Skip to Content

Exames finais e organización 2º de Bacharelato (Maio 2023)

Calendario exames finais de 2º de bacharelato

A entrega de notas será o martes 16 de maio ás 19:15 horas na aula de grupo.

Convocatoria Ordinaria: O período de reclamacións no centro son os días 18 e 19 de maio de 2023 (ata as 14:00 horas) . Modelo instancia de reclamación

Convocatoria Ordinaria: Reclamación por escrito (se persiste o desacordo) ante Xefatura Territorial os días 23 e 24 de maio de 2023. Modelo instancia reclamación a X.T

Prematrícula na ABAU nos centros: 18 ao 22 de maio.

Convocatoria Extraordinaria: O período de reclamacións no centro son os días 26 e 27 de xuño de 2023 (ata as 14:00 horas)

Convocatoria Extraordinaria: Reclamación por escrito (se persiste o desacordo) ante Xefatura Territorial os días29 e 30 de xuño de 2023 (ata as 14:00 horas)

 

Procedemento de reclamación das cualificacións finais

 Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023.

Instrucción 2/2023

Calendario de reclamacións 22_23

Modelo de reclamación ao departamento

Modelo de reclamación a Xefatura Territorial

Entroido 2023

 

 

ADMISIÓN PARA O CURSO 23-24

Admisión 23-34Entre os días 1 e 20 de marzo (ambos incluídos) está aberto o prazo para presentar a solicitude de admisión .

A normativa ven recollida no Decreto 13/2022 e na orde Orde do 21 de outubro de 2022 e na aplicación admisiónalumnado está toda a información do proceso.

O impreso de admisión (ED550B-galego)  (ED550B-castelán) poden descargalo e entregalo por sede electrónica ou no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A documentación complementaria que se pode adxuntar está recollida no documento.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

Resolución definitiva sobre certificacións de competencia lingüística

Segundo a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de certificación lingüísticas, ao IES Canido soamente concédeselle dita axuda para os 9 alumnos de segundo de Bacharelato que a solicitaron. Devanditos alumnos serán convocados a semana próxima para unha reunión explicativa sobre o desenvolvemento das probas.

Distribuir contido


by Dr. Radut