Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Informándose das FP dende as Galiciaskills 2023

O pasado xoves 26 de outubro alumnado de 4º ESO estivo presenciando os campionatos de FP Galiciaskills 2023 no Recinto Feiral de Silleda.

A través de 27 competicións relacionadas con outras tantas especialidades de FP (automoción, cociña, imaxe e son, téxtil, etc.), o alumnado pode facerse unha idea de cales son as saídas de diferentes ciclos formativos co obxecto de recibir unha información sobre as súas saídas profesionais.

A saída complementouse e complementarase cunha máis detallada información sobre os ciclos formativos achegada dende as titorías e dende o Departamento de Orientación.

Máis info: https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-2023

 

 

Literatura e música no IES Coruxo

Esta semana (do 16 ao 20 de outubro) comezaron as actividades da nosa biblioteca coa celebración do día da escritora e, sobre todo, coa posta en marcha durante un novo curso escolar do Club de lectura.

Como en anos anteriores, púxose a andar o Club de lectura 23-24, onde o alumnado participante, a partires da lectura dunha obra seleccionada (e entretida), compartirá as súas experiencias lectoras con outros compañeiros nun entorno agradable, como é a biblioteca. Pero tamén están previstas moitas outras actividades dentro do club, como a próxima “tarde terrorífica”, que se celebrará o luns 31 de outubro pola tarde co gallo do Samaín.

Por outra banda, alumnado da materia de música de 1º Bacharelato acudiron a noite do mércores acompañados pola súa profesora a un concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo.

Agardamos espertar pouco a pouco o seu interese pola lectura e a música coas actividades realizadas e previstas.

 

DEBATE TELEVISADO a 9 (ou 7) na Biblio sobre o uso das TIC

Este mércores 11 de outubro un grupo de alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (organizados en dous grupos de 9 e 7 alumnos/as) trataron, a través dun ameno debate televisado na Biblioteca do Instituto, temas relativos o uso das TIC; en concreto debateron sobre o papel dos proxenitores nas RRSS, o sexting, as compras online ou os xogos online.

O alumnado mostrou unha extraordinaria capacidade de transmitir as súas opinións e razoamentos orixinais e moi ben argumentados, mantendo un diálogo ameno, crítico e construtivo e mostrando unha tremenda confianza de falar en público, máxime sabendo que o debate era televisado.

O noso alumnado foi expresamente felicitado polo grupo organizador do debate, que quedaron gratamente sorprendidos, destacando que “en Coruxo hai moito talento”.

Ademais de debater, o noso alumnado desfrutou dunha experiencia televisiva única,. sendo os principais e merecidos protagonistas dun moi entretido debate.  

Temos un enorme potencial no noso alumnado, ademais de amosar unha enorme calidade humana; o profesorado o sabemos e o noso reto é tratar de sacar o mellor deles mesmos.

Parabéns! Agardamos para vervos na tele!

La previa

Finalmente o día 29 de abril de 2024 sae televisado este debate co tema "O sextingno programa: "Conectad@s en familia" . 

Pódese ver o programa completo a través da plataforma: agalega.gal. 

Aquí tedes o link:

https://agalega.gal/videos/detail/139997-sexting-29-04-2024

"Orientándose" en Edugal en Pontevedra

Conscientes da importancia de orientar ao noso alumnado de 2º Bacharelato, hoxe 5 de outubro visitaron en Pontevedra "Edugal" (https://www.edugal.es/), o salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Ademáis de coñecer de primeira man todos os grados universitarios ofertados polas Universidades próximas tamén puideron informarse, a través de actividades lúdicas, sobre a oferta formativa de ciclos formativos de grado superior de centros educativos da zona, ademáis de outra formación de estudos superiores.

Stand Edugal FP 2 Stands Uvigo

Logo da informarse sobre a oferta formativa e (agardemos) ter un pouco mais claro o seu futuro profesional, achegáronse a unha visita guiada ó Museo de Pontevedra, sumerxíndose na súa rica colección de arte galaica.

Museo Pontevedra 1

 

Gañadores na fase autonómica de Consumópolis

Un grupo de alumnado de terceiro curso da ESO capitaneado polo profesor de economía: Felipe Rodríguez Hermida, gañou o primeiro premio da súa categoría no certame Consumópolis, organizado polas Consellerías de Economía e de Educación e que lles permitirá competir a nivel nacional. 

O grupo está formado por alumnado de 3ºC e de esquerda a dereita son: Hugo Alonso Casás, Jesús Godoy Fernández, Alis Docampo Lago, Santiago Carvajal Suárez e Iker Benavides Domínguez.   

Os 5 alumnos superaron unha primeira fase na que tiñan que contestar preguntas relacionadas co consumo responsable e os perigos de internet, nunha "cidade virtual" na que tiveron que superar 10 probas aprendendo sobre un consumo máis responsable, crítico, consciente e sustentable, así como os seus dereitos como potenciais persoas consumidoras

A segunda parte do concurso consistiu en realizar un vídeo, un traballo en equipo no que escolleron o "phising" e a suplantación da identidade na rede internet. O vídeo explicaba en qué consistía este fenómeno e qué facer nestes casos. O traballo levouse a cabo dentro da materia de Proxecto Competencial, na que teñen que desenvolver competencias dixitais, competencias lingüísticas e de expresión oral, sociais e cívicas, entre outras.

No momento de recoller o premio, de mans do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia Pérez, os estudantes comentaron que botaran de menos mais preguntas de educación financeira, como as criptomoedas ou os investimentos sostibles.

O certame ten como finalidade potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino, así como motivar un traballo activo e colaborativo do alumnado. Nesta décimo oitava edición de Consumópolis, organizada baixo o lema "Na internet, cres todo o que ves?", participaron uns 1500 alumnos e alumnas de toda Galicia.

Establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros. O IES Coruxo foi o primeiro premiado na categoría de 3º e 4º de ESO e FP básica, o segundo lugar foi para o CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña e o terceiro premio recaeu no IES Plurilingüe Fontexería de Muros. En breve poderanse ver os traballos gañadores na seguinte páxina web:

Distribuir contido


by Dr. Radut