Skip to Content

Aclaración promoción titulación curso 19-20

Esta nota é para aclarar a promoción e titulación deste curso 19-20

Alumnado de 4º ESO que no boletín de notas aparece proposto para título SI: xa ten o título da ESO e, aínda que lle aparezan materias suspensas, non ten que presentarse en setembro para recuperalas

Alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 1º BAc: se no boletín de notas aparece promociona SI non está obrigado a presentarse aos exames de setembro, xa está promocionado. De todo xeito o alumnado con materias suspensas, a pesar de que non está obrigado a recuperar en setembro, debería preparar as materias suspensas e presentarse aos exames de setembro coa finalidade de recuperar esas materias e non pasar de curso con materias pendentes

O calendario de setembro será colgado nesta web proximamente.



page | by Dr. Radut