O horario de atención ao público a partir do 11 de maio será de 9:30 a 12:30horas
Atenderemos o referente ao procedemento de admisión do alumnado e a tramitación das axudas e préstamo de libros de texto (prazo ata o 19 de xuño) así como todo tipo de certificados.
Lembramos que o alumnado que xa cursa estudos no centro así como os solicitantes de centros de primaria adscritos non teñen que pasar por este proceso de admisión.
O instituto atenderá só procesos administrativos. A actividade docente e de titoría, de momento, segue a ser de xeito telemático.
O alumnado de 2º bacharelato retomará as súas clases presenciais de xeito voluntario a partir do dia 26 de maio no horario comunicado previamente.
A atención telefónica farase a través do número do instituto 886 111 016