Skip to Content

PRESENTACIÓN CURSO 2016-2017

PRESENTACIÓN INICIO DE CURSO

DÍA 15 ÁS 11'30

Sairán os autobuses das cabeceiras ás 11'00.

Os autobuses sairán de volta ás 12'30.

Exames de setembro curso 2015-2016 e Libros de texto 2016-2017

Atópanse no taboleiro de anuncios do centro o calendario de exames de setembro deste curso 2015-2016 e a lista de libros para o curso 2016-2017.

Graduación 2º Bacharelato

Fai clic neste enlace para ver as fotos da graduación de 2º bacharelato 2015-2016

Graduación 2º Bacharelato

Xuño 2016

Entrega de notas: día 28 de xuño ás 10'00

Período reclamación: presentación  da reclamación na secretaria do centro en impreso oficial, días 28 e 29 de xuño

Resolución das reclamacións 30 de xuño

Matrícula: 1º ESO a partir do 27 de xuño, resto dos cursos do 1 ao 7 de xullo

Exames de setembro: días 1, 2 e 5 de setembro. Consultar calendario no taboleiro de anuncions do Instituto.

O ex-alumnado segue unido co IES Coruxo

Visita científica

 

Os nosos veciños do IES Coruxo visitáronos esta semana pasada. Nesta ocasión cun grupo de alumnos de 1º de Bachillerato. Esperamos ter espertado moitas vocacións investigadoras. Xa nos contaredes dentro duns aniños

O IES Coruxo contra a violencia de xénero

 

Fotos dalgunhas das actividades realizadas polo alumnado co gallo da celebración do día en contra da violencia de xénero

 

Programa Vigo en inglés

Amosamos  os accesos ao blog e galería de imaxes das viaxes

Kanturk

·         Blog:http://www.vigoeningles.org/blog/category/kanturk

·         Fotos: https://www.flickr.com/photos/newlink/collections/72157655395731244

 

Listowell

·         Blog: http://www.vigoeningles.org/blog/category/listowel

·         Fotos: https://www.flickr.com/photos/newlink/collections/72157655404960933

 

Inicio de curso 2015-2016

Presentación: día 15 de setembro ás 12'00. Este día haberá transporte escolar. A saída das cabeceiras dos autobuses será ás 11'15.

Os autobuses sairán de novo para os domicilios do alumnado ás 12'45.

O día 16 de setembro comezarán as clases con horario normal de 8'30 a 14'15.

Entrega de notas setembro curso 2014-2015

 Venres 4 de setembro ás 10'00. Sorte

Lembrade que os libros adquiridos con vale deben ser devoltos este día.

Axudas material escolar: curso 2015/2016

Para máis información facer clic enriba da imaxe ou neste enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/15357

Reunión pais e nais do alumnado

A asociación de pais e nais do IES Coruxo convoca aos pais e nais do alumnado a unha reunión que terá lugar o luns 8 de xuño, ás 18'30 horas, no salón de actos do instituto coa seguinte orde do día:

1-Lectura e aprobación da acta anterior

2-Estado de contas

3-Información sobre a LOMCE e sobre a normativa de libros de texto para o curso 2015-2016

4-Rogos e preguntas

Debido á importancia dos temas  a tratar  (libros de texto, cheque solidario, implantación da LOMCE no centro, situación da AMPA) solicitamos a asistencia de todos e todas

Axudas libros de texto curso 2015-2016

Acheganse as ordes publicadas pola Consellería de Educación referentes aos libros de texto do curso 2015-2016

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisiciónde libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16

ORDE do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros detexto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16

A escola municipal de Vigo de música folk e tradicional visita o noso centro

Hoxe, 14 de abril, os membros da Escola Muncipal de Música Folk e Tradiconal de Vigo visitaron o noso centro, deleitándonos coa súa música. A participación do alumnado foi intensa, creándoase un gran ambiente músico didáctico. Esperamos a súa volta

 

Distribuir contido


by Dr. Radut