Skip to Content

Certame literario "Era unha vez"

Durante este primeiro trimestre, o grupo de Literatura Universal de 1º Bacharelato organizou un exitoso certame literario, no que se recolleron máis de 150 participacións desde os primeiros cursos da ESO ata o Bacharelato.

A idea deste certame, titulado “Era unha vez”, foi premiar a orixinalidade e o caracter suxestivo, solicitando inicios de relatos en galego de non máis de 40 palabras. O grupo de Literatura Universal encargouse de toda a organización: desde a elaboración da idea e as bases e parámetros para escoller os mellores textos ata a escolla dos premios, pasando pola promoción do certame, avaliación dos relatos e discusión en conxunto e organización do acto da entrega de premios.

  

A entrega de premios tivo lugar o pasado 13 de decembro durante o 1º recreo no patio central do Instituto, onde os premiados das categorías do 1º ciclo da ESO (Alba Lence Rus de 2ºESO B), do 2º ciclo da ESO (Sergio Costas Suárez  de 3ºESO PDC) e de Bacharelato (Miguel Vijande Álvarez de 1ºBch A) recibiron un libro e un xogo de mesa.

  

A boa acollida entre o alumnado provocou un traballo de selección e reflexión sobre os textos recibidos, sendo o grupo enteiro responsable do fallo do certame. Esta experiencia permitiu desenvolver un traballo autónomo e cooperativo, permitindo que o propio grupo organizase, coa anticipación suficiente, a actividade. A discusión literaria e organizativa, a planificación a medio prazo, a adquisición de responsabilidades e a reflexión sobre a creación artística e as decisións tomadas foron as liñas que desenvolveron un traballo propio, alegre, responsable e substancial.

Dentro do CP Innova, esta actividade está na liña de EDUexcelencia, onde o Instituto actúa como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento

AdxuntoTamaño
Cartel.png373.91 KB
Preparando.jpg331.43 KB
Organizando acto.jpeg286.61 KB
Premiado.jpeg210.2 KB
CP Innova.png4.58 KB


page | by Dr. Radut