Skip to Content

Charla a Física Re-Creativa: luz e color

No día de onte profesorado da facultade de Minas impartiu unha charla ao alumnado de bacharelato co título Física Re-Creativa: luz e color. Aquí tedes algunhas imaxes da mesma

Convocatoria ás familias de 6º primaria de centros adscritos

O luns 10 de febreiro queremos ter unha reunión coas familias que teñen fillos/as en 6º de primaria nos centros adscritos, así como coas familias que estean interesadas en solicitar praza no noso centro para o vindeiro curso.

Nesta reunión explicaremos o funcionamento do centro, materias, organización de agrupamentos, reforzos, actividades.. e todas aquelas dúbidas que poidan xurdir. Enviaremos a convocatoria aos centros adscritos.

Proceso de solicitude de admisión en centros públicos

 INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS

 

 RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO DE ORIXE: DO 1 AO 17 DE FEBREIRO

 

CENTROS ADSCRITOS: CARRASQUEIRA, A PAZ, RÍA DE VIGO, PÁRROCO DON CAMILO

 

 RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: 15-25 DE FEBREIRO

 

 PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES: ANTES DO 1 DE MARZO

 

 PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN: 1-20 MARZO

 

 PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DOS MÉRITOS PARA AO BAREMO (SE FOR NECESARIO):25 DE MARZO A 5 DE ABRIL

 

 PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 25 DE ABRIL

 

 PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 26 DE ABRIL A 3 DE MAIO

 

 PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS: 15 DE MAIO

 

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 1º DE ESO: 26, 27 E 28 DE XUÑO

 

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA RESTOS DOS CURSOS: DO 1 AO 4 DE XULLO

 

 LEXISLACIÓN APLICABLE:

 

  DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 Criterios que se poden alegar no baremo

 

 Irmáns/irmás do solicitante matriculados durante o curso escolar para o que se solicita a admisión

 

 Nai, pai, ou titores legais traballadores no propio centro

 

 Domicilio familiar ou  Domicilio da empresa dos proxenitores

 

 Familia numerosa, Familia monoparental

 

 Renda anual per cápita

 

Discapacidade igual ou superior ao 33% da alumna/o, nai/pai, titores ou irmáns

 

 Para bacharelato, nota media 3º ESO ou na titulación alegada

 

 

 

Presentación do Grao de Ade ao alumnado de 1º Bacharelato

Hoxe tivo lugar no centro unha charla de IESIDE co alumnado de 1º BAC presentándolle o Grao de ADE. Continuamos coas charlas de orientación ao noso alumnado.

Semanas da froita

Estamos celebrando estes días as semanas da froita. Tentamos que o alumnado cambie os seus hábitos alimenticios cambiando comida lixo por froita saudable.

 

O alumnado visita Sonoro Empeño

O noso alumnado de Música e Arte de Bacharelato visitou a actividade Sonoro Empeño, onde participaron en diferentes ámbitos.

Magosto 2019

No día de hoxe celebramos no instituto o tradicional magosto. Tivemos moitas castañas asadas, actividades, música que contribuíron a fomentar os lazos de unión de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, AMPA. Podedes comprobalo nas imaxes que vos deixamos.

 

Preparando o Samaín

Xa estamos preparando o Samaín no Instituto.

 

   
 
 

Alumnado e titorías curso 19-20

Achegamos documento co alumnado e titorías do curso 19-20

Programa de becas Fundación Amancio Ortega

Achegamos a información da convocatoria de bolsas da Fundación Amancio Ortega para o curso 2020-2021. Está dirixida a alumnado que estea cursando 4º de ESO. Toda a información no documento adxunto

Reunión coas familias de 1º e 2º da ESO

Este luns ás 18,30 celebraremos unha  reunión con pais do noso alumnado de 1º e 2º da ESO. 

INICIO DE CURSO

Data de inicio: 16 de setembro

Hora: 11'15

Saída autobuses: 10'30 das cabeceiras de liña

Saída dos autobuses de volta a casa: 12'15

Calendario exames setembro 2019

No documento adxunto están as horas e datas do exames da avaliación extraordinaria do curso 2018-2019. Boa sorte a todos e todas

Horario de 30 de xullo a 30 de agosto

O horario de atención ao público desde o 30 de xullo a 30 de agosto será de 9:30 a 11:30 horas.

Teléfono de urxencias 604062267

Impresos matrícula curso 2019-2020

Achegamos os impresos de matrícula para o curso 2019-2020. Pódense descargar ou ser recollidos no propio centro.

Facer clic nos documentos adxuntos

O alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º BAC deberá pasar pola conserxería do centro antes de matricularse para pagar o seguro escolar.

Documentación que se debe aportar:

       - 3 fotos actuais

       - Fotocopia DNI alumno/a, nai/pai, titor/a legal do alumno/a

       - Fotocopia tarxeta sanitaria (só alumnado de 1º ESO ou alumnado novo)

       - Certificado de estudos (só novo alumnado de centros non adscritos) (Centros adscritos: Carrasqueira, Tintureira, Ría de Vigo e Párroco don Camilo)

       - Documento de seguro escolar selado polo centro tras ser pagado na conserxería do centro

       - Impresos de matrícula

 

Prazos de matrícula:

     -1º ESO: 26, 27 e 28 de xuño

     -2ª, 3ª 4º de ESO, 1º BAC, 2º BAC e alumnado repetidor de 2º BAC: do 2 ao 5 de xullo

 

ATENCIÓN: non se recollerán matrículas incompletas

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut