Skip to Content

Transporte escolar

Liñas de autobús e paradas do IES Coruxo. Pódense ver nos documentos adxuntos

Charla da Universidade da Coruña co alumnado de 2º Bacharelato

Membros da Universidade da Coruña visitaron o noso centro para informar ao noso alumnado das carreiras existentes na súa universidade. Un pracer recibilos no noso centro. Proximamente farán a visita membros da Universidade de Vigo

Os riscos das novas tecnoloxías

O noso alumnado de 1º ESO asistiu á charla sobre os riscos das novas tecnoloxías. Para esta amena, interesante e instrutiva actividade contamos coa presenza de membros da policia nacional.

 

 

Visita á exposición Da Vinci

O noso alumnado visitou a exposición adicada a Leonardo da Vinci. Grandes experiencias, grandes inventos.

 

 

Saída á pista de patinaxe sobre xeo

O noso alumnado de 1º e 2º da ESO visitou a pista de patinaxe sobre xeo. Patinaron, caíron, divertíronse.....

Unha gran esperiencia para o noso alumnado.

Estatísticas notas 1ª avaliación

Achéganse as estatísticas de notas da primeira avaliación en documento adxunto

Entrega de notas 1ª avaliación

O próximo día 21 de decembro entregaremos as notas da primeira avaliación. ese día teremos horario especial que será o seguinte:

Saída autobuses das cabeceiras (primeira parada): 10'15

Entrega de notas: 11'00

Saída dos autobuses cara á casa: 12'00

Felices vacacións

Vigo berra"non" á violencia de xénero

O alumnado do IES Coruxo participou na actividade que berrou"non" á violencia de xénero. Podemos ver o alumno David lendo o manifesto.

imaxe imaxe alumno

 

Fotos do Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/gran-vigo/2017-11-24-109492-vigo-contra-violencia-machista.html

Visitas á exposición do Pergamiño Vindel

O noso alumnado visitou a exposición do Pergamiño Vindel. Así mesmo tivemos ocasión de visitar o acuario do Museo.

Fai clic na foto para ver imaxes da visita.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Visita exposición

Magosto no IES Coruxo

Celebramos o magosto no IES Coruxo. Día 10 de novembro  a partir das 12'10.

Fai clic na imaxe para ver as fotos. Disfrútaas.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Magosto

Samaín no IES Coruxo

Celebración do Samaín no IES Coruxo: concurso de cabazas, paneis informativos, lecturas recomendadas...

ABALAR MÓBIL

imaxe abalar móbil

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
 
Pódese consultar no arquivo adxunto a guia da aplicación para as familias

INICIO DE CURSO 2017-2018

Inicio de curso 2107-2018

Hora de presentación de todo o alumnado 11'15

Haberá servizo de autobús escolar. Saída das cabeceiras 10'30. Saída de volta 12'00

Entrega de notas de setembro e prazo extraordinario de matrícula

As notas de setembro serán entregadas o día 6 de setembro ás 10 da mañá polos respectivos titores/as nas aulas predeterminadas.

O prazo de matrícula extraordinario abrangue desde o día 6 ata o día 8

Calendario exames setembro curso 2016-2017

Achegamos o calendario de exames de setembro 2017 en documento adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut