Skip to Content

Impresos matrícula curso 2019-2020

Achegamos os impresos de matrícula para o curso 2019-2020. Pódense descargar ou ser recollidos no propio centro.

Facer clic nos documentos adxuntos

O alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º BAC deberá pasar pola conserxería do centro antes de matricularse para pagar o seguro escolar.

Documentación que se debe aportar:

       - 3 fotos actuais

       - Fotocopia DNI alumno/a, nai/pai, titor/a legal do alumno/a

       - Fotocopia tarxeta sanitaria (só alumnado de 1º ESO ou alumnado novo)

       - Certificado de estudos (só novo alumnado de centros non adscritos) (Centros adscritos: Carrasqueira, Tintureira, Ría de Vigo e Párroco don Camilo)

       - Documento de seguro escolar selado polo centro tras ser pagado na conserxería do centro

       - Impresos de matrícula

 

Prazos de matrícula:

     -1º ESO: 26, 27 e 28 de xuño

     -2ª, 3ª 4º de ESO, 1º BAC, 2º BAC e alumnado repetidor de 2º BAC: do 2 ao 5 de xullo

 

ATENCIÓN: non se recollerán matrículas incompletas

 

 

Fin de curso 2018-2019

    FIN DE CURSO  2018-19

      Día 21 de xuño:

 VIAXE Á ILLA DE ONS :   Non haberá clases no Instituto.

 INSTRUCCIÓNS   PARA  O  ALUMNADO  QUE  VAI  Á ILLA DE  ONS:

 

  -PRESENTACIÓN: 9:00 horas na Estación Marítima de Vigo. 

                                                             

  -VOLTA A VIGO: 19:30 horas. Chegada á Estación Marítima ás 20:30h aprox.

 

     Día 24 de xuño:

       Entrega de notas avaliación extraordinaria bacharelato: ÁS 10:30 h Non haberá transporte escolar.

   Día 25 de xuño:

ENTREGA DE NOTAS 1º BAC e ESO: ÁS 10:30 h      Non haberá transporte escolar.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS E ORDENADORES: soamente o alumnado que aprobe todas as materias en xuño ou suspenda materias en 1º ESO non EDIXGAL

-25,26 e 27 de xuño de 9,30h a 13,30h . O 26 de 16h a 18h

HORARIO DO PROFESORADO PARA A REVISIÓN DE EXAMES E CONSULTA DE DÚBIDAS

-25, 26 e 27 de xuño de 10:30h a 12:30h

 

    PRAZOS DE MATRÍCULA  ORDINARIA:

-  1º DE ESO : 26, 27 e 28 de XUÑO

-  2º, 3º, 4º DE ESO, 1º BACH. 2º BACH E ALUMNADO REPETIDOR DE 2º BACH:DO 2  AO  5  DE XULLO.

SURF 2019

 

 

O noso alumnado da ESO tivo o seu bautizo ao surf nun día espléndido na praia de Patos. No álbum tedes imaxes

 

Álbum: Curso 2018-2019 -> Surf

Visita a Santiago do alumnado de 3º de ESO

 

O alumnado de 3 de ESO, acompañado polas profesoras de música Sonia e Carolina fixeron unha visita a Santiago. Nesta actividade visitaron o Pórtico da Gloria, o Museo de Historia Natural, a SGAE e a Cidade da Cultura. Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade

 

Álbum: Curso 2018-2019 -> Visita Santiago

Graduación 2º Bacharelato

 

Este venres 24 de maio celebramos a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Acompañados polas suás familias e o seu profesorado foi un día de ledicia para o alumnado. Sorte no camiño que agora iniciades

Álbum: Curso 2018-2019 -> Graduación 2º BAC

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR. Curso 2019/2020

 

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 

Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Presentación de solicitudes

1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2019/20. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2019/20, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2018/19. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

5. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Prazo para presentar solicitudes

1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

2. O alumnado que unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.

3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2019/20 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivesen presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

Documentación complementaria necesaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

Toda a información en:

DOGA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0006_gl.html

Aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.es/ fondolibros

Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Publicación da lista definitiva de admitidos para o curso 2019-2020

Atópanse expostas no instituto as listas definitivas de alumnado admitido para o curso 2019-2020. Este alumnado deberá estar atento aos prazos de matrícula na primeira semana do mes de xullo.

Tamén se pode consultar no documento adxunto

Axudas para a realización de actividades en linguas estranxeiras no ano 2019

IMPORTANTE: o alumnado solicitante  debe comprobar as listaxes provisionais

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Torneo de xadrez 2019

Alumnado de diferentes centros de secundaria de Vigo participaron no noso II Torneo de Xadrez. Aquí tedes as imaxes

Álbum: Curso 2018-2019 -> Torneo Xadrez

Actividade de sendeirismo

Alumnado do noso centro realizou unha actividade de sendeirismo polos montes de Coruxo. Deixámosvos algunhas imaxes

Álbum: Curso 2018-2019 -> Sendeirismo

Charla de ex-alumnado

Continuando co programa de información ao alumando de bacharelato, ex-alumnado do centro, agora na universidade, estivo no centro contándo a súa experiencia.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Exalumnos

Saída a praia de Fontaíña

O alumnado de Bioloxía fixo unha actividade científica na praia da Fontaiña e na fraga de. Aquí fotos da actividade

Álbum: Curso 2018-2019 -> Saída Bioloxía

Teatro Clásico en Ourense

O alumnado de Latín e Grego acudiu a Ourense e desfrutou da cidade das burgas e do teatro clásico.

 

Álbum: Curso 2018-2019 -> Teatro Clásico en Ourense

Ruta literaria con Ledicia Costas

O noso alumnado compartiu coa escritora Ledicia Costas un percorrido literario por Vigo. Aquí tedes algunhas

imaxes da marabillosa actividade

Álbum: Curso 2018-2019 -> Ruta literaria Ledicia Costas

Día da poesía 2019

Celebramos no instituto o día da poesía. Contamos este día coa visita dos nosos compañeiros do CEIP Ría de Vigo e con eles celebramos

conxuntamente este marabilloso día.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Día da Poesía 2019
Distribuir contido


by Dr. Radut