Skip to Content

Día da poesía 2019

Celebramos no instituto o día da poesía. Contamos este día coa visita dos nosos compañeiros do CEIP Ría de Vigo e con eles celebramos

conxuntamente este marabilloso día.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Día da Poesía 2019

Reunión do club de lectura

O luns 18 de marzo celebrouse a reunión do club de lectura. Deixásmosvos alguhnas imaxes da reunión

Álbum: Curso 2018-2019 -> Club de lectura

Día 21 de marzo, Día mundial da poesía

Xa comezamos no IES Coruxo coa celebración do día mundial da poesía. Celebraremos actividades varias para commemorar este importante día.

Poñeremos o mundo do revés

Aberto o prazo de solicitude de alumnado do 1 ao 20 de marzo

 

Máis información en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/Axuda.action

 

Resumo normativo

 INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS

 RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO DE ORIXE: DO 1 AO 15 DE FEBREIRO

CENTROS ADSCRITOS: CARRASQUEIRA, A PAZ, RÍA DE VIGO, PÁRROCO DON CAMILO

 RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: 15-25 DE FEBREIRO

 PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES: ANTES DO 1 DE MARZO

 PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN: 1-20 MARZO

 PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DOS MÉRITOS PARA AO BAREMO (SE FOR NECESARIO): 25 DE MARZO A 5 DE ABRIL

 PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 25 DE ABRIL

 PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 26 DE ABRIL A 3 DE MAIO

 PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS: 15 DE MAIO

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 1º DE ESO: 26, 27 E 28 DE XUÑO

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA RESTOS DOS CURSOS: DO 1 AO 4 DE XULLO

 LEXISLACIÓN APLICABLE:

  DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 Criterios que se poden alegar no baremo

 Irmáns/irmás do solicitante matriculados durante o curso escolar para o que se solicita a admisión

 Nai, pai, ou titores legais traballadores no propio centro

 Domicilio familiar ou  Domicilio da empresa dos proxenitores

 Familia numerosa, Familia monoparental

 Renda anual per cápita

Discapacidade igual ou superior ao 33% da alumna/o, nai/pai, titores ou irmáns

 Para bacharelato, nota media 3º ESO ou na titulación alegada

Entroido 2019

Celebrouse no instituo a tradicional festa do Entroido. Disfraces, música, concurso de postres, desfile, premios.. unha boa mañá para esquecer un pouco os quefaceres diarios.

Fai clic na foto e verás algunhas das imaxes da celebración.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Entroido 2019-1

Cartas de amor e amizade

Co gallo do día 14 de febreiro. o equipo de Dinamización Lingüística do instituto organizou a actividade de redacción e entrega de cartas de amor e amizade. Moitos e moitas recibiron con grande alborozo as mensaxes dos seus compañeiros/as.

Torneo de xadrez 2018-2019

Deu comezo o torneo de xadrez interno no instituto. Esta actividade compleméntase coa materia de libre configuración de centro Xadrez, impartida en 1º ESO

Regueifas

Como cada ano o alumnado do instituto participou no obradoiro de regueifas, nel prepararon a sús participación no concurso da especialidade.

Visita a EDAR

O alumnado de 3º ESO e 4º ESO, así como o de 1º BAC visitaron a EDAR de Vigo. Tras as explicacións oportunas visitaron as instalacións.

 

Viaxe á neve

Como vén sucedendo nos últimos anos, o  noso alumnado viaxou a Jaca para desfrutar da práctica de esquí. Aquí deixamos algunhas imaxes

Probas obtención título graduado secundaria para maiores de 18 anos

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

 

Máis información https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0534-160119-0002_gl.html

Patinaxe sobre xeo

Como todos os anos por estas épocas, o noso alumnado desfrutou da pista de patinaxe sobre xeo. Convivencia, deporte, caídas e moita risas.

O alumnado de Historia da Arte visita a igrexa de Coruxo

O alumnado de 2º de bacharelato da materia de Historia da Arte visitou, no día de hoxe, a igrexa de Coruxo, exemplo de patrimonio cultural que o alumnado debe coñecer. Aquí deixamos imaxes da visita

Convocatoria Vigo en inglés 2019

Achéganse as instrucións para a participación no programa Vigo en inglés 2019

 

 

No documento adxunto atoparedes as instrucións

Distribuir contido


by Dr. Radut