Skip to Content

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

urna electoralNeste curso vaise proceder á renovación parcial do consello escolar do centro. A día de hoxe hai catro vacantes no colectivo do profesorado, unha no de alumnado, unha no do persoal de administración e servizos e unha no colectivo de nais/pais/titoras/titores.

Do 11 ao 17 de novembro, ambos incluídos, se abrirá o prazo para a presentación de candidaturas e o 29 de novembro será a votación.

No enlace está o calendario de eleccións e a normativa reguladora deste proceso.

ESCOLA DE FAMILIAS

Programa de prevención de condutas adictivas no ámbito familiar

O mércores 26 de outubro de 2022 comenza as charlas sobre o Programa de prevención de condutas adictivas no ámbito familiar.

Aínda que pon prazo de inscrición poden apuntarse igualmente a semana que vén ou ir directamente á charla o 26 de outubro ás 17:00

Plan dixital do centro

Calendario de presentación e inicio de curso 2022-2023

Empezamos o curso co horario ordinario o xoves 8 de setembro ás 8:30.

O alumnado de 1º da ESO irá ao salón de actos, onde serán recibidos polos titores. 

O resto de grupos da ESO e de bacharelato irán ás aulas correspondentes onde os titores entregarán o horario e explicarán as normas do curso.

Ver plano adxunto

 

Ás 9:20 cada grupo seguirá co horario que lle corresponda.

 

Haberá transporte escolar nas paradas e horarios establecidos.

 

Actualización sobre Certificacións de competencias lingüísticas

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes.

O alumnado interesado que aínda no entregou o  compromiso individual do alumnado/familia  no IES Canido,  pode  facelo agora  durante todo o mes de xullo ou na primeira quincena de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut