PROXECTO MOCIDADE ONLINE

O IES de Brión colabora co "Proxecto Mocidade Online" na obtención de datos sobre o uso de Internet do noso alumnado.

O proxecto pretende coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde a páxina web creada ao efecto: https://www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline/

Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.

[Carta ás familias]

AS LISÍMACAS

A ANPA  PEDRA  VIADA   convida  á  estrea da  montaxe  teatral  "As  Lisímicas" basada  na  obra  "Lisístrata" de  Aristófanes,  interpretada  por  alumnas  e alumnos do  taller  de  Teatro da  Anpa.

A  estrea  será  este  sábado 10 de maio  ás  20:30 no Centro Social Polivalente.

ACTO POÉTICO NA CARBALLEIRA DE SANTA MINIA

 O alumnado de 3º de ESO realizou unha saída cultural na primeira semana de maio para visitar a exposición Cantargrafías na Casa de Cultura de Brión. Unha vez vista a exposición fotográfica dos alumnos do IES Virxe do Mar sobre versos de Cantares Galegos, os rapaces leron e fixeron unha solta de poemas  na Carballeira de Santa Minia.

l

SOBRE GALICIA INDUSTRIAL

O IES de Brión acolle desde o 22 de abril ata o 6 de maio a exposición "Sobre Galicia Industrial".

A exposición forma parte do proxecto Intercentros de de educaBarrié do 2013, "Sobre Galicia Industrial" , que xorde a partir da exposición orixinal  da Fundación Barrié  "Galicia Industrial". Galería de imaxes da exposición orixinal. Documental da exposición "Galicia Industrial"

Para máis información sobre o proxecto podes ver o seguinte vídeo:

SAÍDA EDUCATIVA FIN DE ETAPA

27 alumnos e alumnas de 4º ESO participan este ano na saída educativa fin de etapa.

Comezaron a súa viaxe o pasado sábado 5 de abril, e voltarán o vindeiro venres 11.

Visitarán Salamanca, Ávila, Toledo e Segovia.

Vista do embalse de Aldeadávila, Aldeadávila de la Ribera, Salamanca. Situado no Parque Natural de Arribes del Duero.

Vista das torres da fachada da Universidad Pontificia de Salamanca dende o patio interior da Casa de las Conchas

ENTREVISTA A CRISTINA E ANA, RESPONSABLES DA CAFETERÍA DO CENTRO


O alumnado de 1º ESO B entrevistou na cafetería do IES de Brión a Cristina e Ana, que dende este curso asumiron este traballo. Falánronnos de receitas segredas, pizza versus froita, proxectos e moitas máis cousas.

[Escoita o programa]

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN

  

A ex-alumna do IES de Brión Ana Souto Villanustre acaba de obter o Premio Nacional de Educación no ensino non universitario, na categoría de rendemento académico do alumnado, correspondente a Bacharelato do curso 2012/13. Únicamente quince alumnos/as en todo o estado acadaron o premio, ocupando Ana o oitavo posto.
O día 13 do pasado mes de marzo Ana recolleu o Premio Extraordinario de Bacharelato, outorgado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Parabéns, Ana, polo novo éxito acadado.

Accede á nova en     

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  prazas destinadas ao alumnado de ESO e Bacharelato para actividades de aprendizaxe de linguas estranxeira.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega.

O prazo para acceder a esta convocatoria vai desde o 28 de Marzo ata o 28 de abril

Para máis información acceder ao cartaz informativo

Para solicitar a axuda accede á páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

 

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS, MUNCYT E ACUARIO

Os departamentos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía organizamos na cidade de A Coruña as visitas a:

para o alumnado de 2º de ESO, o martes, 1 de abril do 2014, de 8:30 a 17:55 horas

VISITAS A CENTROS DE INVESTIGACIÓN

O alumnado de Ciencias de Bacharelato visita durante esta semana varios centros de investigación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela:

  • O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, o 19 de marzo visita o CITIUS ( Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) e o  CIQUS ( Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares)
  • O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita o 21 de marzo o IDIS ( Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela)
Distribuir contido