista de patinaxe e pasaron unha mañá divertida e aprendendo a patinar coa axuda do profesorado e os monitores que estaban na pista.

  

  

Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación física e estiveron acompañados en todo momento por algunhas das súas profesoras e profesores que lle dan clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut