Skip to Content

Horario dos autobuses

A partir do día 12 de setembro o servizo de autobús escolar funcionará segundo os seguintes horarios de saída das respectivas cabeceiras de liña

LIÑA 1 (Travesía de Vigo, 97 - Rúa do Limpiño, 25)

  • Mañás: 7:20
  • Tardes do luns: 15:20

LIÑA 2 (García Barbón, 139 - As Teixugueiras, 29/38)

  • Mañás: 7:30
  • Tardes do luns: 15:30

LIÑA 3 (As Camelias, 40 - Avda. de Castelao, 28 - San Paio 197 Igrexa)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 15:40

LIÑA 4 (Estomada, Oia, Colexio - Rotonda de Saiáns, Estación de Canido)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 15:40

LIÑA 5 (Matamá - Alvite - Santo André, A Xurela)

  • Mañás: 7:35
  • Tardes do luns: 15:35

LIÑA 6 (Chandebrito - Fragoselo)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 15:40

LIÑA 7 (Cafetaría Atenea - CEIP Ría de Vigo - Oia -Curceiro -Bar Chicos)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 15:40

LIÑA 8 (As Teixugueiras, 29/38 - O Limpiño)

  • Mañás: 7:50
  • Tardes do luns: 15:50

Todas as liñas sairán do instituto cara ás cabeceiras ás 14.25 polas mañás e ás 18.20 nas tardes dos luns.

 

Programa de becas Fundación Amancio Ortega

Desde o 2 de Setembro ata as 13 horas do 24 de Setembro está aberto o prazo para solicitar as becas da Fundación Amancio Ortega, dirixidas a alumnado de 4º de ESO interesado en estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Hai 80 prazas para Galicia (10 máis que o curso pasado), e o alumnado aspirante debe ter un 8 (como mínimo) de media en 3º de ESO.

Máis información: https://becas.faortega.org/

Animámosvos moito a participar e solicitalas se reunides os requisitos, xa que é unha experiencia moi enriquecedora e positiva para a formación de calquera persoa. Non deixedes de aproveitar esta gran oportunidade !!!

Nova recollida de libros por parte da ANPA

O próximo xoves día 5 de setembro terá lugar a recollida de libros por parte da ANPA no IES Coruxo (no propio despacho da ANPA) e ademais farase a entrega dos cartos polos libros xa vendidos no mes de xullo.

Recollida de libros pola ANPA:

Todos aqueles que queirades entregar para a súa venda os libros que xa non ides usar -e que están en vigor de cara ao curso que vén- podedes facelo, en horario de 17:30 h a 19:30 h.

 

Nos próximos días realizarase tamén unha nova venda de libros e as familias serán avisadas da data da mesma tanto a través desta páxina web como de abalarMóbil.

Listaxes definitivas de axudas de libros e vales material 24/25

O próximo venres 26 de xullo, a partires das 11:00, sacaremos a listaxe definitiva das solicitudes admitidas para as axudas de libros de texto e dos vales materiais

A partires do 26 de xullo (incluído ese día) poderán vir a buscar os vales para material as persoas solicitantes ou autorizadas (previa autorización). Os días de recollida de ditos vales serán durante todo o mes de xullo e ata o 2 de agosto. Os vales que non se recollan nesas datas se lles achegarán en setembro.

Tamén se lles informará sobre os libros adxudicados ao alumno/a matriculado neste Instituto. É importante que no mesmo momento en que veñan a recoller o vale se informen dos libros que o Instituto lles vai asignar a principios de curso e que, polo tanto, non terán que adquirir en ningún caso.

O horario de recollida de vales será o seguinte:

  • Ata o 31 de xullo: De 9:00 a 13:30
  • Do 1 ao 2 de agosto: De 9:30 as 11:30

Para calquera dúbida pódennos chamar ao teléfono do IES Coruxo  886 11 10 16

Listaxes provisionais fondo de libros 24/25

Hoxe 12 de xullo, a partires das 11:00 horas, sacaremos a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas (coas causas de exclusión correspondentes) relativas as axudas de libros de texto.

No caso das solicitudes admitidas se lles achega o número de libros adxudicados ao alumno/a matriculado neste Instituto (entre 0 e 6 libros).

As persoas interesadas poden reclamar nos dous días hábiles seguintes (luns 15 e martes 16 de xullo).

En canto os vales para material, non se poden facilitar ata que saian publicadas as listaxes definitivas, o dia 26 de xullo.

Para calquera dúbida pódennos chamar ao teléfono do IES Coruxo  886 11 10 16.

Premios Extraordinarios de ESO 2023/2024

A Consellería de Educación publicou a Orde do 29 de maio de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/2024 e o prazo de presentación remata o vindeiro 8 de xullo.

DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios de 1000 euros como máximo cada un. Ademais o alumnado poderá optar ós premios nacionais de ESO.

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
  • Ter cursado 4º de ESO no curso 2023/2024 no Réxime Ordinario en Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO). 
PROBAS:

A realización da proba terá lugar o 4 de setembro de 2024.
 
No DOG publicaranse os lugares e o horario de celebración da proba, que en xeral será dentro da provincia onde se atope o expediente do alumno/a.
 
A proba está estruturada en dúas partes.
 
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de 4º curso, a realizar nun máximo de 2 horas
  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Primeira lingua estranxeira
O alumnado con exención en lingua galega e literatura, quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
 

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso, nun máximo de 90 minutos:

  • Xeografía e Historia. 
  • Matemáticas A ou Matemáticas B (segundo o cursado polo alumnado).

ENLACES:

Horario Meses Xullo e Agosto

A Secretaría do centro permanecerá aberta no seguinte horario nos meses de Xullo e Agosto:

Xullo: 9:00 a 13:30 horas.

Agosto: 9:30 a 11:30 horas.

Recollida e venda de libros por parte da ANPA

O próximo martes día 2 de xullo terá lugar a recollida de libros por parte da ANPA no IES Coruxo (no propio despacho da ANPA).

 

Recollida de libros pola ANPA:

Todos aqueles que queirades entregar para a súa venda os libros que xa non ides usar -e que están en vigor de cara ao curso que vén- podedes facelo o día 2 de xullo, en horario de 16:30 h a 18:00 h .

 

Venda de libros pola ANPA:

A compra de libros levarase a cabo o luns día 15 de xullo nos seguintes horarios:

De 16:30 h a 17:30 h para socios da ANPA.

De 17:30 a 18:30 h para o resto de familias.

Libros de texto para o curso 2024/2025

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

 

Acto de homenaxe aos Mellores Expedientes da ABAU 2024

Os/as estudantes que acadaron durante o presente curso escolar unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade (60% nota medida bacharelato + 40% nota da parte obligatoria da ABAU) foron homenaxeados/as no acto Megabau 2024, que tivo lugar no Coliseum da Coruña o pasado venres 21 de xuño.

No IES Coruxo tivemos a fortuna de contar con 2 alumnos cun rendemento académico acorde con eses parámetros de excelencia e o venres 21 de xuño desprazáronse a Coruña acompañados/as das súas familias para recoller os seus merecidísimos diplomas.

Parabéns para Alejandra Expósito Vilas e Iago Peláez Gesto e para as súas familias. Ademáis hai que destacar que Alejandra e Iago tamén acadaron "matrícula de honra" nos seus estudos de bacharelato neste centro.

Dende a dirección do centro e de todo o claustro queremos manifestar os nosos parabéns para Alejandra e Iago por acadar dito recoñecemento. Tamén queremos deixar constancia de que dos 30 alumnos/as que asistiron as probas ABAU 2024, acadaron o aprobado 29 deles, o cal nos congratula e felicitamos a todas/os polo voso esforzo e rendemento. Finalmente desexamos que a nova vida que comenzades agora sexa de grandes éxitos e que non esquezades nunca o voso paso polo IES Coruxo.

Vídeo realizado polo alumnado de Literatura Universal - 1º BAC

No ámbito da materia de Literatura Universal, realizouse o venres 14 de xuño unha exposición na biblioteca do centro, centro de actividades do grupo. Alí foron expostas tanto as lecturas como parte dos traballos realizados polo alumnado, que acompañou ás persoas visitantes explicándolles as diferentes pezas. Foi mostrado tamén a creación colectiva (traballo grupal encadrado na 3ª avaliación) sobre a novela Lolita e o cambio semántico que opera desde a protagonista da historia, víctima dun secuestro e violacións, ata os dicionarios oficiais. O proceso de lectura, selección de fragmentos e realización do video correu a cargo do alumnado. Despedimos deste xeito un ano proveitoso e de crecemento, desexando boas lecturas para todo o mundo este verán.

Documentación e prazos de matrícula para o curso 2024/25

Achegamos os impresos que deberán ser entregados na secretaría do centro nos prazos indicados:

1º ESO     2º ESO     3º ESO     4º ESO

1º BAC    2º BAC

O alumnado da ESO usuario de transporte escolar tamén deberá imprimir e entregar a folla de transporte escolar, indicando liña e parada. O alumnado de bacharelato que solicite transporte escolar tamén deberá entregar a folla de liña e parada e esperar a que se lle indique se pode utilizar transporte escolar ou non.

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 24-25

Matrícula 1º ESO e Bacharelato: do 26 ao 28 de xuño.

Documentación a entregar no centro:

  • Impreso de matrícula (alumnado de bacharelato traer a copia da reserva)
  • Autorizacións asinadas (imaxe, actividades, abalarMóbil...)
  • 3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)
  • Pago Seguro Escolar (só alumnado de bacharelato 1,5 euros en Conserxería)

                 A maiores, para alumnado 1º ESO novo no centro: 

  • Fotocopias DNI (alumna/o, nai e pai ou titor/a legal)
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Certificado de estudos (só alumnado de centros non adscritos)

Matrícula 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO: do 1 ao 7 de xullo.

Documentación a entregar no centro:

  • Impreso de reserva de matrícula que deberían ter no seu poder
  • Autorizacións asinadas (imaxe, actividades, abalarMóbil...)
  • 3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)
  • Pago Seguro Escolar (1,5 euros en Conserxería) (excepto 2º ESO)

                  A maiores, para alumnado novo no centro nestes cursos: 

  • Fotocopias DNI (alumna/o, nai e pai ou titor/a legal)
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Certificado de estudos

 

NON SE RECOLLERÁN MATRÍCULAS INCOMPLETAS

     

Admisión FP curso 2024-2025

O próximo 24 de xuño ás 9h ata o 4 de xullo ás 13h estará aberto o prazo de admisión para a Formación Profesional en Galicia de grao básico, medio e superior.

No caso da admisión a ciclos formativos de grao básico para alumnado en idade de escolarización obrigatoria farase no centro onde estea matriculado, e para alumnado que cumpra 17 anos no 2024 poderá solicitar praza no centro onde estea o ciclo desexado.

No caso da admisión a ciclos de grao medio e superior a admisión faise a través da aplicación web "CICLOSADMISION".

O documento que se adxunta é unha presentación onde aparece toda a información do proceso de admisión nestas ensinanzas.

Tamén se adxunta un vídeo explicativo de como crear a solicitude web.

Máis información na web da FP: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

Distribuir contido


by Dr. Radut