Skip to Content

Entrega de notas da 2ª avaliación

O día 3 de abril farase a entrega de notas da 2ª avaliación. Esta entrega farase a través de abalar móbil ao longo da tarde do devandito día. Para aquelas familias que non teñan instalada a aplicación e queiran instalala teñen a información necesaria en https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/448      

As familias que non dispoñan de abalar móbil pero das que nos consten enderezos de correo electrónico recibiran as notas a través do correo electrónico.

Aquelas familias que non teñan a aplicación abalar móbil e non notificaran enderezo de correo electrónico deben poñerse en contacto co centro a través do enderezo de correo ies.coruxo@edu.xunta.es ou ben a través do teléfono do centro 886111016 a fin de concretar o medio máis axeitado para recibir a información da avaliación. Este teléfono estará operativo ata o día 8 de abril en horario de 10:00 a 13:00. Entre os días 9-13 de abril o teléfono non estará operativo, volverá estar operativo o día 14 de abril nese mesmo horario.



page | by Dr. Radut