Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Aprendendo a patinar

A semana pasada e o longo de dous días (martes e xoves) o alumnado de 1º ESO e 2º ESO tivo a oportunidade de aprender a patinar sobre unha pista de xeo provisional instalada na praia de Samil...

Tras unha andaina pola Xunqueria do Lagares dende o Instituto chegaron a pista de patinaxe e pasaron unha mañá divertida e aprendendo a patinar coa axuda do profesorado e os monitores que estaban na pista.

  

  

Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación física e estiveron acompañados en todo momento por algunhas das súas profesoras e profesores que lle dan clase.

Sesión divulgativa sobre discapacidade e dependencia, unha sociedade inclusiva?

O pasado día 9 de xaneiro o alumnado de 4º ESO participou nunha sesión científico-divulgativa da Universidade de Vigo, relativa a dependencia e a discapacidade

Neste sentido, a través dunha charla a cargo dun prestixioso investigador da UVigo e na que houbo unha gran interacción entre o poñente e o alumnado, trataron todo o relacionado coa dependencia e coa discapacidade, ademáis de comprender e recoñecer o que supón unha filosofía de vida independente e a atención planificada pola propia persoa.

   

A actividade está incluída dentro do programa do ciclo de charlas científico-divulgativas da Universidade de Vigo, orientados a centros de secundaria e formación profesional.

Descubrindo a ciencia no Hospital Álvaro Cunqueiro

Descubrir a ciencia a través de obradoiros prácticos de “Ciencia brillante” relacionados coa luz e a cor …. o pasado 18 de decembro alumnado de 2º Bacharelato asistiu a unha demostración de ciencia brillante no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, acompañado polo seu profesorado de Física e Química.

   

Nesa demostración o noso alumnado puido experimentar coa luz e a fluorescencia e os seus efectos na vida cotiá, visualizar tecidos e estruturas celulares por microscopia de fluorescencia, coñecer, por exemplo, o poder das verduras na medición do PH ou facer simulacións sobre imaxes médicas.

   

   

Estes obradoiros estiveron dirixidos por persoal investigador e técnico do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur que se ubica no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e na que o alumnado de 2º Bacharelato puido desfrutar de forma gratuíta grazas as xestións do Departamento de Física e Química.

Os efectos do cambio climático nas Illas Atlánticas (e Vigo como zona de influencia)

O pasado 20 de decembro o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a unha ponencia sobre os efectos do cambio climático nas Illas Atlánticas como resultado dunha investigación pioneira levada a cabo pola Fundación Matrix.


Expuxéronse os datos sobre os efectos do cambio climático nas Illas Atlánticas, facendo especial fincapé en Coruxo e Chandebrito. Entre os datos expostos destacouse o aumento da temperatura entre o periodo 1961-1989 e 1991-2019, ademáis do aumento en case 4 os días de sol en setembro (de 7 a maís de 10 días)

  

Por último, destacáronse unha serie de medidas que podemos levar adiante para evitar, na medida do posible, o cambio climático, como é o fomento da movilidade sostible, promover as 3 R, potenciar o consumo de proximidade, promover o mantemento e coidado dos bosques ou evitar o despilfarro enerxético, medidas que podemos tomar dende o Instituto para iniciar unha xestión máis sostible do noso centro.

Felicitación de Nadal

Dende o IES Coruxo queremos felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa con esta postal navideña deseñada pola alumna de 1º de Bacharelato Irene López Castellanos:

 

Ademáis, o alumnado de Expresión corporal de 2º ESO estivo preparando un Flasmob para felicitarnos o Nadal

Pulsar aquí para velo

Educación afectivo-sexual no IES Coruxo

Temos claro que é iso do sexo? Necesitamos conseguir habilidades que nos permitan unha vivencia plena, responsable e constructiva da nosa sexualidade. e, con este motivo, organizáronse os obradoiros para tratar de dar formación afectivo-sexual ao noso alumnado, obradoiros que se levaron a cabo durante o pasado luns e xoves co alumnado de 3º ESO.

Nestes obradoiros tratouse de dar unha formación integral sobre sexualidade, destacando a importancia de ter unhas relacións afectivo-sexuais sanas, coñecendo a anatomía e fisioloxía sexual humana e informando sobre os diferentes métodos de protección e ITS.

   

Os obradoiros levanse a cabo dentro do programa Quérote + organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia (http://xuventude.xunta.es/)

Os perigos da rede: pornografía e uso inadecuado das TRIC

O pasado venres 1 de decembro o alumnado de 2º ESO participou, nas súas horas de titorías, nus obradoiros organizados pola asociación Alborada en colaboración coa Consellería de Sanidade sobre o uso inadecuado das TRIC e a súa relación co consumo de pornografía.

Dado que o 95% dos rapaces e rapazas entre 10 e 15 anos usan Internet, compre identificar as vantaxes pero tamén os perigos do acceso a certos contidos. Neste sentido no obradoiro trataronse temas de Internet e o uso dos dispositivos móviles, dos videoxogos online ou da xestión das RRSS. Neste sentido tratábase de facer ver ao alumnado de que hai certas contidos que consumen que mostran modelos de relación que son ficticios e trataron de promover no alumnado un uso consciente e responsable das TRIC (Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación)

O Obradoiro forma parte dun proxecto piloto da asociación Alborada e a Consellería de Sanidade (Programa No Enredes) que trata de axudar a alumnos/as, familias e docentes a identificar as ventaxes pero tamén os riscos de Internet e as RRSS.

Non pasa nada, ¿pasa algo?

O alumnado de 4º ESO participou ao longo de 4 sesións de titorías nos obradoiros de reflexión e debate sobre adiccións e o consumo de drogas organizados dende o Concello de Vigo coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa de prevención de drogas e outras adicccións.

Segundo os datos recollidos polo Observatorio de Galicia sobre Drogas, a maior parte dos/das adolescentes inícianse no consumo de sustancias psicoactivas entre os 14 e os 16 anos, no caso do alcohol e o tabaco, e entre os 15 e 17 anos no do cannabis e a cocaína, idade do alumnado obxectivo.

Neste contexto e con estos obradoiros preténdese que os alumnos e as alumnas do noso Instituto sexan conscientes dos perigos do consumo de calquer tipo de droga, incluído o alcohol e o tabaco, prevenir o seu consumo e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/as adolescentes.

Charlas de orientación da Universidade de Vigo 2º Bacharelato

O pasado 30 de novembro tivo lugar unha sesión informativa da Universidade de Vigo sobre a ABAU e sobre os diferentes grados universitarios da UVigo.

Nunha primeira parte explicaron todo o relacionado coa ABAU e posibles novidadees e tamén informaron sobre as notas de corte e outras informacións sobre as carreiras universitarias impartidas nos tres campos vigueses. 

Esta sesión informativa completouse coa informacióin achegada o 20 de decembro dende a Universidade de Santiago de Compostela, na que estiveron presente tamén alumnado de 1º Bacharelato.

Todo isto forma parte do Programa de Orientación ao alumnado de Bacharelato para axudarlles na súa orientación académica, que se completou coa visita a feira de Edugal (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/729) e que se completará coas experiencias contadas por exalumnos sobre os diferentes grados e ciclos formativos de grado superior que están a estudar na actualidade, coas sesións informativas que se realizarán dende o Departamento de Orientación xa no 2º e 3º trimestre, etc.

“Miña casiña, meu lar”. Visita do IES Coruxo a Casa Museo de Rosalía de Castro

O alumnado de 3º ESO visitou durante os días 22 e o 29 de novembro a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón, onde pudieron mergullarse no seu patrimonio arquitectónico, cultural e botánico.

 

Grazas a visita a Casa de Rosalía (“Miña casiña, meu lar!) e a exploración do seu parque botánico (“hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei”) pudieron comprender a importancia de Rosalía como referente e como figura central da cultura galega.

 

E por suposto grazas as nosas docentes do Instituto que fixeron de guías. E grazas tamén as xestións realizadas polo Departamento de Galego para que unha gran parte da visita fose financiada pola Deputación de Pontevedra.

"Airiños, airiños, aires, airiños levaime a ela. Sin ela vivir non podo, non podo vivir contenta".

Charlas sobre a prevención da violencia de xénero en Bacharelato

O luns 27 de novembro pola tarde tiveron lugar as charlas sobre a prevención da violencia de xénero, dentro do programa EnlazaVigo do Concello de Vigo, dirixidas neste caso ao alumnado de 1º de Bacharelato, onde debatiron sobre as causas e as medidas de prevención de esta enfermidade social.

Como as actividades que se puxeron en marcha co gallo do 25N estaban máis orientadas ao alumnado da ESO, non nos queríamos esquecer da importancia da sensibilización ao alumnado de Bacharelato.

Todo o IES contra a violencia de xénero!

Concerto 22 de Novembro Real Filharmonía de Galicia

Un grupo de alumnas de 1º Bacharelato e máis eu, a súa profesora de música, asistimos a un concerto ofrecido pola Real Filarmonía de Galicia, dirixida polo director suizo, Baldur Brönnimann. O repertorio, de 3 pezas de música clásica, foi exquisitamente interpretado pola orquestra.

 

Dúas das pezas son románticas, mentres que a terceira emprega unha sonoridade propia da música do século XX.

  • “O idilio de Sigfrido” ( 1870), foi un agasallo de Richard Wagner á súa esposa, Cosima Liszt. Composta nun só movemento, o material temático é tomado de varias pezas do acto III da súa ópera “Sigfrido”.
  • A Sinfonía nº3 “Singulière” (1845), do compositor sueco Franz Berwald, presenta 3 movementos ( Allegro- Adagio-Presto).Unha melodía optimista percorre os primeiro e terceiro movemento.
  • “Schattenhaft” , composta polo música galego Hugo Gómez Chao, foi estreada neste día. Caracterízase polo emprego dunha linguaxe musical rupturista: ausencia da melodía, do ritmo, da tonalidade. Impera a disonancia, e a busca da experimentación sonora, coa finalidade de recrear unha atmósfera concreta, acadando un ambiente escuro e tenebroso.

Todos os instrumentos da orquestra están ó servizo da nova sonoridade, e non se executan do xeito tradicional. Son precisas novas técnicas instrumentais: a pianista manipula as cordas deste instrumento coas súas mans; na ampla sección de percusión ( 2 gongs, 2 marimbas, 2 bombos,..) , os músicos fan uso de obxectos para percutir os mesmos e obter timbres diferentes.

Como din dende a orquestra, “ esta peza musical traslada o universo poético dos corpos en resonancia ao mundo dos sons, xogando coa idea da ausencia, da presenza, da lembranza”.

Unha tarde-noite inesquecible para nós, profesora e alumnas

Celebración dun Magosto colaborativo (ANPA, familias, alumnado e Centro) no IES Coruxo

O pasado venres ao final da mañá tivo lugar a celebración do Magosto no IES Coruxo. Castañas (achegadas polas familias), choripanes, deportes e música foron os protagonistas da entrañable festa da que disfrutamos todo o alumnado e profesorado.

Pero isto sería imposible sen a colaboración da nova ANPA, que organizou, traballou e aportou o necesario para que dita actividade fose posible....ademáis das achegas das castañas das familias...

...e por suposto o noso equipazo de DJs, que axudou e se perdeu a festa por colaborar

Estade atentos, porque haberá novidades de cara o Nadal en colaboración coa nova ANPA. Agora toca centrarse nos exames da 1ª avaliación e otras cousas…

Lembramos a información para darse de alta na ANPA:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/737

 

Fai click na seguinte imaxe e poderás visualizar todas as fotografías da actividade:

Álbum: Curso 2023-2024 -> Magosto 2023

Entrega premios relatos e cabazas do Samaín no IES Coruxo

O martes 31 de outubro tivo lugar a entrega final de premios do Samaín no IES Coruxo cun acto final celebrado ao final da mañá.

A cerimonia consistiu na entrega de premios das diferentes categorías de relatos de medo en relación ao certame “En galego pasámolo de medo”, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística e polo equipo da Biblioteca.

 

Mención especial para o relato presentado por Leyre Álvarez de 1º Bacharelato, considerado como un relato de gran calidade por todos os membros do xurado avaliador.

Por outra banda, tamén se entregaron os premios de cabazas. As cabazas, como se pode observar nas fotos, foron de enorme orixinalidade e calidade. Este concurso tamén foi organizado polo equipo da Biblioteca.


Ademais, leváronse a cabo outras actividades como a maquillaxe terrorífica por parte de alumnado voluntario de 4º ESO a outros alumnos e alumnas que querían transformarse en seres realmente monstruosos ou as chulas de cabazas que elaboraron na materia de lingua francesa, ademais dos contos terroríficos que contaron nesa mesma clase.

 

Tarde terrorífica de Samaín no IES Coruxo (Club de lectura)

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO e 2º ESO do Club de lectura, “asustados” polo alumnado voluntario de 1º Bacharelato e nais pasaron unha tarde de venres terrorífica na Biblioteca do IES Coruxo.

Nada mais comezar a tarde escoitamos unha serie de contos de terror contados polo mestre de cerimonias, D. Carlos e por alumnado monitor e por nais e pais voluntarios pero tamén polos rapaces e rapazas da ESO que animáronse a contar contos de medo....

A continuación visionamos unha curtametraxe de terror cunha terrorífica merenda mentres agradábamos o anoitecer para levar a cabo a gymkana terrorífica por todo o Instituto, no que alumnado tiña que buscar frases de obras de terror da literatura universal pero eso sí, con coidado de non atoparse as nosas fantásticas monitoras e monitores disfrazados para a ocasión en calquera dos corredoress do Instituto...

Tarde de medo no IES Coruxo...grazas a tod@s!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut